Calendario
Eventos do día 29 de Outubro de 2024
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso
Convoca a Consellaría o Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024 durante o curso escolar 2023/24.
Interinidades en especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído das listaxes para cubrir substitucións de informática, instalacións electrotécnicas e sistemas e aplicacións informáticas.
Interinidades en orientación
Na web da Consellaría está publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25 de Orientación do corpo de mestres.
Interinidades no profesorado do corpo de música e artes escénicas
Relación provisional na web da Consellaría de profesorado admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións en tecnoloxía musical e Jazz-contrabaixo do corpo de catedráticos de música e artes escénicas e en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.