Calendario

Eventos do mes Setembro de 2024

Outros 27/09/2024
Revisión médica

Anuncia a Consellaría na súa páxina web as datas nas que comeza a campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente.

Outros 25/09/2024
Curso para a función directiva

Convoca a Consellaría o curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2024 que acredita para o acceso a postos de dirección dos centros docentes.

Outros 25/09/2024
Listas provisionais de interinidades e substitucións

A Consellaría publica na súa web as listas provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024-2025.

DOG 19/09/2024
Centros STEM

Publicada unha corrección de erros na resolución definitiva a relación de centros autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2024/25.

Outros 19/09/2024
Programa Educación responsable

A web da Consellaría anuncia resolució provisional coa relación de centros seleccionados e non seleccionados para incorporarse ao programa Educación Responsable no curso 2024/25.

Outros 19/09/2024
Plan director de convivencia

A Consellaría abre o prazo para os centros solicitar participar no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade no curso 2024-2025.

DOG 18/09/2024
Consellos escolares

Publica o DOG a resolución co calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares.

Outros 18/09/2024
Permutas provisionais

Publicada na web da Consellaría a relación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente para o curso 2024/2025.

Outros 17/09/2024
Programa 'Que non te líen, ti elixes'

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa educativo 'Que non te líen, ti elixes' para o curso 2024/25.

Outros 17/09/2024
Inmersión lingüística en inglés

A web da Consellaría achega a selección provisional de centros participantes no programa Digitalweek  para 6º de primaria e mais para a ESO durante o curso 2024/25.

Outros 16/09/2024
Integración do extinto corpo de PTFP en PES

A Consellaría publica a resolución do procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 16/09/2024
Radio na Biblio

Anúnciase a convocatoria do proxecto 'Radio na Biblio' no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares.

Outros 13/09/2024
Programa EduExchanges

Publícase unha resolución complementaria á convocatoria e selección para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.

DOG 13/09/2024
Probas CELGA

Anunciada a realización da segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024.

Outros 12/09/2024
Programa EduFrance

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.

Outros 12/09/2024
Competencia dixital docente

Na web da Consellaría publícase a asignación de niveis de competencia dixital docente a roles e postos docentes para a súa acreditación de oficio.

Outros 12/09/2024
Plan de mellora das bibliotecas escolares

Resolución provisional na páxina da Consellaría coa relación dos centros seleccionados na modalidade de nova incorporación do Plan de mellora de bibliotecas escolares neste curso, así como as asignacións económicas correspondentes.

Outros 12/09/2024
Programa Eduemprende 24-25

Estabelecidas as bases para a participación dos centros educativos no Plan Eduemprende 24-25 para o curso 2024-2025.

Outros 12/09/2024
Programa de iniciación da pegada dixital

Convoca a Consellaría o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais para o curso 2024/25.

Outros 12/09/2024
Rede galega de dinamización con empresas na FP

A web da Consellaría publica a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025 e a relación das persoas responsables da dinamización.

Outros 09/09/2024
Licenzas por formación

Publicada a resolución definitiva das licenzas por formación para o curso 2024/2025.

Outros 06/09/2024
II Premio ConVivimos

Anuncia a convocatoria da II edición do  Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional.

Outros 04/09/2024
Convocatoria do programa PROA+

Publicada a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos cursos 2024/25 e 2025/26.

DOG 04/09/2024
Prácticum en FP

No DOG publícase a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2024/25.

DOG 04/09/2024
Prácticum en secundaria

Publica o DOG a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do mestrado en profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas para o curso 2024/25.

Outros 02/09/2024
Instrucións para os conservatorios

Publicadas as instrucións para a aplicación do calendario do curso 2024/25 nos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza.

Outros 02/09/2024
Instrucións para as bibliotecas

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares no curso académico 2024/25.

DOG 02/09/2024
Axudas a centros privados

A Consellaría convoca axudas a centros privados concertados para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2024/25.

< Setembro 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario