resultados

A Xunta pretende limitar as ensinanzas de persoas adultas, que cursan actualmente 10.000 persoas, nunha Lei que está sendo tramitada sen contar co profesorado
O anteproxecto céntrase exclusivamente na ensinanza a distancia, dependente dun novo organismo (o IGALVA), e que sementa a incerteza sobre a rede actual de centros con formación presencial na que traballan máis de 300 docentes.
A CIG-Ensino chama a participar nas mobilizacións de Queremos Galego en distintas vilas e cidades galegas o 17 de maio
O sindicato, que forma parte desta plataforma, xunto con outras 500 entidades, considera que a situación de emerxencia lingüística é cada vez máis grave e que cómpren cambios urxentes no ensino.

Información sobre o concurso de méritos excepcional
Unha vez publicadas as listaxes definitivas de persoal admitido e excluído na participación no concurso de méritos excepcional, quedan pendentes os seguintes pasos deste proceso, que resumimos nesta información

Nova modificación do acordo de persoal interino: recortes, rectificacións insuficientes e unha nova oportunidade perdida para a estabilidade

A CIG-Ensino apoia un Plan específico para a escola rural na liña do presentado pola Confederación Anpas Galegas
Na súa presentación puxéronse de manifesto as diferenzas existentes que leva anos denunciado o sindicato galego en canto a servizos e prestacións entre os centros e o alumnado dos concellos rurais e urbanos

A Consellaría de Educación remitiu ao Consello Escolar de Galiza o Anteproxecto de Lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta
Este anteproxecto debe ser sometido a ditame do CEG e para tal fin abriuse un prazo para que as organizacións que formamos parte do Consello poidamos presentar emendas
Entra en vigor, parcialmente, a modificación das normas para as baixas médicas
A medida só afectará de momento a quen pertence ao réxime xeral da seguridade social e non sexa mutualista de MUFACE e obriga a seguir cos trámites a través de “datos persoais”

Novidades nas prestacións sociais e nas axudas sociosanitarias de MUFACE
Os cambios foron comunicados na reunión do Consello Xeral do 28 de marzo
A CIG chama a mobilizarse contra a regresiva reforma das pensións o 29 de marzo
A CIG ten convocadas para o vindeiro mércores, día 29 de marzo, concentracións nas 7 cidades contra a reforma das pensións que se validará o xoves, día 30 de marzo no Congreso das Deputadas e Deputados

Inscríbete nas actividades do Correlingua que volve co formato carreira e concertos con máis forza ca nunca!
Doce cidades e vilas galegas volverán acoller este mes de maio a edición clásica desta festa reivindicativa polo galego que terá o día 12 unha parada especial en Lourenzá, localidade natal de del Riego, homenaxeado no Día das Letras

A CIG-Ensino recorrerá a discriminación salarial de máis de 1.000 investigadores/as predoutorais, posdoutorais e dos programas Margarita Salas e María Zambrano
O sindicato remitiu dous escritos á Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de PDI, requisito previo antes da interposición dos conflitos colectivos
A CIG-Ensino volveu esixir que a Xunta elimine as desigualdades na FP na negociación do complemento compensador de 146,93 euros mensuais para o profesorado técnico a extinguir
Na Mesa Sectorial celebrada o 22 de marzo pediulle á Consellaría que iguale os dereitos retributivos tamén de quen vai pasar ao novo corpo de profesorado especialista de sectores singulares da FP tanto de forma fixa como temporal.

Información da Mesa sectorial do 22 de marzo
Concurso de direccións, a acreditación da Competencia Dixital Docente, a convocatoria de EOE, a Orde que modifica o CADP e o complemento compensador de FP
páxina 39 de 309