A CIG-Ensino, contraria ao incremento de días lectivos

Tamén nos opoñemos aos prazos e condicións do emprego da aplicación informática para as programacións. 

Información da mesa sectorial do calendario escolar

A mesa celebrouse o xoves 5 de maio

O Correlingua 2022 fixo vibrar aos escolares de Pontevedra na súa inauguración

A festa estivo presentada por Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Mekánika Rolling Band

Publicados os listados definitivos do persoal opositor

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación

Por un bacharelato digno nos Ancares

A CIG Ensino apoiou, na tarde do martes 3 de maio, á comunidade educativa do IES de Becerreá nunha manifestación por un bacharelato digno na comarca dos Ancares

A CIG-Ensino comeza unha recollida de sinaturas para a integración de todos os corpos do profesorado no grupo A1

O sindicato vén de remitir un escrito á ministra Alegría para que abra inmediatamente as negociacións dun Estatuto Docente que regule a igualdade de dereitos de todo o profesorado

Pontevedra inaugura o Correlingua 2022 baixo o lema Fálame

A festa inicial será presentada por Isabel Risco na Alameda o 4 de maio ás doce horas

Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG este 1º de Maio para esixir políticas públicas e salarios dignos contra a pobreza

O secretario xeral reclamou medidas urxentes para afrontar a crise, frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna

A CIG-Ensino chama á Consellaría a abandonar a unilateralidade na reforma da ESO e o Bacharelato

O sindicato recolle nestes días numerosas queixas de profesorado pola improvisación e os cambios curriculares anunciados

Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”

A plataforma cidadá, da que forma parte a CIG entre 500 entidades sociais e culturais, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”

A CIG convoca mobilizacións en cidades e vilas este Primeiro de Maio

A central sindical reclama políticas públicas e salarios dignos para combater a pobreza

A CIG-Ensino insta á Consellaría a que modifique a rede de orientación dos centros galegos

O sindicato insiste en que cese a discriminación das crianzas da educación infantil

Información da mesa sectorial do currículo de primaria

A mesa desenvolveuse o mércores 27 de abril

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
Outros 9 Setembro 2025
Proxectos Innova-Lab

Publicadas as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab.

Outros 9 Setembro 2025
Proxectos de inclusión educativa

Convocatoria na web da Consellaría do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2025/26.

DOG 8 Setembro 2025
Prácticum do mestrado de profesorado

Convocatoria no DOG para a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do mestrado de profesorado de ESO e Bacharelato, FP e idiomas.

DOG 8 Setembro 2025
Mestrado para profesorado técnico

O DOG publica a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional.

Outros 8 Setembro 2025
Radio na Biblio

Anúnciase a apertura do programa Radio na Biblio para o curso 2025-2026.

Outros 5 Setembro 2025
Plan Proxecta+

Resolución que  regula o Plan Proxecta+ e estabelece as bases para a participación dos centros durante o curso 2025/26.