O Correlingua 2022 fixo vibrar aos escolares de Pontevedra na súa inauguración
A festa estivo presentada por Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Mekánika Rolling Band
A festa do Correlingua contou coa participación en directo de preto de 900 alumnas e alumnos da comarca de Pontevedra. Neste encontro contamos coa participación dos CEIPS Santo André de Xeve, Parada-Campañó, Isidora Riestra, San Martiño, Barcelos, Froebel, Marcos da Portela e os IES Frei Martín Sarmiento, Pontecadelas e A Xunqueira I e II.
A inauguración estivo amenizada polo grupo musical Mekánika Rolling Band, gañador do Cantalingua, e o manifesto foi lido pola actriz Isabel Risco.
A emisión en directo das festas do Correlingua 2022 a través da súa canle de You Tube ofreceu unha nova oportunidade á comunidade educativa de compartir en directo os festexos.
"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"
PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA
O mércores 11 de maio ás 12:00 no palco da música da Alameda en Santiago. Actuará Mekánika Rolling Band e o acto será presentado por Isabel Risco.