Calendario

Eventos do mes Outubro de 2016

DOG 27/10/2016
Seccións bilingües

No DOG autorizadas novas seccións bilingües no curso 2016/17.

DOG 27/10/2016
Concurso de traslados

Publicada a orde da convocatoria do concurso de traslados. O prazo de participación é do 8 ao 28 de novembro.

Outros 27/10/2016
Formación para profesorado de FP

Na web da Consellaría os proxectos de Formación para o profesorado de FP para o curso 2016/2017.

Outros 26/10/2016
Interinidades en informática
Ampliación de titulacións e apertura dun novo prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Informática na especialidade de Sistemas e aplicacións informáticas.

DOG 26/10/2016
Plan de mellora de bibliotecas escolares

Resolta a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2016/17.

DOG 26/10/2016
Profesorado especialista en mantemento aeromecánico

Convocatoria dunha bolsa de profesores especialistas para o ciclo formativo de grao superior de Mantemento Aeromecánico a impartir no CIFP As Mercedes de Lugo.

DOG 24/10/2016
Premios extraordinarios de bacharelato

Publicada no DOG a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2015/16.

Outros 21/10/2016
Inmersión lingüística en inglés na ESO

Relación definitiva dos centros seleccionados e suplentes para participar nas actividades da "English Week" na ESO.

Outros 20/10/2016
Concurso sobre a figura de Carlos Casares

Na web da Consellaría a convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017.

DOG 17/10/2016
Plans de formación permanente do profesorado

Resolución dos plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros públicos no curso 2016/17.

Outros 17/10/2016
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Puntuacións definitivas dos premios de ESO ao esforzo e á superación do curso 2015/2016.

Outros 17/10/2016
FP dual

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de solicitudes de FP dual correspondentes ao período extraordinario de outubro de 2016.

Outros 10/10/2016
Titorías do practicum

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do máster de secundaria para o curso 2016/2017.

Outros 10/10/2016
Plans de formación permanente do profesorado

Listaxe definitiva dos plans de formación permanente do profesorado para o curso 2016/2017.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20172

DOG 05/10/2016
Xuntas de directores

En DOG as datas de elección dos membros das xuntas provinciais e da xunta autonómica de directores de centros de ensino non universitario.

DOG 05/10/2016
Eleccións para os consellos escolares

Publicado o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros públicos.

DOG 05/10/2016
Premios na ESO ao esforzo e á superación

No DOG a comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2015/16.

DOG 03/10/2016
Novo centro privado en Compostela

Anúnciase a apertura do centro privado estranxeiro Trisquel Compostela International School.

DOG 03/10/2016
Apertura de listaxe de interinidades

Anúnciase a apertura de listaxe para interinidades e substitucións en varias especialidades de PES (tecnoloxía, economía, admón. de empresas, informática) e de FP (equipos electrónicos, operacións de produción agraria, patronaxe e confección, servizos de restauración e sistemas e aplicacións informáticas).

Outros 03/10/2016
Publicacións presentadas para o pasado CXT

Comeza hoxe o prazo para a retirada das publicacións presentadas para a súa baremación no concurso xeral de traslados.

< Outubro 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario