Calendario
Eventos do mes Setembro de 2016
Interinidades en varias especialidades do Conservatorio
Listaxe de admitidos provisional nas interinidades e substitucións en acordeón, clave, instrumentos da música tradicional e popular (gaita), instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco,órgano e dirección de orquestra.
Programa English week
Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros públicos admitidos e centros suplentes participantes no programa English Week 2016 dirixido a alumnado de 6º de primaria.
Premios proxecta
No DOG a resolución definitiva dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2016.
Proxectos experimentais de FP dual
No DOG a ampliación dos proxectos experimentais de formación profesional dual.
Equipos de orientación específicos
Resolto o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.
Premios na ESO ao rendemento académico
Cualificacións provisionais na web da Consellaría dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2015/2016.
Plan Proxecta
Estabelecidas no DOG as bases para os centros educativos participaren no Plan Proxecta.
Recoñecementos médicos
O 16 de setembro comeza o prazo de 15 días para solicitar a revisión médica anual.
Destinos provisionais para secundaria
Publicada no DOG a resolución definitiva dos destinos provisionais para o curso 2016-2017 en secundaria.
Nomeamento de funcionarios en prácticas
Publicada no DOG a orde co nomeamento como funcionarios en prácticas dos aprobados nas oposicións deste 2016.
Titorías do practicum
Convocatoria para titorías do prácticum do máster en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, FP e ensinanzas de idiomas.
Adxudicación definitiva de destinos provisionais en secundaria
Na web da Consellaría a adxudicación definitiva de destino para o próximo curso académico 2016/2017 para o profesorado de secundaria.
Licenzas por formación
Na web da Consellaría a resolución definitiva coas licenzas por formación para o curso 2016-2017.
Recuperación de parte da extra do 2013
Publicado o anuncio polo que se abre o prazo para solicitar a devolución da parte proporcional da extra do 2013.
Novos centros plurilingües
Resolución definitiva pola que se incorporan novos centros á rede de centros plurilingües para o curso 2016/2017.
Bibliotecas escolares
Convocado o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios.
Novo centro privado en Compostela
Autorizada a apertura e funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Montessori Compostela.
Premios na ESO
Listaxes definitivas de admitidos e excluídos nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2015/2016.
Organización de bibliotecas
Na web da Consellaría as instrucións en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares.
Novos ciclos para un centro privado
Autorizada a impartición de novos ciclos formativos no centro privado San Narciso (Marín).
Máis ciclos novos para un centro privado
Máis ciclos formativos que se autorizan no centro Privado Liceo La Paz (A Coruña).
Formación profesional dual
Amplíados os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional.
Modificación de ensinanzas nun centro privado
Modifica a autorización do centro privado Chíos Formación da Coruña pola que se suprime un ciclo e se autoriza outro.
Formación do profesorado en proxectos europeos
Regulado o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.
Axudas a centros concertados
Axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.