Calendario
Eventos do mes Xuño de 2014
Autorización a un centro privado
Autorizadas 3 unidades do segundo ciclo de EI no centro privado Andaina (A Coruña).
Prazas sometidas a convenio
Adxudicación provisional do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría.
Probas libres de títulos extinguidos
Convocadas probas libres de títulos extinguidos.
Comisións de servizo por motivos de saúde
Resolución provisional de admitidos e excluídos de comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado para o curso 2014/2015.
Proxecto educación dixital
Relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto experimental Educación Dixital.
Proxectos de innovación didáctica en FP
Relación de proxectos premiados na innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica en FP.
Premios extradordinarios de bacharelato
Orde pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14.
Jazz guitarra
Publicadas as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo aberto en 2006 para jazz-guitarra no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Concurso de provisionais de secundaria
Orde coas normas para a adxudicación de destino provisional dos PES, PTFP, EOI, profesores de música e artes escénica e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o curso 2014-2015.
Concurso de provisionais de mestres
Orde que dita normas para a adxudicación de destino provisional ao persoal do corpo de mestres para o curso 2014-2015.
Calendario escolar curso 2014-2015
No DOG o calendario escolar para o próximo curso 2014-2015.
Formación permanente do profesorado
No DOG a convocatoria de plans de formación permanente do profesorado.
Inmersión lingüística en inglés
Publicada a selección de centros para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas a alumnado de sexto curso de EP e da ESO.
Instrución da secretaría xeral de política lingüística
Instrucións sobre a exención da materia de lingua galega e literatura e sobre a validación do Celga 4.
Formación profesional dual
Autorizados proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional.
Ciclos formativos a distancia
Oferta de ciclos formativos de grao medio e superior de FP polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia.
Plan Proxecta
Resolución pola que se regula o plan Proxecta e se establecen as bases para a súa participación.
Alumnado con NEE no Conservatorio da Coruña
Prórroga do proxecto experimental para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
Estadías no estranxeiro
Resolución de axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2014.
Distribución de opositores por tribunais
Resolución coa distribución entre os distintos tribunais dos aspirantes definitivamente admitidos nas oposicións.
Formación en Francia
Ampliada a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia.
Comisións por conciliación
Na web da Consellaría a resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por conciliación familiar e laboral.
Datas, horas e lugares das oposicións
No DOG as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que terá lugar a primeira parte da proba.
Borrador da nova orde dos CELGA
Proxecto da orde pola que se autorizan os cursos CELGA nos centros de educación e promoción de adultos e nos IES con ensinanzas de adultos.
Proxectos de innovación en dinamización lingüística
Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística.
Listaxe definitiva de admitidos nas oposicións
No DOG a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para participar nas oposicións de secundaria.
Datas, horas e lugares das oposicións
Publicadas as datas, horas e lugares da realización da presentación e máis da primeira proba das oposicións de secundaria.
Recoñecemento de nova especialidade
Aberto o prazo para que os mestres poidan solicitar o recoñecemento de nova especialidade.
Dirección do CDR de Vigo
Concurso público de méritos para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.
Tribunais das oposicións
No DOG a composición dos tribunais das oposicións de ensino secundario e do procedemento de adquisición de novas especialidades.
Proxectos de fomento do uso do galego
No DOG a resolución coas axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.
Xefatura do servizo de avaliación e calidade do sistema educativo
Convocatoria pública do posto de libre designación da xefatura do servizo de avaliación e calidade do sistema educativo.

