Calendario
Eventos do mes Maio de 2014
Premios fin de carreira
Orde no DOG coa convocatoria dos premios fin de carreira.
Axudas para a adquisición de libros de texto
Convocadas axudas para a adquisición de libros de texto para alumnado de primaria, ESO e educación especial.
Tribunais das oposicións
Na web da Consellaría a composición dos tribunais das oposicións deste ano 2014.
Aptos na fase de prácticas
Orde pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos do 2013.
Proba de galego nas oposicións
Publicación da data, hora e lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.
Tribunal da proba de galego das oposicións
Na web da Consellaría a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.
Centro residencial docente de Vigo
Concurso público de méritos para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.
Xefatura do Servizo de Xestión e Promoción Lingüística
No DOG a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, da Xefatura do Servizo de Xestión e Promoción Lingüística.
Asistencia a actividades de formación
Orde que regula o reintegro de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014.
Catro lectorados de galego
Convocadas catro prazas para a formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.
Seis bolsas para lectorados de galego
Convocadas seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.
Programa CUALE
Convocatoria para os CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE.
Currículo de educación primaria
Na web da Consellaría o proxecto de Decreto do currículo da educación primaria.
Inmersión lingüística en inglés
Convocadas axudas destinadas a alumnado de 6º curso de EP e 2º curso de ESO para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2014.
Formación práctica en centros de traballo
Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
Puntuacións definitivas en varias listaxes abertas
Puntuacións definitivas en listaxes de interinidades e substitucións de diversas especialidades de formación profesional.
Consellos sociais dos CIFP
No DOG o procedemento para a designación das persoas representantes de organizacións sindicais nos consellos sociais dos CIFP.
Fondo de acción social
Publicados os criterios de repartición do fondo de acción social 2013, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Proba de acceso á universidade
Publicados os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade.
Contratos programa
Resolución definitiva dos centros seleccionados para desenvolver os contratos-programa.
Puntuacións en listaxes abertas
Puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo de interpretación e técnicas gráficas
Proba de galego nas oposicións
Publicación da data, hora e lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.
Tribunal da proba de galego das oposicións
Na web da Consellaría a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos.
Comisións por conciliación
Ábrese o prazo para solicitar comisión de servizo por conciliación aqueles funcionarios de carreira que non podían participar no concurso de traslados.
Programa PIALE
Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2014).
Licenzas por formación
Convocadas as licenzas por formación para o curso 2014/15.
Admitidos nas oposicións
Listaxe provisional de admitidos e excluídos nas oposicións ao corpo de profesores de ensino secundario.
Puntuacións en listaxes abertas
Na web da Consellaría as puntuacións definitivas en asesoría e procesos de imaxe persoal, hostalaría e turismo, procesos de produción agraria, procesos na industriaalimentaría, procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos, procesos sanitarios, instalacións e mantemento de equipamentos térmicos e fluídos, procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico e procedementos sanitarios e asistenciais.
Interpretación e técnicas gráficas
Publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo nas especialidades de interpretación e técnicas gráficas.
Tribunais das oposicións
Na web da Consellaría o sorteo dos membros dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo do concurso-oposición de secundaria deste ano 2014.
Animación sociocultural e turística
No DOG o decreto co currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.
Permutas en primaria
Na web da Consellaría a actualización da bolsa de solicitantes de permutas para profesorado de infantil e primaria.
Novas ensinanzas nun centro privado
Autorizadas novas ensinanzas no centro privado ICA, do concello de Vigo (Pontevedra).
Seccións bilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2014/15.

