Calendario
Eventos do mes Abril de 2013
Cheque infantil
Convocadas as axudas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.
Admisión de alumnado
Corrección de erros na orde que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
Acceso a ciclos formativos
Proxectos de fomento do uso do galego
Remata hoxe o prazo de presentacións de emendas ás axudas aos proxectos de fomento do galego.
Decreto que regula os comedores escolares
Na web da Consellaría publican o proxecto de decreto polo que se regulan os comedores escolares.
Premios extraordinarios de FP 2011-12
Autorización a un centro privado
Autorizado o cambio de domicilio e modificada a autorización do centro privado San Martín (Ourense)
Axudas a ANPAS de centros de educación especial
Convocadas xudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das ANPAS de centros de educación especial para o ano 2013.
Comisións de servizo de saúde
Ábrese o prazo para a solicitude de comisións de servizo por motivos de saúde para o persoal docente que non participa no concurso de traslados. O prazo remata o 30 de abril.
Comisións de saúde
O 30 de abril remata o prazo para que o persoal docente que non participa no concurso de traslados poida solicitar comisión de servizos por motivos de saúde.
Licenzas de formación
Anteproxecto de Orde pola que se convocan licenzas por formación destinadas a funcionarios docentes non universitarios.
Técnico e técnicos superior de ciclos formativos de FP
Reguladas no DOG as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.
Probas de acceso á universidade
Nomeados os membros da comisión interuniversitaria de Galicia e publicados os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade.
Vacantes definitivas do CXT
No DOG as vacantes definitivas para o concurso de traslados.
Certame Cooperativismo no Ensino
Convocado o Certame Cooperativismo no Ensino dirixido a alumnado e profesorado.
Fondo de acción social
No DOG os criterios de reparto do fondo de acción social destinado a axuda para a atención de persoas discapacitadas.
Importante corrección na orde das oposicións
Modificación na exención de pagamento de taxas na matrícula para as oposicións de mestres 2013.
Listaxes abertas para interinidades e substitucións
En DOG as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais de servizos á comunidade.
Orde de convocatoria das oposicións
No DOG a orde que convoca procedementos selectivos de ingreso ao corpo de inspectores de educación e de mestres.
Convocatoria de concertos educativos para os próximos catro anos.
Publicada no DOG a ORDE do 14 de febreiro de 2013 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2013/14 e seguintes, e se realiza a convocatoria.
Convocatoria, por libre designación, de postos para a dirección de CIFP
ORDE do 15 de marzo de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.