Calendario
Eventos do mes Marzo de 2013
Creación dun novo IES en Ames e transformación de dous IES en CIFP en Lugo e Ourense
Publicado no DOG o DECRETO 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galiza. Transformación do IES As Mercedes (Lugo) e IES A Carballeira (Ourense) en CIFP. Creación dun IES no Milladoriro (Ames).
Modificación do acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
Publicada a ORDE do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
Formación en linguas estranxeiras
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013 destinadas ao alumnado dos centros públicos.
Probas para a obtención dos CELGA
Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para presentarse ás probas para a obtención dos CELGA 1, 2, 3 e 4.
Incorporación de seccións bilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos.
Programa CUALE
No DOG a convocatoria para a participación dos IES, CIFP e CPIs no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE.
Rede de centros plurilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á rede de centros plurilingües para o curso 2013/14.
Novos prezos de matrícula en EOIs, conservatorios...
Proxecto de decreto que fixa os prezos dos estudos de música, idiomas, deporte, conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.
Premios extraordinarios de FP 2011-12
Cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de FP de grao superior do curso 2011/2012
Servizo de formación do profesorado
María Dolores Rego Balsa, nova xefa de servizo de formación do profesorado.
Probas libres para títulos de FP
Na web da Consellaría o proxecto de orde pola que se regulan as probas libres para a obtención dos títulos de FP da LOE.
Bacharelato para maiores de 20 anos
Listaxe provisional de admitidos e excluídos para a proba libre de bacharelato para maiores de 20 anos, que terá lugar o próximo 26 de abril.
Outra autorización a un centro privado
Autorizados novos ciclos para o centro CENP da Coruña.
Unha unidade máis para un centro privado
O centro privado Santísimo Cristo del Amor de Porriño terá unha nova unidade de educación especial.
Novo centro privado
Autorizada a apertura e o funcionamento do centro privado Fundación Laboral de la Construcción de Teo.
Selección de direccións
Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Premios extraordinarios de FP 2011-12
Relación definitiva do alumnado admitido ou excluído nos premios extraordinarios de FP de grao superior do curso 2011/2012.
Adxudicación provisional do CXT de secundaria
Na web da Consellaría a adxudicación provisional do concurso de traslados para os corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, inspectores.
Subvencións a agrupacións deportivas escolares
Resolución pola que se convocan subvencións a agrupacións deportivas escolares de Galicia.
Admisión de alumnado
No DOG a orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
Acceso a ciclos formativos
Listaxe provisional de exencións ás probas de acceso ao grao superior.
Listaxes abertas para interinidades e substitucións
Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais das especialidades de análise e química industrial, laboratorio e soldadura.
Adxudicación provisional do CXT de primaria
Publicada na web da Consellaría a adxudicación provisional do concurso de traslados do corpo de mestres.
Acceso a ciclos formativos
No DOG a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP.
Axudas para continuar estudos universitarios
Convocadas axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
Estadías no estranxeiro para estudantado universitario
Convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Programa PIALE
Prazas destinadas ao profesorado para a mellora da súa competencia lingüística no Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2013.
Curtas de animación en galego
Relación de centros seleccionados para participar nos premios de curtas de animación en galego no programa Nós tamén creamos!
Direccións dos centros públicos
Convócase o concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros públicos.
Oferta de emprego público no DOG
Publicada no DOG a oferta de emprego público deste ano 2013.
Acceso a ciclos formativos
Na web da Consellaría as listaxes definitivas de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Elaboración de programacións en FP
A Consellaría oferece unha aplicación informática para a elaboración de programacións en FP.
Premios fin de carreira
Convocados os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos no 2012.
Vacantes provisorias do CXT
Publicadas no DOG as vacantes provisorias para o concurso xeral de traslados de mestres, PES, EOI, FP...