Calendario
Eventos do mes Outubro de 2012
Técnico superior en administración e finanzas
Decreto que estabelece o currículo do ciclo formativo superior de técnico superior en Administración e Finanzas.
Convocado o CXT
Convocado o concurso de traslados para profesorado de secundaria e primaria. Comeza o prazo o 6 de novembro.
Docencia en Arte Dramática
Aberta a listaxe para solicitar prazas de interinidade na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de Expresión Corporal.
Máster para o profesorado
Centros acreditados e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster do profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de idiomas para o curso 2012-2013.
Ensinanzas deportivas
Publícase a acta de avaliación da proba específica de acceso ás ensinanzas deportivas de hípica de nivel inicial do curso 2012/2013.
Curso de idiomas para profesorado de EOI
Ábrese o prazo de preinscrición nos cursos de linguas estranxeiras para o profesorado de EOI en colaboración cos CFR e co CAFI.
Formación permanente do profesorado
Resolución coa selección dos plans de formación permanente do profesorado do vindeiro curso.
Chinés e xaponés
En DOG as puntuacións definitivas e relación de excluídos definitivos do baremo do corpo de profesores de EOI de chinés e xaponés.
Apertura de listaxes
No DOG anuncian a apertura dun prazo de interinidades de análise e química industrial, laboratorio, servizos á comunidade, soldadura, contrabaixo, gaita, viola e materiais e tecnoloxía: deseño.
Bolsas a estudantes universitarios
Resolución coas bolsas para estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012/2013.
Máis especialidades nun centro privado de Vigo
Autorizado o centro privado Daniel Castelao de Vigo para impartir o segundo curso do PCPI en quenda de tarde-noite.
Formación en centros de traballo
Resolución coas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
Nova autorización a un centro privado
Autorizada o centro privado universitario CESUGA a impartir dous novos cursos das súas titulacións.
Estudos de gandeiría
Resolución que estabelece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de gandaría en Galicia.
Auxiliares de conversa para centros privados
Resolución provisional de axudas concedidas ou denegadas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa
Chinés e xaponés
Na web da Consellaría as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo no corpo de profesores de EOIs, especialidades de chinés e xaponés.
Escolas Oficiais de Idiomas
Modificada a oferta educativa das EOIs a partir do curso escolar 2012/13.
Formación permanente do profesorado
Relación definitiva dos centros públicos nos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012/2013.
Nova autorización a un centro privado
Cambio de domicilio e implantación de novos ciclos formativos no centro Reyblanc de Santiago.
Escola Oficial de Idiomas
Estabelecido o procedemento para a implantación, avaliación e certificación de cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C nas EOIs.
Almacenaxe en industrias e laboratorios químicos.
No DOG o programa de cualificación profesional inicial de almacenaxe en industrias e laboratorios químicos en Galicia.
Traslado e mobilización en centros sanitarios
Resolución co perfil do programa de cualificación profesional inicial de traslado e mobilización en centros sanitarios en Galicia.
Premios na ESO á superación persoal
Composición da comisión de selección que valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal.
Unidades de investigación do SUG
Resolución das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG para 2012.
Investigadores emerxentes
Resolución da convocatoria das axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes para o ano 2012.
Programa Erasmus para estudantes de ensinanzas artísticas
Relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do Programa Erasmus e Suíza para o alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos.
Plan Proxecta
Resolución provisional das solicitudes admitidas no Plan Proxecta
Autorizada unha ampliación dun centro privado
Autorizada a ampliación do centro privado de educación especial Aspanaes do concello de Ferrol.
Cursos de lingua
Corrección de erros na convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e Celgas.
Seccións bilingües
Autorización da nova relación de seccións bilingües para o curso 2012/13
Axudas para xustificación de actividades de formación
Resolución que amplía o prazo para a xustificación das actividades de formación de adultos.
Listaxes abertas para interinidades e substitucións 2012-13
Anúnciase a apertura dun prazo para solicitar interinidades en análise e química industrial, laboratorio, servizos á comunidade, soldadura, contrabaixo, gaita galega, viola e materiais e tecnoloxía: deseño.
Formación para profesorado en linguas estranxeiras
Relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación pola que se amplía a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia.
Premios na ESO ao rendemento académico
Resolución cos membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010/2011.
Comedores escolares
Concedidas as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAS para o curso 2011/2012.
Bolsas a estudantes universitarios
Convocatoria de olsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2012/2013.
Premios na ESO ao rendemento académico
Relación provisional de admitidos e excluídos nos premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico, curso 2011/2012.
Premios na ESO á superación persoal
Relación provisional de admitidos e excluídos nos premios da ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011/2012.
Documentación do CXT
Retirada da documentación do concurso de traslados correspondente ao apartado 6 do baremo-publicacións e méritos artísticos e literarios.
Axudas a estudantes universitarios
Resoltas as axudas para estudantes universitarios que tivesen feito unha estadía nalgún estado da UE no verán pasado co obxectivo de coñecer a súa lingua.
Centros plurilingües
Autorizados novos centros plurilingües.
Comedores escolares
Concedidas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais.
Centro privado Santa Apolonia
Autorizadas aulas de ESO e bacharelato para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite, neste centro privado de Santiago.
Centro privado Vivas (Vigo)
Autorizado un ciclo formativo de grao medio de Farmacia e parafarmacia neste centro privado de Vigo.
Plans de formación do profesorado
Na web da Consellaría a resolución provisional da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para o curso 2012-2013.