Calendario
Eventos do mes Setembro de 2012
Axudas para estudos universitarios
Convocadas axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2012/13 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Profesorado de relixión
Orde coa relación de postos de traballo do profesorado de relixión.
Mestres de taller de dourado e policromía
No DOG as puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía
Consellos Sociais das Universidades
Composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
Consello Escolar de Galiza
Substituídos dous membros do Consello Escolar de Galiza.
Bibliotecas escolares
Resolta a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios.
Licenzas por formación
Orede que resolve definitivamente as licenzas por formación para o curso 2012/13 destinadas a funcionarios docentes non universitarios.
Axudas a asociacións e nais e pais
Orde que concede axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2012.
Formación para profesorado de linguas estranxeiras
Na web da Consellaría a relación definitiva do profesorado con licenzas de formación permanente en linguas estranxeiras en Canadá e Francia para o curso 2012/2013.
Listaxes de artes escénicas
Publicadas as puntuacións definitivas nas especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico e técnicas escénicas.
Listaxes de chinés e xaponés
Puntuacións provisionais e relación de excluídos das especialidades de EOI de chinés e xaponés.
Programa Isidro Parga Pondal
Convocadas axudas correspondentes á prórroga do programa Isidro Parga Pondal para o ano 2012.
Xuntas de directores
Datas de elección dos membros das xuntas provinciais e da Xunta Autonómica de directores de centros de ensino non universitario.
Consellos Escolares
Resolución que estabelece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Estadías en Canadá e Francia
Relación provisional do profesorado seleccionado para as licenzas de formación en linguas estranxeiras en Canadá e Francia para o curso 2012/2013.
Formación para profesorado de linguas estranxeiras
Resolución pola que se amplía a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia.
Publicada no DOG a resolución definitiva de destinos provisionais de secundaria
RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2012-2013 entre o persoal docente pertencente aos corpos docentes de secundaria e ensinanzas de réxime especial.
Prácticum do master de profesorado
Convocatoria para acreditar novos centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en profesorado de ESO e Bacharelato, FP e ensinanzas de idiomas.
No DOG a resolución dos destinos provisionais
Publicada no DOG a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2012-2013 de secundaria, FP, EOI...
Ensinanzas superiores de deseño
Adxudicación das prazas vacantes nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño para cursar ensinanzas superiores de Deseño no curso 2012/2013.
Artes plásticas e deseño
Prazas vacantes para cursar ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais en artes plásticas e deseño para o curso 2012/2013
Mestres de taller de dourado e policromía
Puntuacións definitivas e relación de excluídos definitivos do baremo no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía.
Estrutura orgánica da Consellaría
Decreto que estabelece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Licenzas por formación
Relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2012-2013.
Fútbol sala e balonmán
Listaxes provisionais de cualificacións das probas específicas de fútbol sala e balonmán para o acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013.
Música e artes escénicas
Puntuacións definitivas e relación de excluídos do baremo das especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico e técnicas escénicas.
Chinés e xaponés
Puntuacións provisionais e relación de excluídos do baremo aberto para as especialidades de chinés e xaponés.
Solicitude de provincias ou zonas para o persoal docente substituto
Aberto o prazo para que o persoal docente interino e substituto dos corpos de PES, PT, EOI, EAA e OA e CMUS faga a solicitude de provincia ou provincias nas que desexe traballar no presente curso académico 2012-2013
Toma de posesión do persoal de secundaria
Instrucións para o profesorado que obtivo destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI... para o próximo curso académico 2012/2013
IES do Camiño
Autorizado o novo nome do antigo IES de Palas de Rei.
Centro Ramón Piñeiro
Ruth Otero Vilar nova xefa do Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Acreditación de competencias
Corrección de erros na habilitación de asesores e/ou avaliadores no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Programa CUALE
Resolución definitiva de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE.
Permutas en secundaria
Actualización da Bolsa de solicitantes de Permutas para profesorado con destino definitivo dos corpos de PES, PT, EOI...
Adxudicación definitiva de destinos provisionais de secundaria
Listaxe definitiva de destinos, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...
Comisións de servizo
Listaxes das comisións de servizo por motivos de saúde por causas sobrevidas, aprobadas e denegadas, para os corpos de Primaria, Secundaria, FP...
Ensinanzas deportivas
Listaxes provisionais de cualificacións das diferentes probas específicas: futbol, atletismo e baloncesto para o acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013.
Prazas sometidas a convenio
Resolto o concurso para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría de Educación.
Licenzas por formación
Puntuacións provisionais das licenzas por formación para o curso 2012/2013 destinadas a funcionarios docentes non universitarios.
Corrector lingüístico
A Consellaría oferece na súa web unha nova versión do corrector lingüístico e ortográfico "Galgo 2.0".
Profesorado de relixión
Modificación da relación de postos de traballo do profesorado de relixión católica e evanxélica.
Centros plurilingües
Resolución definitiva pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües.
Novas seccións bilingües
Autorizadas novas seccións bilingües para o curso 2012/2013.
Cualificacións de 2º de Bacharelato
Convocatoria extraordinaria das reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato.
Estadías no estranxeiro
Proposta de concesión de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2012.
Ensinanzas deportivas
Listaxes provisionais de cualificacións relativa á proba de madureza do tribunal que cualifica o acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013.
Cualificacións de 2º de Bacharelato
Resolución pola que se nomea a Juán Durán Alonso presidente da comisión de reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato.
Permutas en primaria
Actualizada na web da Consellaría a bolsa de solicitantes de Permutas para profesorado de Infantil e Primaria.
Técnico superior en Estética Integral e Benestar
Decreto co currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estética Integral e Benestar.
Bolsas a estudantes universitarios
Relación provisional coa listaxe de universitarios admitidos e excluídos nas solicitudes de bolsas para programas de mobilidade con países extracomunitarios.
Clubes de lectura
Convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de Lectura en centros públicos durante o curso 2012/2013
Centros residenciais docentes
Convocadas trinta prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.
Asesores na Consellaría
Resolto o concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Educación.
Lei orgánica para a mellora da calidade educativa
Na web da Consellaría as Propostas para o Anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa.
Interinidades en primaria
Anunciada a apertura dun prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, do corpo de mestres solicite provincias ou zonas.