A Valedora do Pobo debe dimitir ou as forzas parlamentarias forzar a súa substitución por vulnerar os dereitos lingüísticos da poboación

Membros da CIG-Ensino e representantes da Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse esta mañá diante da Oficina da Valedora do Pobo para denunciar a persecución do galego que Milagros Otero Parga realiza desde esta institución

Miles de persoas saen ás rúas de toda Galiza para denunciar a incompetencia da Xunta

Lumes Nunca Máis! Unha vaga de indignación percorre o noso país

Aprobadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de Secundaria e de Formación Profesional

Xúntase a Resolución do 11 de outubro de 2017 da Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura

Unha nova web para seguir sendo o portal de referencia do ensino galego na rede

E como non podía ser doutra forma seguimos en .gal: www.cig-ensino.gal

A CIG-Ensino amosa a súa preocupación polos intentos de limitar a liberdade de cátedra

Solidarizámonos co compañeiro do IES Pino Manso do Porriño, denunciamos a inxerencia da Garda Civil e esiximos que a Consellaría respalde a actuación do profesor

A CIG non asinará acordo algún con Facenda que non contemple a recuperación de dereitos

O conselleiro anunciou esta mañá que a Xunta non negociará esa recuperación

A valedora do Pobo debe dimitir por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos

Concentración o mércores 18 de outubro ás 11.30 h diante do edificio da Valedora

MUFACE comprométese coa CIG a ter en galego a sede electrónica e a nova web

Na última reunión do Consello Xeral de MUFACE o sindicato nacionalista volveu insistir en que a sede electrónica da entidade segue unicamente en castelán, o que supón un desprezo para as linguas oficiais como o galego

A CIG-Ensino insta ao Ministerio e á Consellería a negociar xa a convocatoria de oposicións docentes de 2018

Ante a parálise do Ministerio de Educación, a Xunta debe dar un paso adiante e convocar unha Mesa Sectorial que permita aprobar a convocatoria de oposicións e as especialidades antes de finais de ano.

A CIG-Ensino insta á Consellaría a solucionar a problemática dos libros de texto no CEIP Santa Baia de Boiro

Tanto o centro como a ANPA denuncian que os libros están en moi mal estado despois de tres anos de uso e que están desfasados ao non adaptarse á LOMCE.

Quizais quixo dicir:

< Abril 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      
2026
Outros 17 Abril 2026
Persoal admitido nas oposicións

Publicadas as listaxes provisionais de persoal admitido e excluído das oposicións 2026.

Outros 16 Abril 2026
Resolución definitiva do CXT

A Consellaría publica a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados na súa páxina web. 

Outros 16 Abril 2026
Proxectos de innovación en FP

Publicada a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluídos na convocatoria dos premios a proxectos de innovación no ámbito da FP.

Outros 16 Abril 2026
Estadías formativas en empresas

Publicada a resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2026.

Outros 15 Abril 2026
Resolución PIALE

Publica a Consellaría a resolución provisional das solicitudes de participación no programa PIALE 2026.

Outros 13 Abril 2026
Sorteo dos tribunais das oposicións

Publicado na web da Consellaría o resultado do sorteo dos vogais dos tribunais que xulgarán as oposicións docentes do 2026.