Ensino público

A Plataforma Galega anima a manter esta semana o boicot das reválidas en 6º de Primaria e 4º da ESO

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público de Galiza (PGDEP) lembra que o rexeitamento a estas probas en Galiza é o máis elevado do Estado

Confirmado o primeiro pinchazo da propaganda da Consellaría na oferta de prazas nas oposicións docentes

A CIG-Ensino denunciou, cando se negociou na Mesa Sectorial a oferta de emprego deste ano, que a Consellaría inflaba descaradamente as cifras das prazas ofertadas.

O rexeitamento ás reválidas aumenta por cuarto ano consecutivo e o boicot supera o 80% nos centros galegos

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGEDEP) concentráronse esta mañá no Parlamento de Galiza coincidindo co inicio das probas en 3º de Primaria previstas para hoxe e mañá en todos os centros do país.

A CIG-Ensino cualifica de “insulto á intelixencia” a proposta de suba de 50 euros mensuais até 2021 presentada pola Consellaría de Educación

Confírmase que a negociación está viciada desde o comezo polos criterios impostos pola administración coa conivencia das outras organizacións sindicais

Publicados os tribunais das oposicións

Despois do Sorteo celebrado hoxe, martes 22 de maio

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración para o mércores diante do Parlamento en contra das reválidas e da LOMCE

Coincidindo co inicio destas probas externas o día 23 de maio en 3º de Primaria, a Plataforma concentrarase baixo o lema “Tirar abaixo a LOMCE. Boicotear as reválidas” e anima as familias a non enviar o alumnado eses días ao centro ou a negarse a facelas.

A CIG Ensino insta á Consellaría de educación a adoptar de forma real o “.gal”

Tanto o correo corporativo como todas as aplicacións propias da administración electrónica do persoal docente seguen en “.es"

A CIG-Ensino defende unha negociación global de mellora de condicións laborais e retributivas

Como así o demandan os 12.000 docentes que apoiaron a campaña de recuperación de dereitos

Información da mesa sectorial

Tratouse o concurso de adxudicación de destinos provisionais e o calendario escolar

A Consellaría de Educación vén de convocar unha Mesa Sectorial para o mércores 16 de maio para negociar a homologación retributiva do profesorado galego

A CIG-Ensino felicítase da apertura dunha negociación retributiva que desde hai anos vimos demandando.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
13/11/2026
Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.