Calendario

Eventos do mes Setembro de 2015

DOG 29/09/2015
Nova unidade para un centro privado

Autorizada unha nova unidade de primaria no centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra).

DOG 29/09/2015
Nomeamento de funcionarios en prácticas

Nomeados funcionarios en prácticas os opositores de 2014 que tiveron aprazamento das mesmas.

DOG 25/09/2015
Interinidades na especialidade de clave

Aberto o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de clave.

Outros 24/09/2015
Formación en linguas estranxeiras
Na web da Consellaría a relación provisional coas licenzas por formación en linguas estranxeiras en Canadá e Francia para o curso 2015/2016. 
Outros 24/09/2015
Premios na ESO

Cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao 2014/2015.

Outros 24/09/2015
Curricula de ciclos formativos

Na web da Consellaría publicados anteproxectos de decretos que establecen currículos de ciclos formativos.

DOG 22/09/2015
Corrección de erros nos destinos provisionais de secundaria

Publicada no DOG unha corrección de erros sobre a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o profesorado de secundaria, PTFP, EOI...

DOG 21/09/2015
Puntuacións na listaxe de xoiaría

Publicadas as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos na especialidade de Xoiaría e Ourivaría do corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

DOG 17/09/2015
ESO para adultos n'A Estrada

Autorizadas as ensinanzas de ESO para persoas adultas, na modalidade semipresencial, no IES Antón Losada Diéguez da Estrada.

DOG 16/09/2015
Licenzas por formación

No DOG a resolución definitiva da convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/16.

Outros 16/09/2015
Formación profesional dual

Listaxe provisional de solicitudes da convocatoria extraordinaria de FP dual para o curso 2015-2016.

DOG 15/09/2015
Adxudicación definitiva de destinos provisionais en secundaria

Publicada no DOG a resolución coa adxudicación definitiva de destinos provisionais para o profesorado de secundaria.

DOG 14/09/2015
Catálogo de primaria

Publicada unha corrección de erros sobre o catálogo de educación infantil, educación primaria e educación especial.

DOG 14/09/2015
Novas ensinanzas para un centro privado

Autorizados 3 novos ciclos de FP ao centro privado Agarimo de Arteixo (A Coruña).

DOG 11/09/2015
Adquisición de libros de texto

Aprobada a ampliación dos importes das axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado de primaria, ESO e educación especial.

DOG 11/09/2015
Prácticum do máster da ESO

Acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e EOI.

Outros 11/09/2015
Restrición de zona en secundaria

Aberto o prazo para que o persoal docente interino ou substituto de PES, FP, EOI..., solicite provincias ou zona.

Outros 11/09/2015
Adxudicación definitiva de destinos provisionais en secundaria

Na web da Consellaría a axudicación definitiva de destino provisional para o curso académico 2015/2016 para PES, PT, EOI...

Outros 10/09/2015
Programa CUALE

Listaxe definitiva de centros autorizados para a incorporación ao programa CUALE para o curso 2015/2016 na web da Consellaría.

Outros 10/09/2015
Ensinanzas plurilingües no bacharelato

Resolución definitiva coa ampliación das ensinanzas plurilingües na etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/2016 en centros plurilingües.

Outros 10/09/2015
Novos centros plurilingües
Resolución definitiva coa incorporación de novos centros á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2015/2016.
Outros 10/09/2015
Novas seccións bilingües

Na web da Consellaría a resolución definitiva pola que se incorporan novas seccións bilingües para o curso 2015/2016.

DOG 09/09/2015
Plan de mellora de bibliotecas escolares

Resolta a convocatoria do plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2015/16.

DOG 08/09/2015
Financiamento dos comedores escolares

Concedidas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAS para o curso académico 2014/15.

Outros 07/09/2015
Licenzas por formación

Puntuacións definitivas do profesorado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/2016.

Outros 02/09/2015
Bibliotecas escolares

Instrucións en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares para o curso 2015/2016.

Outros 02/09/2015
Prazo para o recoñecemento de nova especialidade para mestres

Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade.

Outros 02/09/2015
Clubes de lectura

Convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos durante o curso 2015/2016.

DOG 01/09/2015
Cursos CELGA

Anunciada a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

DOG 01/09/2015
Modificación dos concertos educativos

Orde coa modificación dos concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, primaria, ESO, educación especial e de FP..

DOG 01/09/2015
Recursos curriculares en galego

Resolución pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares.

DOG 01/09/2015
Aprobados na oposición

Publicada a relación de persoal que superou o concurso-oposición do ano 2015.

DOG 01/09/2015
Premios na ESO

Convocados os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15.

DOG 01/09/2015
Convocados cursos CELGA

Convocados os cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

DOG 01/09/2015
Nomeamento de funcionarios en prácticas

No DOG a orde pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres no ano 2015.

DOG 01/09/2015
Adxudicación definitiva de destinos provisionais

No DOG a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2015/16 ao persoal do corpo de mestres.

DOG 01/09/2015
Novos másteres na USC e na UVigo

Anunciada a autorización de dous nóvos cursos de máster na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Vigo.

DOG 01/09/2015
Proxectos experimentais de FP dual

Ampliados os proxectos experimentais de FP dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

DOG 01/09/2015
Praza de lingua galega en Londres

Resolto o concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de Lingua e Literatura Galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

DOG 01/09/2015
Corrección de erros no nomeamento de funcionarios en prácticas

Engadido un anexo de profesorado nomeado funcionario en prácticas logo de aprobar o proceso selectivo do ano 2015.

DOG 01/09/2015
Axudas para a adquisición de material escolar

Convocadas axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO ou educación especial.

< Setembro 2015 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario