Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2014

Outros 30/01/2014
Profesorado de relixión

Puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional para impartir docencia de relixión católica e de relixión evanxélica.

DOG 28/01/2014
Mais axudas a centros concertados

Resoltas as axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

DOG 28/01/2014
Orde de confección de nóminas 2014

Publicada no DOG a ORDE do 20 de xaneiro de 2014 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2014.

 

Outros 27/01/2014
Técnico Deportivo en Salvamento e Socorrismo

Proxecto de Decreto co currículo dos ciclos inicial e final de grao medio do título de Técnico deportivo en salvamento e socorrismo.

DOG 27/01/2014
Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións.

No DOG o Decreto co currículo do ciclo formativo de grao medio de técnico en mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións.

DOG 27/01/2014
Asistencia a actividades de formación

Resolución coa relación de beneficiarios de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado no ano 2013.

DOG 27/01/2014
Auxiliares de conversa para centros privados

Resolta a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa.

Outros 23/01/2014
Habilitacións profesionais

Listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Outros 23/01/2014
Bacharelato para maiores de 20 anos

Na web da Consellaría o calendario das probas do ano 2014  para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos.

DOG 23/01/2014
Acreditación de competencias

No DOG a convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia.

DOG 15/01/2014
Froita para algúns centros de ensino

No DOG a relación de centros escolares beneficiarios das axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares de Galicia.

DOG 14/01/2014
Fomento do uso do galego en centros privados

No DOG a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados.

Outros 14/01/2014
Resolución provisional do CXT de adultos

Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Outros 14/01/2014
Resolución provisional do CXT de orientación

Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIPs.

DOG 13/01/2014
Proxectos de fomento do uso do galego

Anunciada a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.

DOG 10/01/2014
Formación profesional dual

Orde que estabelece o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

DOG 09/01/2014
Novo ciclo para un centro privado

Autorizado o segundo ciclo de educación infantil no centro privado Waldorf Meniñeiros, do concello de Friol (Lugo).

DOG 09/01/2014
Premios na ESO ao rendemento académico

Concedidos os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2012/2013.

DOG 09/01/2014
Premios na ESO á superación persoal

Publicada a concesión dos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/2013.

DOG 09/01/2014
Adquisición de libros de texto

No DOG unha ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto do alumnado de primaria e ESO.

DOG 09/01/2014
Puntuacións provisionais en listaxes abertas

Anúnciase a publicación das listaxes coas puntuacións provisionais de varias listaxes abertas de interinidades.

DOG 09/01/2014
Plan xeral de inspección educativa

Publicado no DOG o Plan xeral da inspección educativa do curso 2013/14.

< Xaneiro 2014 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario