Calendario
Eventos do mes Xullo de 2013
Adscrición Secundaria
Xúntase a Orde do 10 de xullo de 2013 pola que se fai pública a relación de persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 14 de xuño de 2013, pola que se desenvolve o Decreto 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia
Prazas Convenios
Resolución provisional do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta Consellería
Permutas Secundaria
Actualización da Bolsa de solicitantes de Permutas para profesorado con destino definitivo dos corpos de PES, PT, EOI...
Gastos formación 2013
ORDE do 15 de xullo de 2013 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2013.
Axudas a centros privados da Coruña
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización lingüística dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2012/13 ao abeiro da Orde do 12 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 18 de febreiro).
Axudas a centros privados de Lugo
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización lingüística dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso 2012/13 ao abeiro da Orde do 12 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 18 de febreiro).
Técnico superior en mecatrónica industrial
No DOG o currículo da titulación do ciclo formativo superior de técnico superior en mecatrónica industrial.
Comisións de servizo humanitarias
Resolución definitiva de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde (2013)
Pecha o centro Caixa Galiza de Monforte
O centro privado Caixa Galicia, do concello de Monforte de Lemos, por cesa nas súas actividades docentes.
Axudas a centros privados
Resolta a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Interinidades na ESAD
Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de canto aplicado á arte dramática e teoría teatral.
Interinidades na EOI
Aberto prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións na EOI nas especialidades de chinés e xaponés.
Estilismo e dirección de peiteado
Decreto que estabelece o currículo do ciclo formativo de grao superior do título de técnico superior en estilismo e dirección de peiteado.
Lectorados de galego
No DOG a convocatoria dos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Na web da Consellaría a resolución provisional da convocatoria do Plan de Mellora de bibliotecas escolares para o curso 2013/2014.
Axudas a centros privados de Ourense
Adxudicado o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Ourense.
Axudas a centros privados de Pontevedra
Adxudicado o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Pontevedra.
Acreditación de competencias
Resolución coa composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias
Unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galiza
Bases para a concesión das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galiza.
Inmersión lingüística en inglés
Convocatoria e a selección de centros docentes para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés para alumnado de 6º de primaria e de ESO.
Seccións bilingües
Resolución provisional pola que se autorizan novas seccións bilingües para o curso 2013/14.
Programa CUALE
Resolución provisional cos centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2013/2014.
Novos centros plurilingües
Resolución provisional pola que se incorporan novos centros á rede de centros plurilingües.
Xornada única
Implantacións da xornada única
Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe
Decreto que estabelece o currículo do ciclo formativo de grao superior do título de técnico superior en iluminación, captación e tratamento de imaxe.
Listaxes de profesorado substituto, interino e de relixión
Publicación das listaxes provisionais do profesorado interino, substituto e de relixión que traballou no curso 2012/2013 en secundaria.
Comedores escolares
Convocadas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAS dos centros públicos.
Contratos programa
Resolución que regula a convocatoria para o curso 2013-2014 dos contratos programa.
Acreditación de competencias
Habilitados asesores e/ou avaliadores no marco do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Formación en linguas estranxeiras
Na web da Consellaría a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.
Técnico superior en automatización e robótica industrial
Decreto co currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en Automatización e Robótica Industrial.
Ensinanzas deportivas
Convocadas probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2013/14.
Lei do sistema universitario de Galiza
Publicada no DOG a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galiza
Prazas nos conservatorios
Listaxe de adxudicación de prazas para o curso 2013/2014 nos conservatorios superiores de música.
Programa de inmersión lingüística en inglés
Relacións provisionais dos centros seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística en inglés.
Comisións de servizo por conciliación
Resolución definitiva de admitidos e excluídos das comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2013)
Prazas de residencia e vacantes nos CRD
Adxudicación provisional de prazas de residencia e relación provisional de suplentes para cubrir as vacantes que se poidan producir nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 13/14.
Programa Erasmus e Suíza
Resolución coas axudas complementarias ao programa Erasmus e Suíza para estudantes universitarios do curso 2012/13.
Novas ensinanzas nun centro privado
Autorizadas as ensinanzas artísticas superiores de Deseño no centro Liceo La Paz (A Coruña).
Comisións de servizo por motivos de saúde
Na web da Consellaría a resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde.