Calendario
Eventos do mes Xullo de 2012
Xefe de servizo dos comedores
Nomeado Ramón Vaamonde Porto Xefe do Servizo de xestión dos comedores escolares nos centros docentes non universitarios.
Relación definitiva postos CFR, CAFI, SFP
Relación definitiva das persoas seleccionadas e as prazas declaradas desertas, correspondente ao concurso para cubrir postos de directores dos CFR e de asesores do SFP, do CAFI e dos CFR.
Postos en prazas sometidas a convenio co Ministerio de Defensa
Listaxe provisional do profesorado admitido e excluído no concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio co Ministerio de Defensa
Proceso de adscrición por transformación de varios centros docentes
ORDE do 17 de xullo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 153/2012, do 5 de xullo, polo que se transforma o Centro Público Integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo en centro público de educación primaria, se fusionan os institutos da localidade de Ribadeo e se trasladan ensinanzas.
Currículo do ciclo formativo de grao superior de control ambiental
DECRETO 158/2012, do 5 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación e control ambiental.
Persoal Asesor na Consellaría (SIEGA, Abalar e outras asesorías)
Relación provisional do persoal concursante seleccionado na convocatoria do concurso de méritos específicos para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Cese de actividades do centro privado Madre de Dios (Barbadás)
ORDE do 4 de xullo de 2012 pola que se extingue a autorización do centro privado Madre de Dios, do concello de Barbadás (Ourense), por cesamento de actividades docentes.
Proceso de adscrición por transformación de varios centros docentes
Destinos provisionais Mestres 2012/13. Resolución provisional.
Adxudicación provisional de destinos do persoal do corpo de mestres para o próximo curso académico 2012/2013. O prazo de reclamacións é de tres días hábiles (21, 23 e 24 de xullo).
Novas seccións bilingües. Listaxe provisional
Publicación na web da Consellaría da Resolución provisional, do 17 de xullo de 2012, pola que se autorizan novas seccións bilingües para o curso 2012/2013
Transformación e traslado de ensinanzas de varios centros educativos.
DECRETO 153/2012, do 5 de xullo, polo que se transforma o centro público integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo en centro público de educación primaria, se fusionan os institutos da localidade de Ribadeo e se trasladan ensinanzas.
Taxas correspondentes a estudos de títulos universitarios para o curso 2012/13
DECRETO 154/2012, do 12 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2012/2013.
Opositores do 2011 declarados aptos na fase de prácticas
ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se declaran aptos na fase de prácticas opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de abril de 2011 (DOG do 11 de abril).
Apertura de listaxes de interinidades e substitucións de Dourado e Policromía
Comisións de Saúde. Listaxes definitivas.
SIEGA, ABALAR; ASESORÍAS: Puntuacións provisionais e convocatoria de entrevista.
Puntuacións provisionais da 1ª fase de selección do concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor e convocatoria para a celebración da entrevista (2ª fase).
Plan de Mellora de bibliotecas escolares.
Resolución provisional de centros que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2012/2013. O prazo de alegacións remata o luns 16 de xullo.
Convocadas estadías de formación en linguas en Canadá e Francia
Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se fai pública a oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia. Prazo até o 7 de setembro.
Convocadas as licenzas por formación para o curso 2012/13
ORDE do 27 de xuño de 2012 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2012/13 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.
Prazas sometidas a convenio. Resolución provisional
Resolución definitiva da convocatoria de prazas PIALE
ORDE do 22 de xuño de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2012.
Oferta de ensinanzas deportivas para o curso 2012/13
ORDE do 25 de xuño de 2012 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012-2013.
Suspensión da paga do mes de xullo para o persoal substituto
ORDE do 28 de xuño de 2012 pola que se suspende a aplicación do punto décimo segundo da addenda do Acordo do 20 de xuño de 1995 sobre acceso á función pública docente en calidade de profesor interino ou substituto.