Calendario

Eventos do mes Decembro de 2011

DOG 29/12/2011
Axudas a centros privados concertados para atención ao alumnado con necesidades específicas

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

DOG 29/12/2011
Interinaxes de especialidades de música e artes escénicas: puntuacións provisionais e relación de excluídos

ANUNCIO do 19 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de arpa (594402), frauta de bico (594411), percusión (594422), viola da gamba (594432) e linguaxe musical (594460), aberto mediante o Anuncio do 8 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DOG 29/12/2011
Nomeamento da comisión dos concursos de traslados docentes

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a comisión ditaminadora dos concursos de traslados entre funcionarios docentes.

DOG 27/12/2011
Vacantes provisorias do Concurso Xeral de Traslados

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes provisorias que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario de todos os  corpos docentes convocado pola Orde do 3 de novembro de 2011.

DOG 26/12/2011
Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

ORDE do 15 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria

DOG 26/12/2011
Oroxecto de incorporación de alumnado con NEE ás ensinanzas elementais no CMUS da Coruña

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se autoriza a posta en marcha, con carácter experimental, dun proxecto para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

DOG 26/12/2011
Axudas para actividades de formación de adultos no ano 2012

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012.

DOG 23/12/2011
Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011.

DOG 22/12/2011
Modificación da estrutura orgánica da Consellaría de Educación

DECRETO 230/2011, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DOG 22/12/2011
Cambio de denominación da EU de Formación do Profesorado de EXB da USC (Lugo)

DECRETO 233/2011, do 2 de decembro, polo que se modifica a denominación da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB da Universidade de Santiago de Compostela.

DOG 22/12/2011
Modificación da autorización do centro privado Amicos (Ribeira)

ORDE do 2 de decembro de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado de educación especial Amicos, do concello de Ribeira (A Coruña).

DOG 22/12/2011
Concesión de premios de ESO ao esforzo e á superación persoal

ORDE do 14 de decembro de 2011 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010-2011

DOG 21/12/2011
Posto de traballo de libre designación

Convocatoria da xefatura de recursos humanos da Consellaría de Educación.

DOG 21/12/2011
Concurso de orientación

Publicada unha corrección de erros a respecto do cómputo das fraccións de ano traballado.

DOG 21/12/2011
Atención á diversidade

Hoxe publica o DOG o decreto que regula a atención á diversidade do alumnado galego.

Outros 21/12/2011
Contratos programa

Listaxe definitiva de centros beneficiarios dos contratos-programa.

DOG 20/12/2011
Axudas por accidentes de tráfico

Orde coa convocatoria de axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.

Convocatorias 19/12/2011
Interinidades no corpo de música e artes escénicas: puntuacións provisionais e excluídos

Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo no corpo de profesores de música e artes escénicas,nas especialidades de harpa, frauta de bico, percusión, viola da gamba e linguaxe musical.

DOG 16/12/2011
Subvencións a ANPAS

Publicadas a resolución das subvencións de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación  da vida familiar e laboral.

Convocatorias 16/12/2011
Vacantes provisionais do CXT

Resolución coas vacantes provisionais para o concurso de traslados vixente.

DOG 15/12/2011
Libros de texto

Ampliación dos importes destinados á adquisición de libros de texto para 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de ESO.

DOG 13/12/2011
Inspección educativa

Publicado o plan xeral de actuación da inspección educativa para o curso 2011-2012.

DOG 13/12/2011
Avaliación de diagnóstico

Resolución coas instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos.

Convocatorias 13/12/2011
Acordado o Fondo de Acción Social 2011.

Asinado o acordo dos criterios de reparto do FAS, coa inclusión por vez primeira do persoal interino na axuda por adquisición de vivenda. Pendente de publicar en DOG.

DOG 12/12/2011
Ensinanzas universitarias

Publicado o decreto que regula as ensinanzas universitarias en Galiza.

Outros 12/12/2011
Atención á diversidade

Anunciada a próxima publicación do decreto que regula a atención á diversidade do alumnado.

DOG 05/12/2011
Licenzas por estudos

Corrección de erros na adxudicación definitiva destas licenzas.

Outros 05/12/2011
Aviso sobre o pasado CXT

A Consellaría advirte que non se poderán recoller as publicacións do pasado CXT até novo aviso.

Outros 04/12/2011
Resolución provisional dos contratos programa

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con contratos-programa seleccionados e excluídos. Ábrese un prazo de 10 días naturais para presentar reclamacións.

DOG 02/12/2011
Subvencións a ANPAS

Publicadas as subvencións de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación  da vida familiar e laboral.

DOG 01/12/2011
Autorización a un centro privado

Autorizado o centro privado universitario CESUGA a impartir uns títulos de arquitectura.

< Decembro 2011 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario