Calendario

Eventos do mes Setembro de 2011

DOG 29/09/2011
Programa Xogade en idade escolar

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011 pola que se convoca o Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar, curso 2011/2012.

DOG 28/09/2011
Currículo correspondente ao título de técnico en carpintaría e móbel

DECRETO 182/2011, do 8 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en carpintaría e móbel..

DOG 23/09/2011
Profesorado definitivo polo proceso de adscrición derivado da tranformación de IES en CIFP

ORDE do 31 de agosto de 2011 pola que se fai pública a relación de persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 22 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño), polo que se desenvolve o Decreto 118/2011, do 16 de xuño, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas.

DOG 22/09/2011
Modificación do centro privado Tomás Barros

ORDE do 7 de setembro de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Tomás Barros, do concello da Coruña.

Convocatorias 22/09/2011
Solicitude de zona do persoal substituto dos corpos de PES, PTFP, EOI, etc..

Apertura do prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, dos corpos de dos corpos de PES, PT, EOI,,,, solicite provincias ou zonas

DOG 19/09/2011
Corrección de erros á orde de implantación das modalidades de Bacharelato

CORRECCIÓN de erros. Orde do 1 de agosto de 2011 pola que se amplía a autorización para a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG 19/09/2011
Servizos mínimos para as folgas do 21 e 27 de setembro

ORDE do 13 de setembro de 2011 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos do persoal docente dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria durante a folga convocada para os días 21 e 27 de setembro de 2011.

DOG 16/09/2011
Adxudicación definitiva de destinos provisionais de secundaria 2011/12

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2011-2012.

DOG 15/09/2011
Proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros públicos

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2011 pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2011-2012.

DOG 13/09/2011
Resolución do concurso para postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio

ORDE do 29 de agosto de 2011 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

DOG 13/09/2011
Resolución do concurso para postos de persoal asesor na Consellaría

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes  para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería, convocado pola Orde do 13 de xuño de 2011

DOG 13/09/2011
Corrección de erros. Axudas a centros privados concertados para contratar auxiliares de conversa

CORRECCIÓN de erros. Orde do 27 de xullo de 2011 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

DOG 13/09/2011
Resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/12

ORDE do 1 de setembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2011/2012.

Outros 13/09/2011
Centros plurilingües e con seccións bilingües para o curso 2011/12

Listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos na rede de centros plurilingües e nas seccións bilingües.

Outros 08/09/2011
Centros admitidos no programa CUALE PARA O 2011/12

Resolución definitiva de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2011/2012

DOG 07/09/2011
Publicación no DOG da resolución definitiva de destinos provisionais de mestres para o curso 2011/12

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2011-2012

DOG 07/09/2011
Axudas para atención a alumnado con necesidades de apoio en centros concertados

ORDE do 24 de agosto de 2011 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

DOG 06/09/2011
Orde que desenvolve o ROC das Escolas de Idiomas

ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial.

DOG 06/09/2011
Orde que desenvolve o ROC dos conservatorios

ORDE do 4 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia

DOG 06/09/2011
Orde que desenvolve o ROC das Escolas de Arte e Superiores de Deseño

ORDE do 8 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG 06/09/2011
Nomeamento de funcionarios en prácticas dos aprobados nas oposicións de 2011

ORDE do 28 de xullo de 2011 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores seleccionados no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 8 de abril de 2011.

Outros 06/09/2011
Circular sobre organización das ensinanzas básicas de persoas adultas para o curso 2011/12

Circular 8/2011 pola que se ditan instrución sobre a organización e o funcionamento dos centro de EPA e os IES nos que se imparten as ensinanzas básicas para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2011/12.

Outros 04/09/2011
Modificación das ensinanzas mínimas da ESO

Publicado no BOE o Real decreto 1146/2011, do 29 de xullo, polo que se modifican o Real decreto 1631/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á ESO.

Outros 02/09/2011
Aberto o prazo para elección de zonas para posíbeis substitucións no corpo de mestres

Anuncio da Consellaría na súa web para que, desde o 1 até o 8 de setembro, o profesorado do corpo de Mestres faga a súa solicitude de zona e provincia/-s para a eventual cobertura de substitucións neste curso académico 2011/2012

DOG 01/09/2011
Composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2011 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) logo da renovación da metade dos seus membros.

< Setembro 2011 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario