Calendario
Eventos do mes Abril de 2011
Nova corrección de erros convocatoria oposicións
Publicada a terceira corrección de erros á convocatoria de oposicións
Procedemento para cambio de destino e reingresos profesores especiais
Resolución do 20 de abril de 2011 pola que se resolve provisionalmente o procedemento para cambio de destino e reingresos por resultas deste por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias que se van extinguir.
Organización cursos programa PALE e outras actividades formativas
Licitación da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de formación lingüística e metodolóxica no Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemaña, Portugal e España para o profesorado participante na convocatoria PALE e outras actividades formativas.
Organización do cursos de alemán, inglés, francés e portugués
Licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de alemán, inglés, francés e portugués para alumnado de centros de Galiza sustentados con fondos públicos.
Corrección de erros oposicións 2011
Corrección de erros á convocatoria de oposicións
Asesores e/ou avaliadores proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral
Resolución do 11 de abril, en determinadas unidades de competencia ou familias profesionais do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Procedemento acreditación de competencias en idiomas do profesorado
Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación eOrdenación Universitaria
Nomeamento asesores/avaliadores proceso acreditación de competencias
Resolución do 12 de abril de 2011 pola que se nomean os asesores e avaliadores e se fai pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 21 de marzo de 2011.
Provisión prazas técnico de grao medio normalización lingüística Universidade da Coruña
Corrección de erros á convocatoria de probas selectivas para cubrir dúas prazas de técnico de grao medio en normalización lingüística
Nomeamento profesorado Universidade de Vigo
Resolución do 1 de abril pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios.
Nomeamento profesorado contratado doutor Universidade de Vigo
Resolución do 1 de abril de 2011 pola que se nomea profesorado contratado doutor
Selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/12
Resolución do 15 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/2012
Corrección de erros convocatoria oposicións artes plásticas
Corrección á orde do 8 de abril de 2011 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades.
Publicación puntuación provisional de diferentes listaxes de interinidades
Resolución do 12 de abril de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 24 de outubro de 2008, pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación provisoria da fase de concurso.
Publicación puntuación provisional de diferentes listaxes de interinidades no corpo de profesores de música e artes escénicas:
Anuncio do 12 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de fagot (594408), gaita galega (594413), instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), piano (594423) e violoncello (594434), aberto mediante o Anuncio do 9 de febreiro
de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 16 de febreiro).
Acceso prazas docentes corpos universitarios
Concurso de acceso (resolución do 7 de marzo de 2011)
Corrección de erros resolución acceso a corpos docentes
Resolución do 24 de marzo de 2011 pola que se corrixe a Resolución do 14 de marzo de 2011, pola que se convoca concurso público de acceso a corpos docentes universitarios
Reintegro de gastos por asistencia a actividades de formación
Relación de beneficiarios de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2010
Resolución provisional concurso de traslados SECUNDARIA
Publicada a resolución provisional do concurso de traslados nos corpos de secundaria. Prazo de reclamacións e renuncias: 5 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación no DOG
Convocatoria de oposicións 2011
Orde do 8 de abril pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades
Extinción ensinanzas de bacharelato nos CIFP
Orde do 16 de marzo pola que se regula a extinción das ensinanzas de bacharelato en varios centros integrados de formación profesional
Axudas para confederacións e federacións de pais e nais de centros de educación especial
Convocatorias de axudas para financiamento de actividades
Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño
Decreto 61/2011 polo que se establece o regulamento orgánico
Creación de materiais educativos dixitais e premios ao profesorado
Concesións de subvencións a empresas para elaboración de materiais educativos dixitais e premio ao profesorado que desenvolva novos contidos dixitais
Bolsas para realización de estudos universitarios de máster
Convocatoria de bolsas para a realización de estudos universitarios conducentes a estudos de máster
Bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro
Convócanse seis bolsas de formación
Corrección de erros axudas accidentes de tráfico
Correxido o modelo de solicitude da orde para compensar economicamente accidentes de tráfico do DOG 29-03-11
Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011-12
Publicada a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas en centros públicos.
Oferta de emprego público 2011
Aprobación da oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario docente
Probas de acceso ás ensinanzas universitarias
Orde das probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades galegas
Premios extraordinarios de formación profesional
Composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2009-2010.
Ordenadores portátiles proxecto ABALAR
Licitación para a adquisición de ordenadores portátiles para os centros de ensino non universitario no marco do Proxecto Abalar.
Armarios de carga para ordenadores portáliles proxecto ABALAR
Licitación para a adquisición de armarios de carga para ordenadores ultraportátiles
Rede wi-fi proxecto ABALAR
Licitación para a adquisición e instalación dunha rede wifi para os centros de ensinanza non universitaria.