Calendario

Eventos do mes Decembro de 2009

Outros 26/12/2009
Prezos públicos dos comedores escolares.
Publicación no DOG do 24/12/09 do Decreto 439/2009, do 11 de decembro, polo que se modifica o Decreto 374/2009, do 6 de agosto, polo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 25/12/2009
Xubilación anticipada 2010
A Consellaría publicou no DOG do 23/12/2009 a Orde do 15 de decembro de 2009 pola que se regula a convocatoria para o ano 2010 da xubilación anticipada voluntaria conforme a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Prazo até o 28 de febreiro. Posíbeis renuncias antes do 15 de marzo.
Outros 22/12/2009
Puntuacións provisionais concurso de traslados relixión
Publicación das puntuacións provisionais para os solicitantes do concurso de traslados de relixión e adxudicación provisional de destinos. O prazo de reclamacións é de 5 días a partir da exposicións das puntuacións.
Outros 21/12/2009
Prórroga dos temarios de oposicións a corpos docentes
Consulta dende aquí o texto da orde, publicada no BOE 21-12-09
Outros 21/12/2009
Axudas alumnado FP que realiza formación en centros de traba
Orde do 10 de decembro de 2009 pola que se resolve a convocatoria do 30 de abril de 2009, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.
Outros 21/12/2009
Temarios de acceso ao corpo de inspectores
Consulta dende aquí o texto da orde, publicado no BOE 21-12-09
Outros 21/12/2009
Ampliación do prazo de axudas aos servizos de comedor
Acordo do 14 de decembro de 2009 polo que se amplía o prazo de xustificación previsto na Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010.
Outros 21/12/2009
Axudas comedor destinadas a ANPAs
Resolución do 11 de decembro de 2009 pola que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010, convocadas pola Orde do 17 de setembro de 2009
Outros 17/12/2009
Corrección de erros Fondo de Acción Social 2008
Consulta dende aquí o texto da corrección.
Outros 16/12/2009
Suspensión das aulas o día 16 de decembro
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro. Esta indicación aplícase aos centros de ensino non universitario, así como aos pertencentes á Rede Galega de Escolas Infantís (de 0 a 3 anos de idade), tanto ás dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, como ás que o son da Secretaría Xeral de Familia.
Outros 15/12/2009
Outros 14/12/2009
Puntuacións definitivas interinidades relixión ESO e BAC
Anuncio do 11 de decembro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto pola Resolución do 13 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Outros 11/12/2009
Interinidades diversas especial. PES, PTFP, música e AAEE
Anuncio do 30 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113); no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de cociña e pastelaría (591201), instalación e mantemento de equipamentos térmicos e fluídos (591205) e operacións e equipamentos de produción agraria (591216); e no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de contrabaixo (594406) e linguaxe musical (594460).
Outros 11/12/2009
Listaxes definitivas axudas aprobadas e denegadas FAS 2008
Resolución do 2 de decembro de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2008 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galiza
Outros 11/12/2009
Puntuacións provisionais diagnóstico clínico/prod. ortoproté
Anuncio do 30 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 7 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de procedementos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (591219) entre outras.
Outros 11/12/2009
Puntuacións definitivas frauta travesa e tuba
Anuncio do 30 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 1 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de frauta travesa (594410) e tuba (594429).
Outros 04/12/2009
Interinidades e substitucións PTFP e profesores música e AAE
Anuncio do 30 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113); no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de cociña e pastelería (591201), instalación e mantemento de equipamentos térmicos e fluídos ( 591205) e operacións e equipamentos de produción agraria (591216); e, no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de contrabaixo (594406) e linguaxe musical (594460).
< Decembro 2009 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario