Calendario

Eventos do mes Maio de 2009

Outros 28/05/2009
Publicada a convocatoria Fondo de Acción Social 2008
O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas comezará o día da publicación desta resolución e rematará o 10 de xuño de 2009
Outros 27/05/2009
Corrección de erros orde de selección de directores
No texto desta orde elimínanse dous centros do Anexo I de centros
Outros 27/05/2009
Instrucións avaliación de diagnóstico nos centros educativos
Accede ás instrucións publicadas no DOG do 29 de maio de 2009
Outros 25/05/2009
Corrección de erros vacantes definitivas Secundaria
Consulta dende aquí o texto de dita corrección
Outros 25/05/2009
Puntuacións e excluídos composición, trombón e viola
Accede dende aquí ao texto do anuncio
Outros 18/05/2009
Aprazamento da fase da prácticas
O punto 4 da base común 13 da Orde do 9 de abril de 2008 establece que a secretaría xeral poderá, por causa xustificada e por petición do interesado, conceder o aprazamento da fase de prácticas. Consulta dende aquí o texto da orde.
Outros 15/05/2009
Aberto o prazo das comisións de conciliación familiar
Podes consultar dende aquí toda a información relativa á convocatoria.
Outros 12/05/2009
Axudas para compensar gastos de accidentes de tráfico
Consulta o texto da orde dende este enlace. A finalidade das axudas é compensar os gastos derivados dos danos causados no vehículo particular como consecuencia de accidentes de circulación producidos nos desprazamentos por razón de servizo, acontecidos desde o 1 de setembro de 2008 ata o 31 de agosto de 2009, incluído.
Outros 12/05/2009
Axudas para alumnado en formación en centros de traballo
Orde do 30 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial. Consulta o texto da orde.
Outros 11/05/2009
Vacantes definitivas C. Traslados Secundaria
Orde do 27 de abril de 2009 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de catedráticos de ensino secundario, catedráticos de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e de inspectores de educación para o curso 2009-2010.
Outros 11/05/2009
Convocatoria de Oposicións Mestres 2009
Orde do 8 de maio de 2009 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galiza. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
Outros 10/05/2009
Borradores dos currículos de novos ciclos de FP
Consulta a páxina web da Consellaría para acceder aos textos dos borradores dos currículos de catorce novos ciclos de FP. Ata o día 1 de xuño poderanse realizar aportacións aos proxectos de decreto dos currículos anteriores. Pregamos que as aportacións que presentedes á Consellaría, tamén nolas fagades chegar ao enderezo electrónico galiza@cig-ensino.com
Outros 08/05/2009
Vacantes definitivas do Concurso de Mestres
Consulta o documento no seguinte enlace.
Outros 08/05/2009
Publicado no DOG a Oferta de Emprego Público
Decreto 287/2009, do 7 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009. Consulta o texto do Decreto dende esta enlace.
Outros 07/05/2009
Procesos e produtos de téxtil, confección e pel
Anuncio do 27 de abril de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 24 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos e produtos de téxtil, confección e pel (590120), (Diario Oficial de Galiza de 31 de marzo de 2009).
Outros 06/05/2009
Concurso de méritos Directores
Consulta dende aquí o texto da orde.
Outros 06/05/2009
Convocatoria Oposicións Mestres
Consulta dende aquí o texto da convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte da publicación desta orde no DOG.
Outros 05/05/2009
< Maio 2009 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario