Os resultados das eleccións sindicais entre o persoal docente e investigador galego sitúan o sindicato nacionalista como referente nas tres universidades, con máis representantes e porcentaxe de voto que hai catro anos
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago
Universidade de Vigo
O sindicato nacionalista concorre a estas eleccións cunhas candidaturas abertas e plurais, con presenza nos 7 campus, conformadas por 81 persoas na Universidade da Coruña, 80 na de Santiago de Compostela e 68 na de Vigo.
- Como principais eixos do seu programa electoral, logo da entrada en vigor da LOSU e ante as incertezas do que poida acontecer co Estatuto do PDI, está a mellora das condicións do persoal docente e investigador, fundamentalmente do máis precarizado; a recuperación da xubilación anticipada eliminada na reforma das pensións de 2011 co beneplácito dos sindicatos estatais; unha maior atención á saúde laboral; melloras na conciliación da vida persoal, laboral e familiar; a promoción de todo o que ten que ver coa igualdade de xénero e coa coeducación e a normalización da lingua galega tanto na actividade académica como en todo o que xira arredor da “vida universitaria”.
- Ademais, ante o desafío da Xunta de autorizar a primeira universidade privada de Galiza á entidade financeira Abanca e a escaseza de oferta de títulos moi demandados que obrigan a alumnado galego a matricularse en universidades privadas de fóra, a CIG-Ensino eríxese como defensora inquebrantábel da universidade pública, de aí que este sexa o punto central do seu lema de campaña.