Prazas por convenio ou programa

  • Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos 2013

    Convocatoria. ORDE do 28 de maio de 2013 pola que se convoca concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón.

    Centros nos que se ofertan prazas.

    Asociación para formación e emprego de mozos discapacitados - Santiago
    ONCE
    ASPANAES
    Secretaría Xeral para o Deporte
    Consellería de Traballo e Benestar (Dirección Xeral de Familia e Inclusión)
    Escola de Especialidade Antonio de Escaño-Ferrol
    Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval de Graña-Ferrol
    Consellería de Sanidade
    Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia


    Resolución do concurso de méritos.
     Ligazón

    Información da Mesa Sectorial. CIG-Informa

     

  • Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos 2012

    Toda a información sobre a convocatoria do ano 2012. Convenios: ONCE, Fundación Preescolar na Casa, Consellaría de Traballo e Benestar, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (Programa Escolas Viaxeiras), ASPAS, Consellaría de sanidade, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home-Galicia e Módulo de Proceso Químico en convenio Repsol (IES Sardiñeira).

    CONVOCATORIA DE PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO

    Información da Mesa Sectorial: Ligazón

    Convocatoria: ORDE do 23 de marzo de 2012 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón

    Resolución provisional. Publicada na web da Consellaría o venres 6 de xullo. Contra esta resolución haberá un prazo de 10 días naturais unha vez que se publique no DOG.

    Información da reunión de baremación. No mesmo día da comisión e sen dar razón nin explicación a Consellaría de Educación suprimiu o posto número 5, dicindo que non ía haber convenio coa Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A CIG Ensino tomará as medidas pertinentes en canto a aclaración da eliminación desta praza.

    Listaxe de profesorado admitido coas puntuacións obtidas. Ligazón

    Listaxe de de profesorado excluído. Ligazón 

    Resolución definitiva. No DOG do 10 de agosto de 2012. Ligazón

    CONVOCATORIA DE PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO CO MINISTERIO DE DEFENSA 

    Convocatoria: ORDE do 11 de maio de 2012 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. 

    Resolución provisional: publicada na web da Consellaría o 27 de xullo. Prazo de reclamacións até o 6 de agosto. Ligazón

  • Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos 2011

    Toda a información sobre a convocatoria do ano 2011. Convenios: ONCE, Fundación Preescolar na Casa, ASPAS, Consellaría de sanidade, Escolarización de poboación marxinada, Secretaría Xeral de Igualdade, Deputación Provincial de Ourense.

    Información da Mesa SectorialLigazón

    Convocatoria

    Concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Ligazón  

    Baremo e adxudicación provisional (publicado na web da Consellaría o 27-07-11). Ligazón

    Prazo de reclamacións á adxudicación provisional: 10 días naturais desde a súa exposición

    Resolución definitivaLigazón