Asemblea Online Aberta
Luns 22 xuño 2026 a partir das 20:30h
Remata un curso cheo de mobilizacións e de loita do profesorado. Seis xornadas de folga docentes, numerosas manifestacións e concentracións co resto da comunidade educativa, peches en centros e nas dependencias da Consellaría, boicot aos actos do conselleiro, martes en loita desde os centros... Toca facer balance tendo en conta que o perseguido non foi o conseguido e que a Consellaría pechou en falso as que debían ser unas verdadeiras negociacións para mellorar as nosas condicións laborais e o ensino público en xeral.
Nestes intres estamos recollendo información sobre a situación do cupo ou do catálogo dos centros. Se aínda non demos contactado co teu fáinola chegar a través do correo galiza@cig-ensino.gal.
Hai uns días tamén lanzamos unha enquisa aberta a todo o profesorado, que aínda podes contestar nesta ligazón: https://www.cig-ensino.gal/consulta.html.
Fronte á propaganda, a única opinión que conta é a túa. O vindeiro luns, a partir das 20:30 horas, daremos conta dos resultados desta consulta, faremos un breve repaso da cronoloxía deste conflito inacabado e reflexionaremos sobre a estratexia que debemos seguir.
Participa na Asemblea online aberta a todo o profesorado. Porque a nosa historia facémola NÓS.
Na tarde do luns estará habilitada a conexión á asemblea nesta ligazón.

