A integración do corpo de PTFP no corpo de PES, introducida pola LOMLOE, modificada pola LOFP e desenvolvida recentemente tanto a nivel estatal como galego, deu resposta a unha vella demanda de equiparación nos dereitos e nas retribucións dunha parte importante do profesorado de Formación Profesional.

As melloras introducidas ao respecto do texto orixinal da LOMLOE implicaron que o profesorado de FP con titulación de diplomatura, enxeñaría técnica e arquitectura técnica non quedase excluído da integración. Mais tanto a norma estatal como as declaracións dos responsábeis da Consellaría de Educación negan a posibilidade de que o profesorado que carece de titulación universitaria e vén desempeñando, en ocasións desde hai moitos anos, o mesmo traballo, poidan ter dereito ás mesmas condicións salariais que os compañeiros e compañeiras que poderán integrarse no corpo de PES. A capacidade normativa da Consellaría permite que poida aprobar o pagamento dun complemento para garantir o respecto do mesmo salario para o mesmo traballo.

Por outro lado, a orde publicada no DOG pola que se regula o procedemento de integración, exclúe expresamente o pago como subgrupo A1 do tempo traballado en prácticas a aquel profesorado que aprobou as oposicións de 2021, o que constata que a Consellaría non está en disposición de atender o respecto do principio de igualdade con este profesorado así como co persoal interino, negando o dereito a cobrar as diferenzas salariais desde xaneiro de 2021.

Por todo o anterior, o profesorado de FP abaixo asinante reclama da Consellaría de Educación:

  • O pagamento dun COMPLEMENTO DE EQUIPARACIÓN para todo o profesorado que non poida integrarse no corpo de PES, garantindo a plena igualdade retributiva a todo o profesorado que imparte docencia na Formación Profesional.
  • O compromiso do pagamento con carácter retroactivo a todo o profesorado interino que imparte docencia na FP, nas mesmas condicións que o funcionariado de carreira que se integre no corpo de PES.
  • A modificación do artigo 16.3 da orde do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento de integración no corpo de PES, para recoñecer os efectos da integración de quen aprobou as oposicións de 2021 desde que comezou a traballar e non desde o nomeamento como funcionariado de carreira.
  • A garantía de continuidade nas listaxes de interinidades daquel persoal interino que careza da titulación requirida, con carácter xeral, para o ingreso nas especialidades do corpo, para extinguir, de PTFP que se integra no corpo de PES.
Información Básica sobre Protección de Datos
Responsable: Confederación Intersindical Galega (CIG).
Finalidade: Comunicacións e xestións propias do sindicato coas persoas interesadas na información recollida nesta páxina.
Lexitimación: Consentimento do/a interesado/a.
Destinatarios/as: A administración pública obxecto desta solicitude. Non se cederan datos a terceiros/as.
Dereitos: Acceso, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica e detalla na información adicional.

Información adicional:Pode acceder os formularios para exercer os seus dereitos así como consultar a información adicional e detallada sobre a política de protección de datos na seguinte URL da nosa web: https://cig.gal/politica-proteccion-de-datos.html

Consentimento*
Por favor, suma 8 e 4.