A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Plúbica suspende ao conselleiro de Educación na proba simbólica realizada o marte 23 no decurso dunha concentración
23/05/2017
/Revalida 2017 1
Segundo os datos da PGDEP máis do 80% das familias decidiron non enviar os seus fillos e fillas aos centros de ensino a realizar a reválida, superándose así as porcentaxes de ausencias de anos anteriores. Unha resposta masiva no terceiro ano consecutivo no que se fai o chamamento a boicotear este tipo de probas desde a plataforma, que o seu portavoz, Anxo Louzao, valorou como “moi positiva” no decurso da concentración celebrada esta mañá diante da Consellaría de Educación.
Posición da CIG-Ensino
22/05/2017

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
/Recurso
Na mesma mesa, continuación da do martes pasado, tamén se falou da regulación das permutas provisionais
16/05/2017
Na Mesa Sectorial de hoxe a Consellaría presentou unha proposta de modificación do actual texto que regula o acceso á función pública docente do persoal interino e substituto que non introduce nin a recuperación dos dereitos arrebatados ao colectivo durante estes últimos anos nin a posibilidade de negociar un acordo de estabilidade longamente demandado por este profesorado
/20170511
Lembrou que o boicot nos cursos anteriores fora un éxito, xa que máis do 80% das familias non enviaron aos seus fillos e fillas aos centros
11/05/2017
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) fixo esta mañá, en rolda de prensa, un chamamento ás familias para que non envíen ao alumnado de 3 e 6º de Primaria e o de 4º da ESO a realizar as probas de reválida previstas para finais deste mes. “Nada aportan ao sistema educativo, crean unha tensión innecesaria ao alumnado e nin sequera se terán en consideración para mellorar a calidade do ensino e dotar os centros de profesorado”.
A CIG-Ensino denuncia a represión exercida pola dirección, que tamén afecta a dúas enfermeiras
11/05/2017
A CIG-Ensino desenvolveu unha concentración este mércores diante do Centro Residencial San Vicente de Paúl (Lugo) para denunciar o despedimento de tres traballadoras (unha coidadora e dúas enfermeiras) e demandar o cese da dinámica de presións. Aínda que a dirección alega causas disciplinarias para xustificar a medida, para a CIG-Ensino estamos ante un clarísimo caso de represión sindical, xa que a coidadora despedida é a persoa que encabeza a candidatura da central para as eleccións sindicais que se van celebrar o 29 de maio.
Na Mesa avanzouse tamén no recoñecemento dos servizos prestados
09/05/2017
Hoxe tivo lugar a Mesa Sectorial en que se trataron as ordes sobre escolarización de alumnado de atención preferente, prazas sometidas a convenio, comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar e recoñecemento de oficio das vacacións aboadas, non recoñecidas como servizos prestados, e varios. O vindeiro martes continuará a mesa para tratar a orde de permutas e a modificación na contratación do profesorado interino.
Inclúe tamén a orde que regula as permutas provisionais, as concilias e o recoñecemento como servizos pretados das vacacións non gozadas
04/05/2017
Consulta no interior toda a documentación e información da mesa que continuará o martes 16 de maio.
A resolución definitiva do corpo de mestres xa no DOG
18/05/2017
Este mércores, 10 de maio, ás 11:30, concentración diante do Centro en solidariedade coas traballadoras despedidas
09/05/2017
A  Dirección do centro alega causas disciplinarias, mais a realidade é que  se trata dun caso  de represión sindical pura e dura.  Para a CIG-ENSINO o que hai é  un caso  claro  e contundente de represión sindical xa que a coidadora despedida é a persoa que encabeza a candidatura da CIG  para as eleccións sindicais  que se van celebrar por  primeira vez  no centro  o día 29 de maio para  elexir o comité de empresa xa que se trata  dunha empresa de máis de 50 traballadores/as.
Arredor de 2000 escolares de centros da comarca correron polo galego en Santiago de Compostela baixo o lema “En galego, sen cancelas” hoxe, luns 8 de maio, pola mañá
08/05/2017
A edición 2017 do Correlingua en Santiago de Compostela, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, tivo lugar hoxe, luns 8 de maio, en horario de mañá.
 
 

26-05-2017
Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2017/18. Ligazón
26-05-2017
No DOG os do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato 2016/17 e as instrucións para a realización das probas. Ligazón
24-05-2017
Anunciada no DOG a convocatoria de cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas. Ligazón
22-05-2017
Regulado o fondo solidario de libros de texto así como as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de primaria, ESO e educación especial. Ligazón
22-05-2017
Convocado o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría de Educación. Ligazón
19-05-2017
Comeza o prazo para solicitar comisión de servizos por motivos de saúde para todo o profesorado que participou no CXT. Remata o 2 de xuño. Ligazón
19-05-2017
No DOG as bases reguladoras para as subvencións á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Ligazón