Lexislación xeral sobre Función Pública

Principais leis e normas legais que afectan aos docentes como empregados públicos: Lei da Función Pública, Estatuto Básico,...

Contidos:

LEXISLACIÓN DE ÁMBITO GALEGO

Lei 2/2015 do emprego público de Galiza. Documento consolidado o día 21/12/2022. Ligazón

Artigos da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas que modifican a Lei 2/2015 de emprego público de Galiza. Ligazón

Efectos estimatorios ou desestimatorios. Decreto 267/1994. Relación de procedementos nos que a falta de resolución expresa da Consellaría de Educación produce efectos estimatorios ou desestimatorios. (DOG 26/08/1994). Ligazón

Instrucións da Consellaría de Educación sobre o uso fraccionado da situación de excedencia voluntaria por coidado de familiares recollida na Lei do Emprego de Galiza. Ligazón

RECORTES PARA EMPREGADAS E EMPREGADOS PÚBLICOS DE GALIZA. (2012)

Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza. (DOG 02/03/2012). Ligazón

 Lei 9/2012, do 3 de agosto. Adaptación a Galiza dos recortes do Goberno español (supresión de paga extra de Nadal, penalización por estar de baixa médica, etc) Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público. (DOG 09/08/2012). Ligazón

Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo (BOE 21/04/2012). Ligazón

LEXISLACIÓN DE ÁMBITO ESTATAL

Texto Refundido do EBEP (Estatuto Básico do Empregado Público): Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Ligazón

Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Ligazón

Real Decreto-lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Ligazón

RÉXIME DISCIPLINARIO

Réxime disciplinario. Título IX da Lei 2/2015 de emprego público de Galiza. (DOG 4/05/2015). Ligazón 

Regulamento. Decreto 94/1991(modificado polo Decreto 157/2004). Este Decreto só segue en vigor nos aspectos nos que non entre en contradición co articulado da Lei 2/2015Ligazón

INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓNS DO SERVIZO

Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Ligazón ao texto consolidado. Ligazón.

DECRETO 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Ligazón

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2005, sobre a revisión da contía da indemnización por uso de vehículo particular e a das axudas de custo en territorio nacional, establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Ligazón

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de xuño de 2008, polo que se actualizan os importes previstos no anexo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Ligazón

Páxina no portal de transparencia da Xunta de Galiza sobre as indemnizacións por razóns do servizo. Ligazón

INCOMPATIBILIDADES DO PERSOAL AO SERVIZO DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Oficina de incompatibilidades e boas prácticas.

Ligazón

Teléfonos: 981 957 875 / 981 545 237 

Marco Legal.
  • Lei 53/1984, do 26 de Decembro sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas.

  • R.D. 598/1985, de 30 de Abril sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración Pública, do Estado, Seguridade Social e dos Entes, Organismos e Empresas dependentes.

  • -Decreto 22/1985 do 14 de Febreiro sobre a aplicación da Lei de Incompatibilidades na Administración Galega.

  • Decreto 165/1989, do 27 de Xullo polo que se regula a aplicación da Lei de Incompatibilidades ao persoal que perciba complemento específico.

  • Orde de 2 de Outubro de 1989 pola que se regula a aplicación do Decreto 165/1989 ao persoal docente non universitario.

  • Decreto 39/1994, de 17 de Febreiro, polo que se declara de interese público a actividade realizada nas escolas de música e nos conservatorios de música dependentes dos Concellos da Comunidade Autónoma de Galiza.

Actividades Públicas.

Os funcionarios/as non poderán desempeñar un segundo posto de traballo, cargo ou actividade no sector público a non ser que normativamente se declare a autorización da compatibilidade por razóns de interese público.

Para o exercicio da segunda actividade será indispensábel a previa e expresa autorización de compatibilidade, que non suporá modificación da xornada de traballo e horario dos dous postos e que se condiciona ao estrito cumprimento de ambos.

O desempeño dun posto de traballo no sector público é incompatíbel coa percepción de pensión de xubilación ou retiro.

Actividades Compatíbeis
  1. Poderá autorizarse a compatibilidade para o desempeño dun posto de traballo na esfera docente como Profesor/a universitario/a asociado/a en réxime de dedicación non superior á de tempo parcial e duración determinada.

  2. Aos/as Catedráticos/as e Profesores/as titulares de Universidade e aos Catedráticos/as de Escolas Universitarias poderá autorizarse a compatibilidade para o desempeño de un segundo posto de traballo no sector público sanitario ou de carácter exclusivamente investigador en centros públicos de investigación, dentro da área do seu departamento universitario e que veñan autorizados como de prestación a tempo parcial.

  3. Aos/as Profesores/as titulares de Escolas Universitarias de Enfermería, poderá autorizarse a compatibilidade para o desempeño de un segundo posto de traballo no sector público sanitario.

  4. Os/as funcionarios/as pertencentes aos corpos de Catedráticos de Música e Artes Escénicas e Profesores de Música e Artes Escénicas poderán desempeñar un segundo posto de traballo nas escolas de música e nos conservatorios dependentes dos Concellos da Comunidade Autónoma de Galiza, sempre que esta segunda actividade se preste en réxime laboral, con duración determinada e cun horario semanal que non exceda de dez horas lectivas, e en réxime laboral.

  5. Ser membro das Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas, agás que perciban retribucións periódicas polo desempeño da función ou que polas mesmas se estableza a incompatibilidade.

  6. Ser membros das Corporacións Locais, agás que desempeñen os mesmos cargos retribuídos e de dedicación exclusiva.

  7. Poderá autorizarse, excepcionalmente, a compatibilidade para o exercicio de actividades de investigación, de carácter non permanente, ou de asesoramento en supostos concretos, que non correspondan ás súas funcións.

Actividades Privadas.

O exercicio de actividades profesionais, laborais, mercantís ou industriais fóra das Administracións Públicas requirirá o previo recoñecemento da compatibilidade. O recoñecemento de compatibilidade non poderá modificar a xornada de traballo e horario do interesado e quedará automaticamente sen efecto no caso de cambio de posto no sector público.

Poderá recoñecerse compatibilidade para o exercicio de actividades privadas ao persoal que desempeñe postos de traballo que comporten a percepción de complemento específico, ou concepto equiparábel, cuxa contía non supere o 30% das súas retribucións básicas, excluídos os conceptos que teñan a súa orixe na antigüidade (non se computan os sexenios). Polo tanto, de superar esta cantidade, haberá que renunciar ao complemento específico.

Actividades Incompatíbeis
  1. Desempeño de actividades privadas, incluídas as de carácter profesional, sexa por conta propia ou baixo a dependencia ou ao servizo de entidades ou particulares, nos asuntos nos que estea intervindo, intervirá nos dous derradeiros anos ou teña que intervir por mor do posto público. Especialmente as actividades profesionais prestadas a persoas ás que se estea obrigado a atender no desempeño do posto público.

  2. A pertenza a Consellos de Administración ou órganos reitores de Empresas ou Entidades privadas, sempre que a actividade das mesmas estea directamente relacionada coas que xestione a Administración onde presta os seus servizos o persoal afectado.

  3. Desempeño, por si ou por persoa interposta, de cargos de toda orde en Empresas ou Sociedades concesionarias, contratistas de obras, servizos ou subministros, arrendatarias ou administradoras de monopolios, ou coa participación ou aval do sector público, calquera que sexa a configuración xurídica das mesmas.

  4. A participación superior ao 10% no capital das devanditas empresas ou sociedades.

  5. Non poderá recoñecerse compatibilidade para actividade privadas a quen desempeñe dúas actividades no sector público, agás no caso de que a xornada semanal de ambas actividades no seu conxunto sexa inferior a corenta horas.

Actividades exceptuadas do réxime de incompatibilidades
  1. As derivadas da administración do patrimonio familiar ou persoal.
  2. A dirección de seminarios ou o ditado de cursos ou conferencias en centros oficiais destinados á formación de funcionarios ou profesorado, cando non teñan carácter permanente ou habitual nin supoñan máis de 75 horas ao ano, así como a preparación para o acceso á función pública cando non supoña unha dedicación superior a 75 horas anuais e non implique incumprimento do horario de traballo.
  3. A participación en Tribunais cualificadores de probas selectivas para o ingreso nas administracións públicas.
  4. A participación do persoal docente en exames, probas ou avaliacións distintas das que habitualmente lles correspondan.
  5. O exercicio do cargo de Presidente, Vocal ou membro de Xuntas reitoras de Mutualidades ou Padroados de Funcionarios, sempre que non sexa retribuído.
  6. A produción e creación literaria, artística, científica e técnica, así como as publicacións derivadas de aquelas, sempre que non se orixinen como consecuencia dunha relación de emprego ou prestación de servizos.
  7. A participación ocasional en coloquios e programas en calquera medio de comunicación social.
  8. A colaboración e a asistencia ocasional a congresos, conferencias ou cursos de carácter profesional.
Responsabilidade disciplinaria.

O incumprimento das normas sobre incompatibilidades é unha falta moi grave de acordo co artigo 3º do Decreto 94/1991 polo que se aproba o Regulamento de Réxime Disciplinario dos funcionarios e funcionarias da Administración Galega.