Universidade

Asinado na UDC o acordo para o pagamento da cota patronal a todo o persoal contratado con cargo aos programas Margarita Salas e María Zambrano

Mentres, avanza no Tribunal Supremo o recurso de casación polo mesmo tema interposto pola UVigo, agora con informe favorábel da fiscalía do TS

A CIG-Ensino traslada as súas propostas á ANECA e ao Ministerio de Universidades sobre os criterios de acreditación

O sindicato considera que o Ministerio non pode descargar toda a responsabilidade na Axencia e insta a ambas partes a negociar os novos criterios

Información da reunión da Mesa de Universidades para fixar un (novo) calendario de negociación do Estatuto do PDI

O Ministerio rectifica logo da queixa da CIG e coloca o sindicato maioritario en Galiza en pé de igualdade cos demais sindicatos ao ser central sindical máis representativa

A UDC pagará a cota patronal descontada ao persoal investigador afectado polo conflito colectivo promovido pola CIG-Ensino

Logo da reunión dunha representación do sindicato coa nova equipa reitoral, e tras o acordo de ambas partes, o reitor asumiu o compromiso de acordar un plan de pagamentos antes do 1 de abril

A proposta de Feijóo dunha ABAU común para as 11 CCAA gobernadas polo PP é inviábel técnica e loxisticamente e atenta contra a autonomía de Galiza

A CIG-Ensino considera estas declaracións como “un mero brinde ao sol que só reflicte a política reaccionaria que está practicando o líder da oposición no Estado español”.

A CIG-Ensino gaña un novo conflito colectivo contra a UVIGO: o TSXG declara a obriga de subir os salarios do persoal de investigación

O alto tribunal galego dálle a razón á CIG na súa campaña xudicial para conseguir que o persoal investigador predoutoral, posdoutoral e de proxectos de investigación teñan a mesma suba salarial que o resto do PDI

Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG obriga á UDC a devolver o desconto da cota patronal ao persoal investigador Margarita Salas e María Zambrano

Unha sentenza do TSXG gañada pola CIG obriga á UDC a devolver o desconto da cota patronal ao persoal investigador Margarita Salas e María Zambrano

O Ministerio de Universidades comunica a paralización da normativa sobre ámbitos de coñecemento e organización dos Departamentos universitarios

Nun comunicado do secretario xeral do Ministerio de Universidades tamén se indica que segue adiante o Real Decreto de Doutoramento e que procurarán axilizar os trámites de normas relevantes como a de acreditación a corpos estatais e de concursos.

Quizais quixo dicir:

< Abril 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
20/04/2024
Outros 16 Abril 2024
Estadías formativas en empresas

A Consellaría publica na súa web a relación definitiva de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 16 Abril 2024
Rede de centros E-Dixgal

Na web da Consellaría publícase a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.

Convocatorias 15 Abril 2024
Comisións de servizo por conciliación

Está aberto o prazo para solicitar as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.

Convocatorias 15 Abril 2024
Comisións de saúde

Está aberto o prazo para solicitar comisións de servizo por motivos de saúde.

Outros 15 Abril 2024
Aulas de emprendemento

A web da Consellaría publica a relación de centros seleccionados para participar  no programa Aulas de emprendemento 2024.

DOG 12 Abril 2024
Concurso Xeral de Traslados no DOG

Publica a Consellaría no DOG a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados.