Normativa

Ao día de hoxe e de non producirse cambios, a normativa que regula o acceso á función pública docente recóllese no real decreto 276/2007 de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes. 

  • Real Decreto de Acceso 276/2007 de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes. Ligazón
  • Resumo da fase de oposición do sistema ordinario. Ligazón

Sistema de oposición regulado polo mesmo real decreto de acceso, pero para a fase transitoria, xa rematada.

  • Resumo da fase de oposición do sistema transitoria LOE. Ligazón
  • Baremo da fase de concurso do sistema transitorio LOE. Ligazón

Criterios de avaliación dos méritos para acceso ó corpo de mestres de educación infantil e primaria, e profesores de educación secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño establecidos polas Comisións de Baremación: Ligazón

Unha aclaración necesaria: en novembro de 2011 publicáronse no BOE uns novos temarios que afectaban ao corpo de mestres, á maioría das especialidades do corpo de PES, PEOI e PTFP. Co cambio de goberno no Estado, en febreiro do 2012 publicouse unha orde que derrogaba os novos temarios, anunciando a intención do MEC de regular un novo sistema de acceso. Este cambio estaba, ademais, claramente vinculado coa decisión de non convocar procesos selectivos no ano 2012. Como consecuencia desta nova orde, volveron ter vixencia todos os temarios anteriores ao 2011, moitos deles do ano 1993, e prorrogados na maioría dos casos desde o ano 2007. 

Derrogación dos temarios publicados no 2011 e volta á vixencia dos vellos temarios. Ligazón

Corpo de mestres.

  • Corpo de mestres. Todas as especialidades agás Primaria. Orde de 9 de setembro de 1993. (BOE 21/09/1993)  Ligazón
  • Corpo de mestres. Especialidade de Primaria. (BOE 15/03/2007). Ligazón

Corpo de profesorado de ensino secundario (PES) e profesorado técnico de Formación Profesional (PTFP)

  • Especialidades de Secundaria e Bacharelato (agás Economía). Orde de 9 de setembro de 1993. (BOE 21/09/1993)  Ligazón
  • Especialidades de FP e Economía.(BOE 13/02/1996). Ligazón á orde. Ligazón aos Anexos cos temarios.
  • Corpo de profesorado de ensino secundario (PES). Especialidade de Lingua e Literatura Galega.(DOG 21/03/1995). Ligazón

Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas.

  • Corpo de profesorado de EOI. Especialidades de Alemán, Español, Francés, Inglés, Italiano e Portugués. Orde de 9 de setembro de 1993. (BOE 21/09/1993)  Ligazón
  • Corpo de profesorado de EOI. Especialidade de Galego e Catalán.(BOE 23/09/2003). Ligazón
  • Corpo de profesorado de EOI. Especialidades de Árabe, Chinés, Danés, Grego, Xaponés, Neerlandés e Romanés.(BOE 31/12/2001). Ligazón
  • Corpo de profesorado de EOI. Especialidade de Ruso.(BOE 11/05/1996) Ligazón

Corpo de profesorado de Música e Artes Escénicas. (BOE 19/02/2002). Ligazón

Corpo de inspectores de educación (BOE 21/12/2009). Ligazón

Causas de exención dos tribunais.

A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2013 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro ou as que teñan permiso sindical a tempo total.

Artigo 7.7. da Convocatoria. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se dan as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e co artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro. 

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. 

Sección 4.a Abstención e recusación

Artigo 23. Abstención.

1. As autoridades e o persoal ao servizo das administracións en que se dean algunhas das circunstancias sinaladas no número seguinte absteranse de intervir no procedemento e comunicarano ao seu superior inmediato, quen resolverá o procedente.

2. Son motivos de abstención os seguintes:

a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución poida influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.

b) Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.

c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas na alínea anterior.

d) Ter intervido como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.

e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou terlle prestado nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.

3. Os órganos xerarquicamente superiores a quen se encontre nalgunha das circunstancias sinaladas no punto anterior poderán ordenarlle que se absteña de toda intervención no expediente.

4. A actuación de autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas nos cales concorran motivos de abstención non implicará, necesariamente e en todo caso, a invalidez dos actos en que interviñesen.

5. A non abstención nos casos en que concorra algunha desas circunstancias dará lugar á responsabilidade que proceda.

Artigo 24. Recusación.

1. Nos casos previstos no artigo anterior, os interesados poderán promover recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.

2. A recusación presentarase por medio dun escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funda.

3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.

4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, logo dos informes e comprobacións que considere oportunos.

5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpor o recurso que proceda contra o acto que poña fin ao procedemento.