Permisos e licenzas

Información sobre dereitos do profesorado do ensino público non universitario. Lexislación sobre licenzas, permisos e redución de xornadas.

Orde de permisos e licenzas do persoal docente.

  • CIG Informa de Permisos e Licenzas. Ligazón
    • Anexo con modificacións e novos permisos (actualizado a xuño de 2023).
  • Instrucións interpretativas, aplicables ao persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación sobre a aplicación dos permisos de lactación, por nacemento para a nai biolóxica e do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla. Ligazón
  • Instrucións da Consellaría de Educación sobre o uso fraccionado da situación de excedencia voluntaria por coidado de familiares recollida na Lei do Emprego de Galiza. Ligazón
  • Real Decreto Lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación. Ligazón
  • Ampliación do permiso por parto, adopción ou acollemento a 22 semanas a partir do 1 de xaneiro 2019. Ligazón
  • Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente (DOG 15/02/2016). Ligazón
  • Orde do 24 de febreiro de 2016 pola que se amplía a Orde do 29 de xaneiro de 2016, incorporando dous novos permisos (para funcionarias en estado de xestación e para adaptación progresiva da xornada laboral para tratamentos oncolóxicos. Ligazón
  • Modificación da lei do emprego público na lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas sociais e administrativas o 28 de decembro de 2017 que aumenta os permisos de paternidade e maternidade. Ligazón
  • Modificación da lei do emprego na lei lei 3/2018 de medidas fiscais e administrativas (DOG do 28 de decembro de 2018) que aumenta o permiso de maternidade. Ligazón
  • Modificacións da lei do emprego introducidas pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas referentes aos permisos de natalidade e excedencias. Ligazón.

Lei 2/2015 do emprego público de Galiza. Documento consolidado con data 27/12/2021. Ligazon

Catálogo de enfermidades graves. Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave. Ligazón

Orde TMS/103/2019, do 6 de febreiro, pola que se modifica o anexo do Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, e se aproba o modelo de declaración médica sobre a necesidade de coidado continuo do menor. Ligazón

Información da Mesa Sectorial na que se tratou a Orde de permisos e licenzas. Ligazón

CIG Informa sobre a Prevención de riscos laborais no embarazo e a lactación natural. Ligazón

ANEXO IV (Xefatura Territorial). PDF autoeditábel para solicitar os seguintes permisos: Ligazón

PERMISOS

  •  Permiso por lactación 
  •  Permiso polo nacemento de fillos/as que deban permanecer hospitalizados/as
  •  Permiso por matrimonio ou unión de feito 
  •  Permiso por accidente ou enfermidades moi graves 
  •  Permiso por parto 
  •  Permiso por adopción ou acollemento
  •  Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo/a
  •  Permiso por violencia de xénero

 

LICENZAS

  •  Licenza por asuntos propios 
  •  Licenza por enfermidade propia
  •  (I.T.)
  •  Licenza por risco durante o embarazo ou o período de lactación natural
  •  Licenza por estudos 
  •  Licenza para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción humanitaria 
  •  Licenza para supostos de hospitalización prolongada

 

REDUCIÓNS DE XORNADA

  •  Redución de xornada por coidado dun/dunha familiar 
  •  Redución de xornada por coidado de fillo/a menor que padeza cancro ou outra enfermidade grave
  •  Redución de xornada por violencia de xénero
  •  Redución de xornada por garda legal
  •  Redución de xornada por interese particular

 

ANEXO V (Dirección). PDF autoeditábel para solicitar os seguintes permisos: Ligazón

PERMISOS

 

  •  Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun/dunha familiar. 
  •  Permiso por traslado de domicilio. 
  •  Permiso para exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público
  •  Permiso para exames prenatais e preparación ao parto 
  •  Permiso para tratamentos de fecundación asistida
  •  Permisos para o cumprimento de deberes inescusábeis de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis de asistencia a consultas e revisións médicas   
  •  Permiso para asuntos persoais
  •  Imprevistos