Orientación educativa

Normativa reguladora da orientación educativa e a atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Contidos:

ESTRUTURA DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA

Decreto de Orientación. Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autonóma de Galiza (DOG27 de abril de 1998. Ligazón

Orde de Orientación. Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galiza regulada polo Decreto 120/1998. (DOG 31 de xullo de 1998). Ligazón

Departamentos de Orientación en Centros de Educación Especial. Resolución do 22 de decembro de 2004 pola que se ditan instrucións para os departamentos de orientación en CEE. (DOG 04/01/2005). Ligazón 

Circulares de Orientación.

Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, FP e innovación educativa pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galiza. Ligazón

Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galiza. Ligazón

ATENCIÓN A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Decreto de atención á diversidade. Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza nos que se imparten as ensinanzas establecidas na LOE(DOG 21/12/2011) Ligazón

Escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais. Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais.(DOG 30 de xaneiro de 2002). Ligazón

Avaliación do alumnado con necesidades educativas especiais. Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización. (DOG 19/12/1996). Ligazón

Real Decreto de condicións do sistema educativo para o alumnado sobredotado intelectualmente.Real Decreto 943/2003 polo que se regulan as condicións para flexibilizar a duración dos diversos niveis e etapas do sistema educativo para os alumnos sobredotados intelectualmente. Ligazón

Flexibilización da escolarización do alumnado sobredotado intelectualmente. Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibilizar a duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual. (DOG 28/11/1996). Ligazón

NORMAS ESPECÍFICAS PARA A ACTIVIDADE DOCENTE

Adaptacións curriculares. Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. (DOG 07/11/1995) Ligazón
Diversificación curricular. Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria. (DOG 21/08/2007). Ligazón
Alumnado procedente do estranxeiro. Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro. (DOG 26/02/2004). Ligazón

NORMATIVA SOBRE ACCESIBILIDADE E PROTOCOLOS DE ATENCIÓN

Accesibilidade. LEI 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. Ligazón

Protocolos de actuación. Accede á páxina da Consellaría. Ligazón