Destinos provisionais mestres

Convocatoria de destinos provisionais 2017-2018

ORDE do 13 de xuño de 2017 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2017/18 ao persoal do corpo de mestres Ligazón

Resolución Definitiva

Adxudicación por orde alfabética Ligazón 

Adxudicación definitiva Ligazón

Vacantes definitivas Ligazón

Resolución definitiva asinada para o DOG Ligazón

Instrucións para a toma de posesión Ligazón

Resolución Provisional

Listaxe provisional pola orde de adxudicación. Ligazón

Listaxe provisional por orde alfabética. Ligazón

 

De conformidade co disposto na base vixésima segunda, o persoal concursante poderá presentar reclamacións e renuncias á resolución provisoria, no prazo de tres días naturais desde a súa publicación, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Ademais de pola vía ordinaria, a reclamación deberá remitirse por fax ao número 881999241 ou por correo electrónico ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.es. 

Vacantes

Vacantes remitidas pola Xefatura Territorial de A Coruña para a súa negociación: ligazón

Vacantes remitidas pola Xefatura Territorial de Lugo para a súa negociación: ligazón

Vacantes remitidas pola Xefatura Territorial de Pontevedra para a súa negociación: ligazón

Vacantes remitidas pola Xefatura Territorial de Ourense. Ligazón

  • Convocatoria de destinos provisionais 2016-2017

    Convocatoria: Orde do 2 de xuño de 2016 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2016/17 ao persoal do corpo e mestres (DOG 20/06/2016)  Ligazón

    Adxudicación definitiva de destinos provisionais no corpo de mestres (DOG 17/08/2016)   Ligazón

    Anexo: Códigos localidades e centros

    Vacantes provisionais. Publicadas na web da Consellaría. Ligazón

    Listaxe do profesorado interino e substituto. Ligazón

    Prazo de cumprimentación da instancia na web

    O prazo será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

    Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016, o prazo será de tres días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais.

  • Convocatoria de destinos provisionais 2015-2016

    CONVOCATORIA

    ORDE do 9 de xuño de 2015 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2015/16 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2015 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo (DOG 18-6-2015). Ligazón 

    Prazo de presentación de instancias: Até o 8 de xullo incluído.

    Atención profesorado interino e substituto:  Se ordenas as provincias na túa petición o que estás pedindo son todos os centros da provincia(s). Se só queres que che adxudiquen nos centros que ordenas na túa solicitude NON SELECCIONES AS PROVINCIAS.

    Lista de persoal interino e substituto 2015 Ligazón (O prazo de reclamación a esta lista remata o 12 de xullo incluído).

    Destinos provisionais do corpo de mestres. Adxudicación definitiva.

    (31/07/2015) Listaxe de electores

    (31/07/2015) Listaxe de vacantes

    (31/07/2015) Adxudicación definitiva orde alfabético

    (31/07/2015) Adxudicación definitiva orde adxudicación

     

    Destinos provisionais do corpo de mestres. Adxudicación provisional.

     

     

    Listaxe de electores

    Listaxe de vacantes

    Adxudicación provisional orde alfabético

    Adxudicación provisional por orde de adxudicación

    Toda a información sobre o CADP de primaria na seguinte ligazón

    Negociación de Vacantes.
    Lugo

    1ª proposta de vacantes: ligazón

    Modificacións á 1ª proposta de vacantes: ligazón

    Ourense.

    1ª proposta de vacantes: ligazón

    Pontevedra.

    1ª proposta de vacantes: ligazón

    Modificacións á 1ª proposta de vacantes: ligazón

    Datas previstas:

    • Resolución provisional: 30 de xullo.
    • Reclamacións e renuncias: 3 días naturais  (desde a resolución provisional).
    • Resolución definitiva: 28 de agosto.
    • Toma de posesión: 1 de setembro.

    Ligazón para participar (CADP)

    CIG-INFORMA

  • Convocatoria de destinos provisionais 2014-2015

    Resolución definitiva

    DESTINOS PROVISIONAIS POR ORDE ALFABÉTICA. Ligazón  

    DESTINOS PROVISIONAIS POR ORDE DE ADXUDICACIÓN.  Ligazón

    Ligazón para consultar a adxudicación.

    Instrucións para a toma de posesión LIGAZÓN

    Texto da resolución definitiva LIGAZÓN

    Ligazón ao CADP

    Orde do 10 de xuño de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditannormas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2014-2015 ao persoal do corpo de mestres: LIGAZÓN

    Prazo para cubrir a instancia na web:  20 días naturais contados a partir da publicación da orde no DOG.

    Vacantes provisionais: antes do 12 de xullo de 2014 (Cinco días naturais para presentar reclamacións)

    A Consellaría colgou na súa web, na tarde do 4 de agosto, a resolución provisional de destinos para todo o persoal docente que non ten destino definitivo. O prazo de reclamacións será do 6 ao 11 de agosto.

    Resolución provisional. Corpo de mestres.

    Por ode de adxudicación. Ligazón

    Por orde alfabética. Ligazón

    Reclamacións:

    Do 6 ao 11 de agosto ambos inclusive.

    Profesorado do corpo de Mestres: Fax: 881999241. Correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

  • Convocatoria de destinos provisionais 2013-2014
    CONVOCATORIA

    ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2013/14 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2013 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres, e ao que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón

    PARTICIPACIÓN

    Aplicación para participar no CADP: Ligazón

    PRAZO DE PARTICIPACIÓN

    Desde 14 de xuño até o 3 de xullo.

    PRAZOS DE RESOLUCIÓNS

    Resolución provisional o 26 de xullo (publicada na páxina web da Consellaría) Ligazón 

    Resolución definitiva o 31 de xullo.

    LISTAXE DE PARTICIPANTES

    Electoras e electores definitivos (31 de xullo).  Ligazón

    Electores e electoras publicadas o 25 de xullo. Ligazón

    Electores e electoras provisionais (18 de xullo). Ligazón

    RESOLUCIÓN PROVISIONAL

    Adxudicación provisonal por orde de adxudicación

    Adxudicación provisional por orde alfabética

    O prazo de reclamacións e renuncias é de tres días naturales.

    As reclamacións ou renuncias poderán efectuarse a través do fax 881 999 241 ou do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es recomendando como sempre presentación a maiores por calquera rexistro.

    RESOLUCIÓN DEFINITIVA

    Adxudicación no DOG (7 de agosto). Ligazón

    Adxudicación na páxina da Consellaría. Ligazón

    Adxudicación por orde alfabética na páxina da Consellaría. Ligazón

    INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓN

    Instrucións para a toma de posesión e documentos a presentar. Ligazón

    INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA 

    Ligazón

    VACANTES PROVISIONAIS 

    Vacantes presentadas na delegación de A Coruña o 20 de xullo para a súa "negociación": ligazón

    Vacantes publicadas o 25 de xullo. Ligazón

    VACANTES DEFINITIVAS

    Vacantes publicadas o 31 de xullo. Ligazón

    OUTRAS INFORMACIÓNS

    Centros de especial dificultade Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Galiza. (DOG 28/10/2010) Ligazón Correción de erros (DOG 19/11/2010) Ligazón

    Centros con xornada única ou mixta. Listaxe de centros con xornada única ou mixta (actualizado coas últimas incorporacións do curso 2011/12). Ligazón

  • Convocatoria de destinos provisionais 2012-2013

    CONVOCATORIA

    Orde do 5 de xuño pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso 2012-13 (DOG 12-06-12). Ligazón

    PRAZO DE PARTICIPACIÓN

    Vinte días naturais contados a partir da publicación da convocatoria no DOG.

    PRAZOS DE RESOLUCIÓNS

    LISTAXE DE PARTICIPANTES

    Listaxe provisional das mestras e mestres suprimidos, en expectativa de destino e en prácticas coas especialidades que teñen recoñecidas (prazo de reclamación de 10 días naturais a contar desde o venres 22 de xuño. Ligazón

    RESOLUCIÓN PROVISIONAL

    Resolución provisional (publicada na web da Consellaría o 20-07-12). Ligazón

    RESOLUCIÓN DEFINITIVA

    Resolución definitiva (publicada na web da Consellaría o 31-07-12). 

    Listaxe alfabética: Ligazón

    Listaxe por orde de adxudicación: Ligazón

    INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓN

    Instrucións para a toma de posesión e documentos a presentar. Ligazón

    INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLARÍA

    Ligazón

    VACANTES PROVISIONAIS

    Vadantes Provisionais da provincia de A Coruña: Ligazón

  • Convocatoria de destinos provisionais 2011-2012
    TOMA DE POSESIÓN E ELECCIÓN DE ZONAS:

    Instrucións para a toma de posesión do profesorado con destino provisional para o curso 2011/12. Ligazón

    Elección de zonas por parte do profesorado substituto:  Desde o 1 até o 8 de setembro, ambos inclusive, está aberto o prazo para que o profesorado do corpo de Mestres faga a súa solicitude de zona e provincia/-s para a eventual cobertura de substitucións neste curso académico 2011/2012

    ADXUDICACIÓN:

    Resolucion definitiva (DOG 07-09-11): Ligazón  ///  Publicada na web da Consellaría o 30 de agosto. Ligazón 

    Resolucion provisional: publicada o 29 de xullo na páxina web da Consellaría. Ligazón 

    Prazo para reclamacións:  3 días hábiles dende a publicación (até o martes 2 de agosto) 

    APLICACIÓN PARA CONCURSAR

    Ligazón

    CONVOCATORIA

    Convocatoria de destinos provisionais para o corpo de mestres. ORDE do 24 de xuño de 2011 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2011-2012 ao persoal do corpo de mestres. Ligazón

    Corrección de erros da convocatoria. Ligazón

    LISTAXES DE PARTICIPANTES

    Electores/as sen destino definitivo. Listaxe de profesorado do corpo de mestres que, estando obrigado a participar no Concurso Xeral de Traslados 2010/11por non ter destino definitivo, non o obtivo. Ligazón 

  • Convocatoria de destinos provisionais 2010-2011
    Convocatoria

     

    Convocatoria (DOG 17-06-10)

    -Corrección de erros (DOG 21-06-10)

    Información Mesa sectorial 26-5-10. Ligazón


    Participación no concurso.
     

    Ligazón (accédese no apartado "entrar" mediante a conta de correo da xunta e mailo contrasinal da mesma)

     

    Adxudicación DEFINITIVA

    Publicación no DOG (DOG 07-09-10) e (páxina consellaría 30-8-10)

     

    Adxudicación Provisional



    Notas de prensa da CIG previas á adxudicación (21/7/10) e 29/7/10


    Adxudicación por orde alfabética (web consellaría 30-6-10)


    Reclamacións e renuncias á adxudicación provisional: 3 días hábiles desde a publicación da adxudicación provisional (o sábado conta como día hábil).

    Modelo Reclamación á resolución provisional


    Vacantes

    Vacantes provisionais: Ligazón

     

    Prazos Previstos

    Período de concurso: até o 10 de xullo

    Resolución provisional: 30 de xullo de 2010 (previsto)

    Reclamacións e renuncias: 3 días hábiles desde a publicación da adxudicación provisional (o sábado conta como día hábil)

    Resolución definitiva: 30 de agosto de 2010 (previsto)

    Adxudicación definitiva

    Ligazón coa resolución do concurso


    Novidades

     

    Prazas de PT (cód 60) e AL (61) de Secundaria: Base cuarta, apartado c )

    Convocatoria de Mestres: "As especialidades 60 e 61 non se considera que imparten o primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria aos efectos correspondentes". A Consellaría aclarou que tamén se entende a efectos económicos.

    Desde a CIG estamos en desacordo, débese seguir pagando o complemento compensador. Se deixas de percibir este complemento ponte en contacto coa CIG para realizar a correspondente reclamación.

     

    Presentación de varias solicitudes.

    Como norma xeral, o persoal que estea, ou vaia estar, en máis dunha lista de interinidades, debe presentar unha solicitude por cada unha. Para obter destino na especialidade e corpo concreto, haberá que renunciar, no prazo, ao resto de solicitudes presentadas, senón a adxudicación será segundo a orde estabelecida na convocatoria.


    Base 4ª f) mestres.

     O profesorado interino ou substituto que traballou con anterioridade ao 31-agosto-08 pode pedir pola súa especialidade e por “Primaria” (enténdese nunha única solicitude). Para aquel profesorado que accedeu por primeira vez a interinidade ou substitución despois do 31-ago-08 terá que cubrir unha solicitude por cada lista na que estea. (aclaracións: base 4ª e) e f) da convocatoria).



    Comisións de servizo: As/os funcionarias/os do corpo de mestres e secundaria que solicitaroncomisión de conciliación da vida laboral e familiar non poden participar no concurso, pois teráselles en conta a petición de destinos feita na solicitude da comisión. Para o persoal que solicitou comisión de saúde e non ten destino definitivo, pode participar no concurso de destinos provisionais cubrindo outra petición de destinos, por se non é adxudicado dentro dos destinos cubertos na solicitude da comisión de servizos.

    Outras informacións

     

    Códigos de provincias

    Marcar provincia no concurso de destinos provisionais non quere dicir que, como profesor/a interino/a ou substituto/a, optes a esas provincias para as substitucións no curso 10-11. Marcar provincia na solicitude implicará que se non se obtén destino en ningún dos códigos cubertos na solicitude, que che adxudicarán de oficio en calquera centro desa provincia (incluíndo prazas con afíns e itinerantes, se na solicitude así se marcaron).
    Por outra banda, unha vez publicada a adxudicación definitiva deste concurso, a Consellaría habilitará unha aplicación informática para que, se así o desexas, escollas a provincia ou provincias nas que desexes facer substitucións durante o curso 10-11 (de non facelo optas a todas as provincias).



    Entrega por rexistro de solicitudes

    Non hai que presentar por rexistro a/as solicitudes, nin en Mestres nin en Secundaria. A solicitude que se terá en conta será a última que se modifique dentro do prazo. Se fas modificacións da túa solicitude, desde a CIG recomendámosche que presentes por rexistro a solicitude (non o fagas no rexistro do teu centro).



    Especialidades que poden pedir os mestres

    Os funcionarios de carreira do corpo de mestres en expectativa de destino poden participar por todas as especialidades polas que estean habilitados (tamén por “primaria”). Os que aproben no 2010 só poderán pedir pola especialidade que aprobaron.



    Prazas "primaria" para opositores 2009

    Para o profesorado funcionario de carreira que aprobou no 2009, na adxudicación de prazas da especialidade de "primaria" terá prioridade o profesorado que aprobou por esa especialidade (e unicamente nesa especialidade).

    Baixa médica e toma de posesión (profesorado Interino e substituto)

    "Aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta”. Polo tanto, se che adxudican vacante definitiva no concurso de destinos provisionais e estás de baixa médica non podes tomar posesión. Comunica esta situación tanto ao centro adxudicado como ao Departamento territorial correspondente (para que non te borren das listas -por non acudir ao centro- e tamén para que te substitúan mentres dure esa situación).

     

    Maternidade, paternidade, adopción ou acollemento (interinos/as, substitutos/as e parados/as)


    a) Persoal que estea prestando servizos: "aquel persoal que non poida tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por estar gozando do permiso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento reservaráselle o posto mentres dure o permiso. Comunica esta situación tanto ao centro adxudicado como ao Departamento territorial correspondente.

    b) Persoal que non estea prestando servizos e reunise os requisitos para estar gozando do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento: se che adxudican unha praza na resolución definitiva no concurso,tomarás posesión coa finalidade de que os servizos que lle correspondería prestar che sexan recoñecidos para os efectos administrativos. Ponte en contacto co Departamento territorial correspondente antes de "tomar posesión" no centro adxudicado.

    Renuncias e reclamacións á resolución provisional do concurso

     

    Reclamacións

    O prazo de reclamacións á Adxudicación Provisional podes velo na sección anterior de Prazos Previstos. Podes facer a reclamación utilizando o seguinte modelo:

    Modelo Reclamación á resolución provisional


    Renuncias

    O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dunha persoa maior ao cargo, por un contrato de traballo temporal, por enfermidade grave, por ter concedida unha bolsa de estudos,....) debe facelo dentro dos prazos estabelecidos, adxudíquenlle ou non praza na provisional. De non renunciar e, logo serlle adxudicada unha praza na resolución definitiva non poderá renunciar a ela (agás que a causa que xustifique sexa sobrevida ao prazo de renuncias)

  • Convocatoria de destinos provisionais 2008-2009
      

    DESTINOS PROVISIONAIS 2008
    (para o curso 2008-2009)

    PRIMARIA

    SECUNDARIA

    Coa adxudicación do día 12-9-08 en Secundaria a Consellaría de Educación envía ao desemprego a máis de 135 interinos e interinas no ensino. CONCENTRACIÓN MERCORES 17 de setembro ás 11:30 diante da Consellaría de Educación, en San Caetano.

    Prazos Previstos

    • Período de concurso:  11/6/2008 ata o 30/6/2008
    • Resolución provisional: 29 de xullo de 2008
    • Reclamacións e renuncias: 3 días hábiles desde a publicación da Resolución Provisional (os sábados contan). As reclamacións presentaranse perante a Secretaría Xeral da Consellaría.
    • Resolución definitiva: 28 de agosto de 2008.
    • Período de concurso:  18/6/2008 ata o 7/7/2008
    • Resolución provisional: 31 de xullo de 2008
    • Reclamacións e renuncias: 01/09/08-08/09/08 incluídos. 
    • Resolución definitiva: 12 de setembro de 2008, salvo para algúns corpos e especialidades, que será en datas posteriores.

    Os prazos anteriores son con independencia de posteriores prazos para que algúns electores e electoras (comisións de servizo e opositores) poidan rectificar as súas instancias unha vez resoltos estes procesos.

    Antes do 10 de xullo de 2008, a secretaría xeral procederá a publicar as vacantes provisionais que se ofertan neste concurso, reflectindo o seu perfil. As/os interesadas/os terán un prazo de cinco días naturais para formular as reclamacións que entendan oportunas.

    Reclamacións e Renuncias á Resolución Provisional

    RECLAMACIÓNS: O prazo de reclamacións á Adxudicación Provisional podes velo na sección anterior de Prazos Previstos . Pódela facer utilizando o seguinte modelo: Modelo Reclamación á resolución provisional
    RENUNCIAS: O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dun maior, .... ) debe facelo dentro dos prazos estabelecidos, tanto se lle dan como senón na resolución provisional. Polo tanto se na adxudicación provisional non che dan praza e non renuncias, e posteriormente na adxudicación definitiva danche praza non poderás renunciar a ela (agás causa sobrevida ao prazo de renuncias).

    Baixa Médica e Toma de Posesión (profesorado Interino e substituto)

    Segundo a addenda do 11 de xullo de 2006, na súa base décima apartado 3: "aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade ou con permiso de maternidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta. No caso de permiso por maternidade, o tempo transcorrido nesta situación será computable para os efectos administrativos como de servizos efectivos prestados". Polo tanto, se che adxudican vacante definitiva neste concurso e estás de baixa médica ou de permiso por maternidade, non podes tomar posesión. Comunica esta situación tanto á Delegación correspondente como ao centro de adxudicado (para que te substitúan mentres dure esa situación).

    Outras Informacións

    · Profesorado corpo de mestres interino/substituto que aprobe a oposición: Despois das xestións realizadas pola CIG-Ensino comunicóusenos por parte da administración que o profesorado interino e substituto que aprobe a oposición terá, de desexalo, opción a modificar o seu concurso nos 5 días seguintes á publicación da lista de aprobados e aprobadas. Desde a CIG-Ensino consideramos que esta modificación sería suficiente para ter que publicar unha corrección de erros, pero a administración contestou que chegaba coa publicidade desta opción. En conclusión: o profesorado interino ou substituto do corpo de mestres que aprobe a oposición, poderá, se o desexa, modificar o seu concurso unha vez publicada a lista de aprobados.
    -Solicitudes corpo de mestres: Na convocatoria de destinos provisionais de Mestres deste ano non hai que imprimir a instancia nin entregala por rexistro para aquel persoal que a modifique ou a cubra por primeira vez (quen non modifique instancia non ten que facer nada, ao igual que en Secundaria). De todas maneiras desde a CIG-Ensino recomendámosvos que, se modificades a petición ou a facedes por primeira vez, imprimades e entreguedes por rexistro a solicitude (pero tendo en conta que a consellaría terá en conta a última modificación que se faga informaticamente antes do peche da páxina de participación).
    · ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS e ECONOMÍA: O persoal que xa traballou de Administración de Empresas (como interino ou sustituto) figurará nunha listaxe única de Economía e Administración de Empresas. Polo tanto recomendamos que nas solicitudes de destinos provisionais marquedes as prazas das dúas especialidades (suponse que xa as tedes marcadas do concurso anterior). Tamén o persoal que nunca traballou e que se presente á oposición de Economía e non aprobe figurará na listaxe única de Economía e Administración de Empresas, a continuación do persoal que xa traballou de Administración de Empresas.
    · INFORME SUBSTITUTIVO (parte B2) OPOSICIÓNS: Como sabedes a Consellaría modificou a súa proposta inicial sobre os requisitos do persoal que tiña dereito ao informe substitutivo da parte B2 nas Oposicións 2008 grazas ás presións feitas pola CIG-Ensino, recollendo os requisitos que se estabeleceran nas Oposicións do ano 2007. Pero nunha das últimas mesas sectoriais a Consellaria manifestou que para as OPOS 2009 ou ben optaba por non haber informe ou ben,se o había, unicamente sería para aquel persoal con nomeamento de Interino (por suposto, esto habería que tratalo nunha mesa sectorial). Ten en conta isto á hora de restrinxir o teu concurso (renunciar á resolución provisional, escoller provincia, ...).
    · Importante: Instrucións e documentación sobre as tomas de posesión e altas en nómina para o vindeiro curso escolar do profesorado do corpo de mestres, profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional. Subdirección Xeral de Persoal (13/05/2008)