Ensino concertado

  • Acordos en Galiza

    Existen unha serie de acordos para este sector no noso país:

    Homologación Retributiva e das condicións laborais 

    Acordo de Homologación Retributiva co profesorado do Ensino Público, de Incremento dos Equipos Docentes e de incremento da partida de outros gastos

    (Resolución 30 outubro de 2003,D.O.G.do 6 de novembro do 2003)  ; B.O.E. 19 de febreiro do 2004  http://www.boe.es/boe/dias/2004-02-19/pdfs/A08029-08031.pdf):

    A CIG-Ensino está de acordo coa homologación retributiva (e así o ten demostrado asinando un preacordo sobre este concepto). Aínda así, non puidemos asinar este último acordo polo empecinamento da Consellería (coa clara intención de deixarnos fóra) de meter conxuntamente os tres temas. Nós non podemos asumir os outros dous apartados porque supoñen na práctica un incremento das subvencións ao Ensino Privado, mentres observamos un drástico recorte de medios na rede pública e porque, ademais, nin sequera se garante que vaia a repercutir na mellora das condicións de traballo dos/as docentes. Nós propoñiamos que o aumento das plantillas fora ligado á estabilidade no emprego (acordo de recolocación).


    Acordo entre a Consellería de Educación e O. U., as organizacións patronais e as organizacións sindicais do Ensino Privado Concertado da Comunidade autónoma de Galicia, sobre condicións laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino.

    (Resolución do 15 de maio de 2008, D.O.G. do 30 de maio de 2008  http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/0c64b77788f81d13c1257458005eb63d/$FILE/10400D003P011.PDF)

    A CIG-Ensino non asinou este acordo por consideralo peor que outro asinado previamente o 3 de xaneiro de 2008 por todas as organizacións


    Complementos Salariais 

    Acordo sobre complementos salariais para a Comunidade Autónoma de Galicia

    (Resolución de 6 de agosto de 2001, B.O.E. do 24 de agosto de 2001 http://www.boe.es/boe/dias/2001-08-24/pdfs/A32044-32045.pdf ).


    Concertos Educativos 

    Concertos educativos para as ensinanzas de ed. infantil para o curso 2006-2007

    ( Orde do 11 de xullo de 2006, D.O.G. de 20 de xullo de 2006). Ligazón 

    Concertos educativos para as ensinanzas de Educación Infantil para o curso 2005-2006

    (Orde de 10 de xaneiro do 2005, D.O.G. de 14 de xaneiro de 2005). Ligazón 

    Modificación dos concertos educativos.

    (Orde do 4 de agosto de 2006. D.O.G do 11 de agosto de 2006). FALTA LIGAZÓN


    Paga Extraordinaria de Antigüidade 

    Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a  publicación do acordo entre a Consellería e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galiza sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa.

    (D.O.G de 15 de abril de 2005) Ligazón

    Orde de 6 de xullo de 2005 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de Ed. Primaria, Ed Secundaria Obligatoria, Ed Especial, Programas de Garantía Social, Ciclos Formativos de grao Medio e Ciclos Formativos de Grao Superior.

    (DOG 18 de xullo 2005).Ligazón 

    Resolución definitiva do acordo sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa do profesorado de centros privados concertados.

    (Páx. web da Consellería) Ligazón

    Informes da Axencia Tributaria e da seguridade social en relación co acordo sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa do profesorado de centros privados concertados.

    (Páx. web da Consellería).Ligazón


    Concertos en Educación Infantil 

    Orde do 7 de xullo de 2005 pola que se aproban os concertos educativos para as ensinanzas de Ed. Infantil cos centros docentes privados para o curso académico 2005-2006.

    (DOG 18 de xullo 2005) Ligazón 


    Mantemento de Emprego no Sector 

    Acordo entre a Consellería de Educación e O.U., as organizacións patronais e sindicais da ensinanza privada concertada da comunidade autónoma de Galiza, sobre o mantemento do emprego no sector. Acaba de asinarse un novo acordo de vixencia ata o 2009 o pasado día 21 de xullo de 2006.

    Ver máis abaixo ANEXO I


    Acumulación das horas de lactación

    Acordo entre a Consellería de Educación e O. U., as organizacións patronais e as organizacións sindicais (agás a FETE-UGT, que non asinou) sobre a posiblidade de acumular as horas de lactación á baixa por maternidade

    Ver máis abaixo ANEXO II

     


     

     

    Acordo sobre a implantación da nova xornada e calendario escolar para o curso 2007/2008 

    A Consellería de Educación, as organizacións patronais e o resto das organizacións sindicais (a CIG-Ensino non o subscribiu) asinaron un acordo de implantación  do calendario escolar para o curso 2007/2008, desatendendo as demandas polas que se convocou ao persoal do sector a distintas mobilizacións, entre as que se incluíu unha folga. Neste acordo non se recolle ningunha das reivindicacións polas que se convocaron estas mobilizacións.

    Ver máis abaixo ANEXO III

     


     

     

    Acordo sobre o aboamento das substitucións nos meses de verán e o incremento dos módulos para persoal complementario nos centros de autistas

    • Acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado sobre o aboamento das substitucións nos meses de xullo e agosto, así como do incremento do módulo de persoal complementario de Educación Especial das unidades concertadas de autismo ou problemas graves de personalidade. (demanda feita anteriormente pola CIG-Ensino na Mesa Tripartita da Concertada) 



    ANEXO I

    ACORDO ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, AS ORGANIZACIÓNS PATRONAIS E SINDICAIS DA ENSINANZA PRIVADA CONCERTADA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SOBRE O MANTEMENTO DO EMPREGO NO SECTOR.

                Dende o ano 1992 ata o 31 de decembro de 2005, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as Organizacións Patronais máis representativas do sector do ensino privado concertado e as Organizacións Sindicais da ensinanza privada viñeron adoptando unha serie de medidas a prol do mantemento do emprego no sector do ensino privado concertado da nosa Comunidade.

                Como consecuencia da reducción do número de unidades concertadas que se contemplen nas ordes anuais polas que se aproban ou modifican os concertos educativos na Comunidade Autónoma de Galicia, ou da extinción do concerto educativo cos centros docentes privados, preténdese adoptar unha serie de medidas para o mantemento do emprego no sector.

                Por todo iso as partes mencionadas deciden subscribi-lo presente Acordo, coas seguintes

    C L Á U S U L A S:

    Primeira

                O presente Acordo será de aplicación ao profesorado dos centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean incluídos no sistema de pago delegado e que perdesen o seu posto de traballo como consecuencia da reducción do número de unidades ou da extinción do concerto educativo do seu centro, sempre e cando dita extinción ou reducción de concerto non sexa imputable ao centro.

     

    Segunda

                1. O profesorado ao que se fai referencia no punto anterior, afectado pola aplicación das ordes de ........... e as ordes anuais polas que se aproban ou modifican os concertos educativos, poderán solicitar a súa inclusión no Censo de Profesores Afectados sempre que reúnan as seguintes condicións:

                a) Solicita-la inclusión no Censo, no prazo e forma que se determine pola Comisión de Seguimento, aceptando de forma expresa a publicidade dos seus datos persoais, laborais e académicos a efectos de recolocación.

                b) Estar incluído na nómina de pago delegado e continuar nela en virtude de contrato laboral fixo, indefinido ou temporal, cun horario non inferior a doce horas lectivas da xornada laboral semanal vixente (ou en excedencia forzosa segundo os supostos previstos no convenio colectivo vixente), dende setembro de 2003, como mínimo.

                2. Tamén serán admitidos no Censo os substitutos de mestres en situación de excedencia forzosa que proveñan de Lista de profesores afectados creada por anteriores Acordos.

    Terceira

                A vixencia do presente Acordo para que os centros e os profesores poidan acollerse rematará o 31 de agosto de 2009.

    Cuarta

                Poderán acollerse ao presente Acordo de recolocación os centros privados concertados que  para o curso académico 2006-2007:

    -         Conten con doce (12) ou máis unidades concertadas de educación primaria e a súa ratio profesor/unidade, no curso 2005-2006, non fora superior a 1"36 e que non superen a ratio de 1’44.

    -         Conten con 4 (catro) ou máis unidades concertadas de educación secundaria obrigatoria e non superen a ratio profesor/unidade de 1,60.

                Os centros que reúnan estes requisitos poderán contratar a profesores incluídos no censo de profesores afectados cando se produza a xubilación parcial dun docente, asumindo a Administración educativa o custo ata contemplar a xornada laboral de 25 horas do relevista mentres non se produza a xubilación total do relevado.

                Así mesmo, naqueles centros ós que se lle reducisen unidades concertadas como consecuencia das mencionadas ordes, pola que se aproban ou modifican os concertos educativos, os profesores afectados poderán continuar no mesmo centro, sempre e cando non superen a ratio profesor/unidade establecida para cada nivel educativo indicado neste punto.

                Os incrementos que se produzan nos centros que se acollan ao presente Acordo, serán a conta do incremento dos equipos docentes que se establezan.

    Quinta

    As condicións que deberán cumprir os centros privados concertados e o profesorado, así como a ratio da que poderán dispoñer os centros, que para os cursos 2007-2008 e 2008-2009 queiran acollerse a este Acordo serán determinadas a través das correspondentes addendas.

    Sexta

                Os profesores que se recoloquen en virtude do presente Acordo pasarán a formar parte, a tódolos efectos, dos cadros de persoal do centro.

    Sétima

                O procedemento que deberán seguir os titulares dos centros, así como os profesores afectados pola redución de unidades concertadas, para acollerse ás medidas reguladas no presente acordo son as seguintes:

                1.- O titular do centro deberá remitir á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa os datos do profesor afectado pola extinción do seu contrato de traballo. No caso de que poida permanecer no propio centro, deberá comunicar dita circunstancia.

                De ser o caso, o empresario virá obrigado a solicitar autorización para a extinción dos contratos de traballo conforme o procedemento de regulación de emprego previsto no E.T. Cando este trámite sexa preceptivo, o empresario deberá remitir á Comisión de Seguimento copia da resolución da autoridade laboral autorizando a extinción de contratos de traballo.

                2.- O profesor afectado remitirá á Comisión de Seguimento, no prazo e segundo o modelo que esta determine, solicitude de incorporación ó Censo de Profesores Afectados regulado no Apartado 1 da cláusula SEGUNDA do presente Acordo.

                3.- A Comisión de Seguimento comprobará o cumprimento dos requisitos esixidos no Acordo para a inclusión do traballador no Censo de Profesores  Afectados.

    Oitava

                As extincións de contrato non afectarán á estrutura pedagóxica do centro, debéndose garantir a implantación completa do vixente plano de estudios, polo tanto, se o profesor ó que se lle tivera que extinguir o contrato de acordo cos criterios regulados neste punto estivera en posesión dalgunha das especialidades imprescindibles para a organización pedagóxica do centro, deberá pasarse ó seguinte docente en aplicación dos criterios prioritarios que se sinalan:

                a) Aquel que o solicite voluntariamente.

                b) O profesor que teña contrato temporal

                c) O profesor con menor antigüidade no centro.

    Novena

                O persoal docente que, como consecuencia das ordes ........ anuais polas que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados, perda o seu posto de traballo e se inclúa na Lista de recolocación percibirá unha indemnización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ata un importe máximo de 1"5 veces da cantidade pagada por FOGASA.

                O traballador afectado deberá aceptar a citada indemnización entendéndose que renuncia a reclamar ningún outro importe por este mesmo concepto.

    Décima

                Serán excluídos da Lista de Recolocación:

                a) Aqueles profesores que rexeiten a oferta de traballo nalgún centro concertado incluído no ámbito do presente Acordo.

                b) Os profesores que se acollan voluntariamente á xubilación.

                c) Os profesores que deixen de percibir a prestación por desemprego por seren contratados por tempo indefinido.

    Décimo primeira

     

    Continúese unha Comisión de Seguimento presidida pola Directora Xeral  de Ordenación e Innovación Educativa, ou persoa en quen delegue, e da que formarán parte funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os representantes das organizacións asinantes do presente acordo, co obxecto de velar polo cumprimento do previsto nel, así como para o control e publicidade do procedemento que deberán seguir os titulares dos centros e os traballadores afectados pola reducción total ou parcial de unidades concertadas.

    Entre outras, a Comisión de Seguimento terá as seguintes funcións:

    a) Organiza-lo seu propio funcionamento.

    b) Interpreta-lo contido deste Acordo.

    c) Elaboración e seguimento do censo de centros e unidades afectadas.

    d) Elaboración e seguimento do Censo de Profesores Afectados.

    e) Facilitar información continuada aos titulares dos centros e aos profesores afectados.

    f) Resolver a recolocación do profesorado.

    Décimo segunda

                Ao presente acordo poderán adherirse outras organizacións educativas con presenza no sector do ensino privado concertado.

    Décimo terceira

                As discrepancias na interpretación do presente Acordo decidiranse no seo da Comisión prevista na Cláusula DÉCIMO PRIMEIRA. En caso de conflito entre as partes, ou que non poida ser resolto por dita Comisión, dado o carácter administrativo do presente Acordo, coñecerá a xurisdición do Contencioso-Administrativo da súa interpretación e efectos.

    Disposición adicional única

                A eficacia deste Acordo queda supeditada á tramitación legalmente necesaria e, en

    concreto, á autorización polo Consello da Xunta.

    Santiago de Compostela,

     


     

     ANEXO II

    ACORDO SOBRE A ACUMULACIÓN DAS HORAS DE LACTACIÓN NOS CENTROS DOCENTES PRIVADOS CONCERTADOS.

     

                O Boletín Oficial do Estado do 17 de xaneiro de 2007 publicou o “V CONVENIO COLECTIVO DE EMPRESAS DE ENSINANZA PRIVADA SOSTIDAS TOTAL OU PARCIALMENTE CON FONDOS PÚBLICOS”.

                O artigo 40 do antedito Convenio Colectivo recoñece aos traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, o dereito a unha hora retribuída de ausencia do traballo e, así mesmo, establece que o persoal en pago delegado poderá acumular o tempo de lactación sempre que exista un acordo entre a Administración Educativa e as Organizacións Patronais e Sindicais.

                Polo anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autónoma de Galicia adoptan o seguinte

     

    A C O R D O :

     

                ACUMULACIÓN DAS HORAS DE LACTACIÓN

     

                A Administración Educativa asumirá o custo das substitucións do profesorado en nómina de pago delegado derivadas da acumulación das horas de lactación previstas no artigo 40 do V Convenio Colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos ata un máximo de 28 días naturais.

                No caso de parto múltiple, o permiso ampliarase en 28 días máis por cada fillo a partir do segundo.

                As solicitudes de autorización de ditas substitucións deberán ser formuladas pola titularidade do centro privado concertado ante a Delegación Provincial correspondente con, alomenos, quince (15) días naturais de anticipación á data de efectividade de disfrute do traballador.

                Cando sobre a devandita solicitude recaia resolución expresa, a titularidade do centro privado concertado seguirá os mesmos trámites que para o resto de solicitudes de substitucións.

                Este Acordo será de aplicación a partir do 1 de setembro de 2007.

                O persoal docente que, á entrada en vigor deste Acordo, estea gozando da hora diaria de ausencia ao traballo por ter un fillo menor de nove meses poderá solicitar a súa acumulación nos días que proporcionalmente lle corresponda.

     

    Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2007

     


     

       ANEXO III

     

    TEXTO DO ACORDO ASINADO SOBRE A APLICACIÓN DO CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2007/2008

     

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CC.OO. e USO e as organizacións patronais CECE, Educación e Xestión e ACES-Galicia

     

    ACORDAN

     

             A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais e patronais asinantes chegan ao seguinte acordo sobre a aplicación do calendario escolar para o curso 2007/2008, así como os demais aspectos sinalados nos seguintes parágrafos.

     

    Primeiro.- Para o curso académico 2007/2008 o calendario escolar dos centros docentes sostidos con fondos públicos, será o regulado pola Orde do 9 de abril de 2007 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 16 de abril.

    Segundo.- En aplicación do calendario escolar para o curso académico 2007/2008, garantirase que o alumnado terá a mesma xornada horaria durante todo o curso.

    Terceiro.- Segundo se recolle nos artigos 9º ao 11º da Orde do 9 de abril de 2007, os centros educativos poderán solicitar unha modificación da xornada escolar, en canto á súa distribución. Esas posibles modificacións para os meses de setembro de 2007 e de xuño de 2008, serán dirixidas ás Delegacións Provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que se reúnan os seguintes requisitos:

    a)     Petición expresa, formulada pola dirección do centro educativo previo acordo do Consello Escolar, adoptado por maioría simple.

    b)    Indicación do horario escolar que se desenvolverá durante os meses de setembro de 2007 e xuño de 2008, cunha xornada, con carácter xeral, de cinco horas diarias.

    Cuarta.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará esa modificación da xornada para setembro e xuño sen máis trámite que a solicitude.

    Quinta.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, valorará cos sindicatos e as organizacións patronais, antes de rematar o curso 2006-2007, as impricacións da reorganización da xornada de traballo do persoal docente.

    Sexta.- En relación co anterior, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria negociará a adecuación das ratios dos centros privados concertados con ensinanzas de educación infantil e educación primaria.

    Sétima.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria negociará, ao longo do primeiro trimestre do curso 2007-2008, unha flexibilización dos requisitos necesarios na tramitación e concesión da xornada lectiva en sesión única de mañá.

    Oitava.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará periodicamente a Comisión Tripartita do Ensino Concertado co obxecto de dar a coñecer con antelación suficiente os proxectos de normativa que afecten ao sector da concertada para que as partes impricadas desde a información previa colaboren coas oportunas suxestións.

    En virtude deste acordo, a Comisión Tripartita do Ensino Concertado reunirase nun prazo de 30 días para comezar a abordar os puntos deste acordo e as reivindicacións pendentes.

    Novena.- En base a este acordo, as organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CC.OO. e USO desconvocan a folga prevista para o día 9 de maio de 2007.

    Décimo.- Constituirase unha comisión de seguimento que velará polo cumprimento do reflictido no presente acordo.

     

    Santiago de Compostela, 7 de maio de 2007


    Aportamos as ligazóns coa nosa páxina web sobre a valoración da CIG-Ensino da xornada de folga, da sinatura do acordo e do estado actual das negociacións:

    Valoración da folga:  http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=917(11)http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=917(11)

    Valoración do acordo: http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=936(11)http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=936(11)

    Varoración sobre as negociacións actuais en Galiza: http://www.cig-ensino.com/descargas/01153.pdf

     


     

    ACORDO ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E AS ORGANIZACIÓNS PATRONAIS E SINDICAIS DO ENSINO PRIVADO CONCERTADO SOBRE O ABOAMENTO DAS SUBSTITUCIÓNS NOS MESES DE XULLO E DE AGOSTO, ASÍ COMO DO INCREMENTO DO MÓDULO DE PERSOAL COMPLEMENTARIO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DAS UNIDADES CONCERTADAS DE AUTISMO OU PROBLEMAS GRAVES DE PERSONALIDADE.

                            A circular 2/2001 da  Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se ditan instrucións sobre o réxime de pagamento dos concertos educativos establece, no seu punto 5, apartado c), que as substitucións aboaranse durante o curso e ata a incorporación do titular e, en todo caso, ata o 30 de xuño. Por conseguinte non se están aboando substitucións durante os meses de xullo e agosto. 

                Á vista da lexislación vixente, procede modificar a citada circular no sentido de aboar as substitucións durante o curso escolar, asumindo o custo das substitucións do profesorado en nómina de pago delegado durante os meses de xullo e agosto, sempre que a vacante se produza antes do 16 de xuño de cada ano, xa que o punto 5, apartado b) da mesma circular establece que non se admiten altas de substitutos cunha duración inferior a 15 días. 

    Polo tanto, o profesor substituto permanecerá en pago delegado ata a incorporación do titular da praza ou calquera outra circunstancia que dea lugar a extinción do seu contrato de traballo, e non como se facía con anterioridade ata o 30 de xuño. 

                Por outro lado, a Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia  é consciente da especial dificultade que supón a atención ao alumnado con autismo ou problemas graves de personalidade, polo que cómpre revisar o módulo de persoal complementario aplicable a estas unidades concertadas  coa finalidade de que os centros dispoñan dos recursos suficientes para unha adecuada atención deste alumado.

                 Polo anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autónoma de Galicia adoptan o seguinte

    A C O R D O :

     1º) ABOAMENTO DAS SUBSTITUCIÓNS NOS MESES DE XULLO E AGOSTO.

                            Modifícase o apartado 5, letra c) da Circular 1/2003, que queda redactado da forma seguinte:

                 “A Administración Educativa aboará as substitucións durante o curso escolar, asumindo o custo das substitucións do profesorado en nómina de pago delegado durante os meses de xullo e agosto, sempre que a vacante se produza antes do 16 de xuño de cada ano.

     O profesor substituto permanecerá en pago delegado ata a incorporación do titular da praza ou calquera outra circunstancia que dea lugar a extinción do seu contrato de traballo”.

     2º) MODIFICACIÓN DO MÓDULO DE PERSOAL COMPLEMENTARIO APLICABLE ÁS UNIDADES CONCERTADAS DE AUTISMO OU PROBLEMAS GRAVES DE PERSONALIDADE.

    O módulo de persoal complementario das unidades concertadas de autismo ou problemas graves de personalidade queda fixado en 22.750,78 euros anuais.

    3º)  ENTRADA EN VIGOR.

           Este acordo será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2008.

     


     

     

              ANEXO V  

    PREACORDO ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, AS ORGANIZACIÓNS PATRONAIS E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DA ENSINANZA PRIVADA CONCERTADA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SOBRE CONDICIÓNS LABORAIS PARA OS ANOS 2008, 2009 E 2010, E A CALIDADE DO ENSINO.

     

    Reunidas as partes mencionadas ás 17 horas do día 12 de marzo de 2008 na Consellería de Educación, en Santiago de Compostela, e tras unha serie de reunións previas, deciden subscribir o presente preacordo.

     

    A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, no seu artigo 117, apartado 4 establece que se posibilitará a equiparación gradual da remuneración do persoal docente do ensino privado concertadocoa do profesorado público das respectivas etapas. Neste senso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Organizacións Patronais e Sindicais da ensinanza privada concertada consideran oportuno dar pasos para camiñar cara á citada equiparación.

     

    Por outra banda, o citado artigo no seu apartado 7 establece a posibilidade de establecer medidas para os centros privados concertados que escolaricen alumnos con necesidade específica de apoio educativo en proporción maior á establecida con carácter xeral ou para a zona en que se localicen.Por este motivo se establecen no presente preacordo medidas relacionadas coas unidades de educación especial e con centros que escolaricen alumnos con necesidades educativas especiais, que supoñan unha mellora na calidade do ensino destes alumnos e alumnas.

     

     

    Tendo en conta o anterior, este preacordo conta coas seguintes

     

     

    CLÁUSULAS:

     

    Primeira

    O presente preacordo será de aplicación ao profesorado en pago delegado e aos centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia a partires das datas sinaladas en cada caso e ata decembro de 2010.

     

     

    Segunda

    Acórdase facer frente por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao pago dos atrasos do ano 2006, derivados do incremento do módulo estatal por enriba do previsto pola Comunidade Autónoma Galega para ese ano.

     

     

    Terceira

    Con carácter xeral as nóminas do profesorado en pago delegado experimentarán os seguintes incrementos nos anos 2008, 2009 e 2010: por unha parte á subida que marquen os orzamentos do estado nos módulos correspondentes, por outra parte un incremento interanual do 2% no Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma (CRCA) e ademais os incrementos de 60 € brutos mensuais (14 pagas) no ano 2008, de 45 € brutos mensuais no ano 2009 e de outros 45 € brutos mensuais no ano 2010 para todo o profesorado en pago delegado e xornada completa. Este último incremento será reducido proporcionalmente no caso de que o profesorado implicado non complete horario de traballo en pago delegado.

    En todo caso, o CRCA do profesorado licenciado do primeiro ciclo da ESO será axustado de xeito que o salario deste profesorado non supere ao do profesorado licenciado do segundo ciclo da ESO. Para este fin constituirase una comisión de seguimento deste acordo que determinará o CRCA do profesorado licenciado do primeiro ciclo da ESO.

     

     

    Cuarta

    As ratios máximas profesor/unidade serán, coa vixencia indicada en cada caso, as seguintes:

     

    • Educación Infantil: Tramitarase no primeiro trimestre do ano 2008 unha ratio de 1,04 que será efectiva trala aprobación polo Consello da Xunta e publicación no DOG e sen carácter retroactivo. A partir do 1 de setembro de 2008 a ratio para este nivel educativo será de 1,08. As novas ratios supoñen un incremento de 0,04 e 0,08 puntos respectivamente.

     

    • Educación Primaria: Tramitarase no primeiro trimestre do ano 2008 unha ratio de 1,40 para centros de ata 6 unidades de primaria (incluidos os de 6) que será efectiva trala aprobación polo Consello da Xunta e publicación no DOG e sen carácter retroactivo. Mantense a ratio de 1,36 para o resto de centros. A nova ratio supón un incremento de 0,04 puntos para os centros citados.

     

    • Educación secundaria: A nova ratio será de 1,56 para centros de ata 4 unidades de ESO (incluidos os de 4) a partir do 1 de setembro de 2008. Mantense a ratio de 1,52 para o resto de centros. A nova ratio supón un incremento de 0,04 puntos para os centros citados.

     

    • Educación Especial: Tramitarase no primeiro trimestre do ano 2008 unha ratio de 1,08 que será efectiva trala aprobación polo Consello da Xunta e publicación no DOG e sen carácter retroactivo. A partir do 1 de setembro de 2008 a ratio para este nivel educativo será de 1,12. As novas ratios supoñen un incremento de 0,08 e 0,12 puntos respectivamente.

     

    Ademais iguálase o complemento do módulo de persoal complementario de autistas ou alumnado con problemas graves de personalidade ao de plurideficientes.

     

    A modificación das ratios indicadas está supeditada a que por parte da patronal se tomen as medidas oportunas para que, dentro da xornada do persoal docente, as actividades lectivas do profesorado se reduzan a un máximo de 24 horas lectivas semanais nas etapas de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria (incluindo aos profesores que presten a súa xornada completa en pago delegado entre os niveis de Primaria e ESO) o 1 de setembro de 2008. Para o profesorado que imparte exclusivamente na ESO, esta reducción a 24 horas lectivas semanais farase efectiva o 1 de setembro de 2010.

     

     

    Quinta

    Para o caso dos centros que escolaricen alumnos con necesidades educativas especiais(segundo o establecido no artigo 73 da Lei 2/2006 do 3 de maio: “aquel que requira, por un periodo da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conducta”) destinarase un máximo de 300.000 € en cada un dos anos 2008, 2009 e 2010 para empregar en medidas de atención á diversidade (modificación puntual de ratios, contratación de coidador/a, etc…). O procedemento e os criterios para a dotación destes recursos adicionais desenvolveranse nunha orde específica, que se levará previamente á Comisión Tripartita do Ensino Concertado.

     

     

    Sexta

    A administración comprométese a revisar o presente preacordo non máis tarde do mes de setembro de 2010, mediante a convocatoria da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado coa finalidade, entre outras, de mellorar as ratios e avanzar no proceso de homologación.

    Disposición adicional única

    A eficacia deste preacordo queda supeditada á tramitación legalmente necesaria e, en concreto, á autorización polo Consello da Xunta.

     

    Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2008