Ensinanzas de persoas adultas

Organización educativa: ensinanza de persoa adultas

Contidos:

NORMATIVA BÁSICA

Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos.(DOG 06/08/1992). Ligazón

Ordenación Xeral das ensinanzas de persoas adultas. Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros. (DOG 13/04/1999). Inclúe modificación dada polo Decreto 126/2008 , de 19 de xuño. (DOG 23/06/2008). Ligazón

ORDENACIÓN DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

Estrutura e currículo da ensinanza básica para persoas adultas. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a EDUCACIÓN básica para as PERSOAS ADULTAS e se estabelece o seu currículo en Galiza.(DOG 23/07/2008). Ligazón

Ordenación do Bacharelato para persoas adultas. Modalidade presencial.

Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regulan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas pola modalidade presencial na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 32/07/2009). Ligazón

Circular 8/2011 pola que se ditan instrución sobre a organización e o funcionamento dos centro de EPA e os IES nos que se imparten as ensinanzas básicas para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2011/12. Ligazón  

Circular 3/2021,
para a organización e posta en funcionamento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, nos IES e centros EPA autorizados para impartilas, curso 2021-2022. Ligazón 

Circular 4/2021, pola que se ditan Instrucións sobre a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos IES que impartan ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2021-22 . Ligazón

ORDENACIÓN DAS ENSINANZAS A DISTANCIA

Ordenación da Educación Secundaria a distancia . Orde do 25 de xuño de 1999 pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas na modalidade de educación a distancia no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galiza. (DOG 12/07/1999). Ligazón

Ordenación do Bacharelato a distancia. Orde do 26 de abril de 2007 pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de bacharelato para adultos a distancia na Comunidade Autónoma de Galiza. (DOG 08/05/2007). Ligazón  

REDE DE CENTROS DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DE ADULTOS

Rede de centros. Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se autorizan as ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, en centros específicos de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 21/06/2010). Ligazón

EDUCACIÓN DE ADULTOS EN CENTROS PENITENCIARIOS

Rede de centros. Decreto 116/2007, do 31 de maio, polo que se crean centros públicos de educación e promoción de adultos con sede nos centros penitenciarios de Galiza.(DOG 15/06/2007). Ligazón

Autorización de ensinanzas. Orde do 26 de xuño de 2007 pola que se autorizan as ensinanzas de educación para persoas adultas en centros de educación e promoción de adultos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con sede en institucións penitenciarias. (DOG 26/07/2007). Ligazón

INSTRUCIÓNS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24. Ligazón
RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23. Ligazón