Publicado no DOG a orde do calendario escolar

A CIG-Ensino lamenta que a Consellaría siga a superar o mínimo de 175 días que marca o LOMLOE

A CIG-Ensino na mesa sectorial celebrada o 12 de marzo na que se negociaba esta orde, propuxo que ao non coñecer aínda os días feriados que decretará a Xunta, e tendo en conta que o 17 de maio cae a sábado, se recolla a posibilidade dun terceiro día non lectivo a escoller polos centros escolares no caso de que unha festa laboral autonómica coincida en día non lectivo, para que así a cifra de 175 sexa o tope, a Consellaría non tivo en conta a nosa proposta. Compre recordar que a carga horaria de horas e días lectivos, tanto para o alumnado como para os docentes está por riba, en ambos casos, da media europea.

A CIG-Ensino tamén considera insuficiente a ampliación do período de adaptación en Infantil.

No borrador que pasou pola mesa sectorial era de tres días e agora na publicación da orde no DOG se amplía a 5, até o 17 de setembro.

A incorporación gradual do alumnado aos centros educativos é unha necesidade do alumnado na educación infantil e os días que se precisen deben ser marcados polas mestras e mestres  en función do propio alumnado, e nunhca debe estar condicionada polas necesidades familiares.

Modificación dos horarios do profesorado que atende a alumnado que finaliza a estancia nos centros antes de fin de curso.

Por outra banda, nos posíbeis cambios de horario do profesorado unha vez que se deixan de impartir módulos e materias antes da finalización do curso, a publicación da orde que regula o calendario recolle unha das peticións que fixo a CIG ensino, xa que introduce non só que se debe respetar a quenda, senón que tamén a distribución horaria, sen prexuizo dun acordo entre a dirección e o profesor ou profesora. Unha medida necesaria para facilitar a conciliación do profesorado. 

Conmemoracións.

O sindicato segue botando en falta que a Consellería de Educación non promova a conmemoración do 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega, como recoñecemento da nosa memoria, lembrando a loita contra a represión franquista e a loita polos dereitos da clase traballadora galega. Como tamén lamenta que non se fixe unha data concreta para a conmemoración da diversidade afectivo-sexual.

Volver