Concurso Xeral de Traslados 2015-2016

Toda a información e seguimento do Concurso de Traslados dos Corpos de Secundaria 2015/2016

Convocatoria

Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (DOG 19-1-2016) Ligazón

Resolución definitiva no DOG (DOG 9-5-2016) Ligazón

Vacantes definitivas (DOG 9-5-2016) Ligazón

Instrucións para a toma de posesión do profesorado


Publicada a resolución provisional (10-3-2016)  Ligazón

Información da Consellaria sobre periodo de renuncias e reclamacións

De acordo co establecido na base vixésimo oitava, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será desde o venres día 11 ao luns 21 de marzo, ambos incluídos.

Datas

Información sobre as posíbeis datas da resolución provisional Ligazón

Vacantes

LIGAZÓN ás vacantes publicadas pola Consellaría na súa páxina web por corpos e especialidades

Información previa sobre as propostas de vacantes facilitadas pola Consellaría e xubilacións Ligazón

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (Do 20/01/2016 ao 05/02/2016) Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

Recordamos que no CXT é necesario presentar as solicitudes por rexistro.  

LIGAZÓN PARA PARTICIPAR

Instrucións para o profesorado que teña destino fóra da comunidade Ligazón

CIG-INFORMA coa posición da CIG-Ensino na Mesa Sectorial Ligazón

Inclúe información sobre o baremo, as puntuacións mínimas na adxudicación no 2014-2015 e profesorado en expectativa, suprimido...no curso 2015-2016. 

CIG-INFORMA cos criterios de baremación Ligazón

Vacantes

Aquí podedes consultar as propostas de vacantes e tamén as xubilacións de profesorado de 2014, 2015 e 2016. Así como o cadro resumo DEFINITIVO coa totalidade das xubilacións por provincias e especialidade e os listados dos centros onde se produciron Ligazón

Volver