Publicado o VIII convenio colectivo estatal de centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos

A CIG-ensino non subscribiu este VIII convenio por non dar resposta ás demandas salariais e laborais dos traballadores/as do sector e por carecer de negociación real e avances, unha vez máis, que recoñezan a profesionalidade do persoal traballador

No BOE do 18 de abril do 2024 publicouse este VIII convenio asinado por parte das patronais do sector ACADE e CECE e as OO.SS de CCOO, UGT e USO, que dende CIG-Ensino non subscribimos, xa que, non só non dá resposta ás demandas salariais, sociais e laborais dos traballadores/as do sector, senón que careceu de negociación real e avances, unha vez máis, que recoñezan a profesionalidade, responsabilidade e formación do persoal traballador.

Para a CIG-Ensino supón prorrogar o VII convenio ( igual pasou co VI asinado en 2020) que xa non asinou e denunciou por precario, pois estas son as únicas modificacións feitas no mesmo:

1º - Unha vixencia do mesmo até decembro de 2025. Rematara o anterior o 31/12/2021.

2º - Unha adaptación legal á normativa actual (modificacións Estatuto Traballadores/as,  Lei de Igualdade, R.D Lei 5/2023 referidos a licenzas e permisos, así como contratacións) regulada dende a sinatura do VII convenio(2020), que xa é de obrigado cumprimento por Lei , para que Inspección de Traballo autorice a publicación do novo convenio no BOE.

3º- Proposta salarial sen retroactividade, aumentando a perda de poder adquisitivo acumulado e sen garantir o futuro, ao carecer de cláusula de revisión e garantía salarial pola desviación do IPC. A proposta asinada foi a seguinte:

Táboas salariais 2022  -  “CONXELACIÓN SALARIAL”, só subas adaptación SMI (1000€).

Táboas salariais 2023  - Suba do 4%, adaptación SMI (1080€) e aplicación dun diferencial salarial para as categorías de instrutor, oficial de administración y oficial de 1ª, para non pillalos o SMI.

Táboas salariais 2024  - Suba do 3,5% e adaptación SMI (1.134€).

Táboas salariais 2025  - Suba do 3,5% e adaptación ao SMI.    

Hai que recordar que desde a sinatura do VI convenio (ano 2013) ate estas táboas a perda acumulada de poder adquisitivo foi do 7,1%. Agora o 2022 cerrou cun IPC do 5,7% e o 2023 do 3,1%, o que fai que esta perda acade o 4,8% máis, chegando a depreciarse os salarios o 11,9%, nesta última década.

Onde está a suba salarial para recuperar poder adquisitivo perdido ou manter o futuro?

Seguimos acumulando perdas de poder adquisitivo, e o que é peor, en salarios dos máis precarios dentro do sector da ensinanza.

Propostas básicas defendidas pola CIG-Ensino na negociación

En primeiro lugar, insistir no emprego dunha linguaxe non sexista en toda a redacción do texto, empregando termos neutros e ambos xéneros cando isto non sexa posible. 

En segundo lugar, adaptación do texto ao recolleito na normativa laboral vixente que entrou en vigor logo da negociación e/ou publicación do VII convenio en vigor.

1.- Introducir SUBROGACIÓN empresarial de todos os/as traballadores/as.

2.- Recuperación salarial e de poder adquisitivo: retroactividade co IPC para as táboas 2022 e 2023, aplicando unha suba do 5% lineal cada ano segundo o salario medio estatal, para así non seguir aumentando a brecha salarial entre salarios máis altos e máis baixos ( sobre 100€/ mes). O 2024 subida lineal de 105€/mes para os salarios inferiores ao salario medio estatal anual (2.100€) é dicir, dun 5% lineal. Neste ano 2024 aplicar cláusula de garantía salarial pola desviación futura do IPC, garantindo o mesmo se queda por enriba e se non recuperando parte do IPC perdido. Igualar, por arriba,os salarios das mesmas categorías nas 2 seccións, A e B, das táboas salariais, ao remate do convenio. Aplicar o SMI a aqueles que estean por debaixo.

3.- Redución da xornada laboral a 35 horas semanais dos grupos II e III. Os docentes máximo 30h. lectivas e o resto non lectivas, para preparación materiais e de clases, dentro das súas horas máximas semanais.

4.- Eliminación dos descontos en caso de incapacidade temporal por enfermidade común, profesional ou accidente laboral e non laboral durante todo o tempo da baixa.

5.- Plus de festividade ( 35% máis de salario). Plus de transporte (mínimo á parcialidade).

6.- Recoñecemento de enfermidades profesionais, propias e relacionadas co sector.

7.- Días de permiso por asuntos propios ( para temas administrativos, titorías escolares,…).

8.- Permiso retribuído polo tempo necesario para asistir a consultas médicas o traballador/a, fillos/as menores de idade (acollidos/as) e familiares maiores ou dependentes.

9.- Reserva do posto de traballo durante o primeiro ano nas excedencias voluntarias, e durante toda a vixencia das mesmas, naquelas por coidado de fillo/a, ou por coidado de familiar ou persoa dependente a cargo que convivan co traballador/a. a duración máxima destas tres modalidades de excedencias será de cinco anos.

10.- Dereito á redución de xornada para maiores de 55 anos. Xubilación parcial.

11.- Melloras na conciliación familiar e laboral: maternidade, paternidade, lactancia, flexibilidade xornada e redución de xornada por coidados a menores e maiores a cargo,…                                                       

12.- Adaptación e mellora da clasificación profesional. (profesor auxiliar extinguir).

13.- Regular as horas extraordinarias (mínimo ao 150%).

14.- Medidas reais de igualdade: plans de igualdade.

Cronoloxía desta "negociación" do VIII Convenio:

Denuncia do mesmo o 29 de setembro de 2022 e Constituíuse a mesa negociadora o 28 de novembro de 2022. Logo a 1ª mesa negociadora o 17 de xaneiro de 2023, rematando coa  sinatura do VIII convenio o 18 de xaneiro de 2024 na 12ª mesa negociadora.

Isto amosa, ás claras: falta de negociación, imposición patronal e entreguismo e pactismo dos sindicatos estatais, que contrasta co modelo reivindicativo, combativo e participativo da CIG-Ensino. Por todo isto, o camiño é un marco galego de negociación, e previo a organización sindical nas escolas do sector coa CIG.

  • Táboas salariais

    Confeccionadas en 14 pagas

    Sección A: Aplicables a centros de Ensinanzas Especializadas e Regradas de carácter profesional  (Perruquería e Estética)                
    2022 (0%) 2023 ( 4%) 2024 (3,5%) 2025 (3,5%)
    Categoría   Salario  Trienio  Salario  Trienio  Salario  Trienio  Salario  Trienio 
    Grupo I. Persoal docente:                
    Profesor/a titular  1244,35 35,60 1294,12 37,02 1339,42 38,32 1386,30 39,66
    Xefe/a de Taller ou Laboratorio  1244,35 35,60 1294,12 37,02 1339,42 38,32 1386,30 39,66
    Profesor/a Adxunto/a ou Auxiliar   1150,93 33,09 1196,97 34,42 1238,87 35,62 1282,23 36,87
    Instrutor/a   1029,49 29,27 1120,00 30,44 1159,20 31,51 1199,77 32,61
    Grupo II. Persoal administrativo:                
    Xefe/a de Administración   1264,97 33,69 1315,57 35,03 1361,61 36,26 1409,27 37,53
    Oficial de Administración   1025,89 28,45 1115,00 29,59 1154,03 30,63 1194,42 31,70
    Auxiliar Administrativo    1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    En formación    1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Grupo III. Persoal de Servizos Xerais:                
    Conserxe   1067,19 28,45 1109,88 29,59 1148,72 30,63 1188,93 31,70
    Oficial de 1.ª    1018,32 28,45 1110,00 29,59 1148,85 30,63 1189,06 31,70
    Porteiro/a    1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Celador/a  1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Persoal de limpieza    1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Persoal non cualificado   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    En formación    1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
                     
    Sección B: Aplicable a centros de Ensinanzas Regradas Musicais e de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos                
    2022 2023 2024 2025
    Categoría   Salario  Trienio  Salario  Trienio  Salario  Trienio  Salario  Trienio 
    Grupo I. Persoal docente:                
    Profesor/a titular     1166,84 32,06 1213,52 33,35 1255,99 34,51 1299,95 35,72
    Xefe/a de Taller ou Laboratorio     1166,84 32,06 1213,52 33,35 1255,99 34,51 1299,95 35,72
    Profesor/a Adxunto/a ou Auxiliar     1057,74 29,27 1100,05 30,44 1138,55 31,51 1178,40 32,61
    Mestres/as de Taller ou Laboratorio     1057,74 29,27 1100,05 30,44 1138,55 31,51 1178,40 32,61
    Instrutor/a   1000,00 26,59 1080,00 27,65 SMI 28,62 SMI 29,62
    Grupo II. Personal administrativo:                
    Xefe/a de Administración   1264,97 33,69 1315,57 35,03 1361,61 36,26 1409,27 37,53
    Oficial Administrativo   1005,77 28,45 1115,00 29,59 1154,03 30,63 1194,42 31,70
    Auxiliar Administrativo   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    En formación   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Grupo III. Persoal de Servizos Xerais:                
    Conserxe   1067,19 28,45 1109,88 29,59 1148,72 30,63 1188,93 31,70
    Oficial de 1.ª   1000,00 28,45 1100,00 29,59 1138,50 30,63 1178,35 31,70
    Portero/a   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Celador/a   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Persoal de limpeza   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    Persoal non cualificado   1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70
    En formación    1000,00 28,45 1080,00 29,59 SMI 30,63 SMI 31,70

 

CIG Informa convenio taboas salariais academias peiteado musica artes

Documento


Volver