A CIG-Ensino e a AS-PG poñen á disposición das docentes materiais para traballar o 8 de marzo nas aulas

Un ano máis achegamos material didáctico relacionado coa coeducación e a igualdade

Educación nega a atención educativa domiciliaria a alumnado que por motivos de saúde non pode asistir ao centro docente durante un período prolongado

A CIG-Ensino ten constancia da negativa por parte da Consellaría a alumnado da provincia de Lugo

As XXI Xornadas das Mulleres contarán coa directora do documental “Xeración Porno” e amosarán o traballo pola igualdade realizado nos centros galegos

Como antesala do 8 de marzo, a CIG-Ensino e a AS-PG celebran estas xornadas dirixidas ao persoal docente para reflexionar sobre a necesidade de traballar a coeducación nas aulas a través da opinión de especialistas e de experiencias realizadas nos centros

Educación Infantil 0-3. Resposta da CIG-Ensino ao comunicado difundido por outros sindicatos rompendo a unidade sindical

A mentira ten as patas curtas e a coherencia sindical está por riba de todo

A Consellaría de Educación publica, sen pasar pola mesa sectorial, como é obriga, a convocatoria do PIALE para o ano 2024

A CIG-Ensino esixe á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que anule a convocatoria e a negocie na mesa sectorial

A CIG-Ensino traslada as súas propostas á ANECA e ao Ministerio de Universidades sobre os criterios de acreditación

O sindicato considera que o Ministerio non pode descargar toda a responsabilidade na Axencia e insta a ambas partes a negociar os novos criterios

As patronais da ensinanza concertada néganse, unha vez máis, a asinar as táboas salariais para o ano 2023

Incumprindo deste modo o V convenio actual do sector e dous Reais Decreto Lei cos que se lles incrementaron a elas os módulos do concerto

Asina por un convenio digno e mellora da calidade educativa

Educación Infantil. Etapa 0-3

Sen avances nas negociacións do XVI convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade

As patronais seguen instaladas no inmobilismo e involucionismo normativo, mentres os sindicatos estatais maioritarios amosan complicidade prorrogando tres anos máis o XV convenio e asinando táboas salariais á medida das empresas.

Información da reunión da Mesa de Universidades para fixar un (novo) calendario de negociación do Estatuto do PDI

O Ministerio rectifica logo da queixa da CIG e coloca o sindicato maioritario en Galiza en pé de igualdade cos demais sindicatos ao ser central sindical máis representativa

16.257 apoios en 4 semanas. O profesorado alza unha voz masiva e contundente en demanda de melloras profesionais e do ensino público galego

Trátase da campaña de recollida de sinaturas máis numerosa nos últimos anos entre o profesorado galego, nun tempo récord e de forma só presencial chegando ao 85% dos centros educativos

Publicadas as resolucións provisionais do CXT, adultos e orientación de primaria

Prazo reclamacións e renuncias: do 16 até o 29 de febreiro

Quizais quixo dicir:

< Marzo 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
19/03/2024
Outros 18 Marzo 2024
Interinidades en maderia e moble, patronaxe e soldadura

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de PESSFP.

Outros 18 Marzo 2024
Interinidades en chinés, xaponés portugués.

Relación definitiva na web da Consellaría de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.

Outros 18 Marzo 2024
Interinidades en secundaria

Publicada a relación e o baremo definitivos das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 15 Marzo 2024
Concurso de orientación

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 14 Marzo 2024
Programa Bachibach

Na web da Consellaría a convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2023/2024 así como as instrucións para o seu desenvolvemento.

Outros 13 Marzo 2024
Concurso de adultos

Na web da Consellaría publícase a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.