Ensino público

A CIG-Ensino denuncia as formas e o fondo dunha proposta de acordo impresentábel e négase a debater ningún texto que non incorpore a recuperación do horario lectivo

A CIG-Ensino demandou, en solitario, a retirada do documento e solicítalle ao resto de organizacións sindicais responsabilidade e firmeza á hora de defender as demandas do profesorado

CIG-Ensino denuncia a improvisación no nomeamento de 30 persoas para coordinar o programa de “polos creativos”

O sindicato esixe o nomeamento como persoal interino do profesorado que vai substituír ás coordinadoras ou coordinadores e a quen só se lles fai nomeamento até 30 de xuño

A CIG-Ensino denuncia problemas de cobertura nas listas de substitucións

Solicita da Consellaría de educación dilixencia, tanto nas resolución das convocatorias de aperturas de listas como nas solucións á falta de profesorado nalgunhas listas

A CIG urxe a aplicación do permiso parental de 8 semanas e a actualización do pago de dietas por quilometraxe

As axudas por desprazamentos irán á próxima Mesa Xeral mentres a Xunta non contesta á demanda da CIG de autorizar xa o permiso parental

A Xunta resístese a recoñecer a igualdade de dereitos na duración do permiso por nacemento

O Goberno galego négase a aplicar con carácter xeral a sentenza gañada pola CIG que dá 22 semanas de permiso a outra persoa proxenitora e busca gañar tempo coa presentación dun recurso perante o Tribunal Supremo

Román Rodríguez non se compromete a negociar a recuperación dos dereitos docentes nin a incorporala nos Orzamentos da Xunta para 2024

Despois de ser interpelado directamente pola CIG-Ensino no pleno do Consello Escolar de Galiza, o conselleiro de Educación limitouse a utilizar propagandística e partidariamente o que debera ser o principal órgano de participación da comunidade educativa

A Consellería deixa sen cubrir máis do 58% das licenzas por formación do profesorado

A CIG-Ensino denuncia que a administración, logo de non convocar as licenzas por formación no pasado curso e de ofertar 500 meses para o actual deixou sen outorgar 287 meses, o que supón neste último caso un aforro de arredor de 750.000 euros.

A CIG-Ensino reclámalle á Xunta no acto de inauguración do curso escolar recuperar xa os horarios recortados e reducir ratios e burocracia

Concentrouse esta mañá fronte ao CEIP Camiño Inglés de Oroso ao que acudiron Rueda e Rodríguez acompañando a raíña Letizia e a ministra Alegría para amosarlle a fartura do profesorado galego por ser o último en recuperar os dereitos recortados no estado

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Maio 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
18/05/2024
Outros 16 Maio 2024
Radio na Biblio

Publicada a resolución do VI Concurso de Podcast Radio na Biblio.

Outros 16 Maio 2024
Acreditación de competencias dixitais do alumnado

Publicada unha pequena corrección de erros nas instrucións para o alumnado acreditar as súas competencias dixitais.

Outros 15 Maio 2024
Non participación no CADP

Do 15 ao 31 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de non participación no CADP para o curso 2024-2025.

Outros 10 Maio 2024
Proxectos de innovación en FP

Publica a Consellaría a resolución provisional cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.

Outros 10 Maio 2024
Listaxe definitiva de persoas admitidas nas oposicións

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído para as oposicións de acceso e ingreso nos corpos docentes.

DOG 7 Maio 2024
Recursos curriculares en lingua galega

Anuncia a Consellaría a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios para o ano 2024.