Calendario

Maio 2024

DOG Martes, 21 Maio2024
Concurso de méritos de estabilización

Publica o DOG unha corrección de erros na relación de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.

DOG Luns, 20 Maio2024
Premios extraordinarios de Bacharelato

Publicada a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato así como as instrucións para a súa realización.

Outros Luns, 20 Maio2024
Programa de intercambio Picasso Mob

Publicada a resolución provisional dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.

Outros Xoves, 16 Maio2024
Radio na Biblio

Publicada a resolución do VI Concurso de Podcast Radio na Biblio.

Outros Xoves, 16 Maio2024
Acreditación de competencias dixitais do alumnado

Publicada unha pequena corrección de erros nas instrucións para o alumnado acreditar as súas competencias dixitais.

Outros Xoves, 16 Maio2024
Probas de galego e castelán nas oposicións

Publica a Consellaría o resultado das cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua castelá e galega das oposicións a corpos docentes do 2024.

Outros Xoves, 16 Maio2024
Concurso Atrévete a ter unha idea

Anunciada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes do concurso 'Atrévete a ter unha idea' até o luns 27 de maio inclusive.

Outros Mércores, 15 Maio2024
Non participación no CADP

Do 15 ao 31 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de non participación no CADP para o curso 2024-2025.

Outros Venres, 10 Maio2024
Proxectos de innovación en FP

Publica a Consellaría a resolución provisional cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.

Outros Venres, 10 Maio2024
Listaxe definitiva de persoas admitidas nas oposicións

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído para as oposicións de acceso e ingreso nos corpos docentes.

DOG Martes, 7 Maio2024
Recursos curriculares en lingua galega

Anuncia a Consellaría a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios para o ano 2024.

Outros Venres, 3 Maio2024
Centros con E-Dixgal

Publica a Consellaría a resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.

Outros Venres, 3 Maio2024
Programa PIALE

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional das solicitudes admitidas e excluídas para participar no programa PIALE 2024.

< Maio 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario