Universidade

A Xunta de Galiza ponlle unha alfombra vermella á creación dunha universidade privada vinculada a Abanca

A CIG-Ensino reitera a súa oposición e preocupación polos efectos desta privatización no SUG.

A CIG-Ensino revalida a súa posición como primeira forza sindical no sistema universitario galego

Desde o sindicato agradecemos a confianza dada maioritariamente polo persoal docente e investigador das tres universidades galegas e comprometémonos a traballar por reverter os recortes e a precariedade deste colectivo.

A CIG-Ensino aspira a revalidar a súa condición de sindicato maioritario nas eleccións do vindeiro 9 de maio na Universidade

Baixo o lema "Para gañarmos unha universidade con futuro. Por un PDI con dereitos e sen precariedade", o sindicato concorre ás eleccións nas tres universidades galegas.

Información da reunión co Secretario Xeral de Universidades

A CIG-Ensino participou o 13 de febreiro nunha reunión convocada polo secretario de Estado de Universidades xunto cos demais sindicatos máis representativos a nivel de Estado

A CIG-Ensino rexeita a creación dunha universidade privada en Galiza

Solicitamos á Xunta de Galiza que evite a súa creación

Sexenio de transferencia

Información da reunión sindical co Secretario Xeral de Universidade

A Xunta ten bloqueado o cobro dos complementos de investigación e docencia para o persoal interino das universidades

O texto da convocatoria está listo desde hai dous meses pero a súa publicación está paralizada.

Unha sentenza recoñécelle ao profesorado interino da USC o dereito a cobrar quinquenios

A CIG-Ensino vén de gañar unha nova sentenza que remata con outra discriminación que sufrían as arredor de 100 persoas que conforman o colectivo de PDI interino, neste caso na USC, e que se suma á xa gañada na Universidade de Vigo.

A CIG-Ensino consegue a equiparación do persoal docente temporal das universidades galegas á hora de cobrar os complementos de investigación e de docencia

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galiza (ACSUG) vén de admitir parcialmente o recurso presentado en xaneiro á convocatoria que regula a avaliación previa para o cobro destes complementos autonómicos

A CIG-Ensino recorre as convocatorias da ACSUG para o recoñecemento dos labores docentes, de investigación e de xestión nas universidades galegas

O sindicato demanda a inclusión do persoal temporal nas convocatorias que regulan a avaliación previa para o cobro de complementos autonómicos

Quizais quixo dicir:

< Maio 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
02/05/2024
Outros 30 Abril 2024
Proba de galego nas oposicións

Publicada a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.

Outros 30 Abril 2024
Proba de castelán nas oposicións

Na web da Consellaría publicouse o tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes.

DOG 29 Abril 2024
Novas seccións bilingües

Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües.

DOG 29 Abril 2024
Probas para obter o CELGA

O DOG publica as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

DOG 23 Abril 2024
Calendario escolar

Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes.

DOG 23 Abril 2024
Premio Clubes de lectura

Anunciada na web da Consellaría que a escritora Arantza Portabales é a merecedora do Premio dos Clubs de Lectura 2024.