Vinte coa lingua. 20 anos de Correlingua

Fomos quen. Percorremos os centros de ensino do país desafiando a pandemia e acompañadas da mellor representación musical e artística da cultura galega.

Colofón final ao Correlingua 2019 con 1.500 escolares en Pontevedra

A carreira saíu da praza da Ferreiría para recorrer as rúas máis emblemáticas da cidade baixo o lema "O galego é a fórmula"

En Vigo o Correlingua reuniu 1.700 rapaces e rapazas

O Parque de Castrelos foi un ano máis a meta da marcha polo galego na cidade olívica.

Monforte berrou "O galego é a fórmula" por voz de medio milleiro de rapaces e rapazas participantes no Correlingua

Outra xornada de festa pola lingua na capital de Lemos coa participación de once centros de ensino, entre eles dous da Rúa e de Valdeorras

Aínda que se molle, o galego non encolle!

Este pode ser o resumo da xornada de hoxe do Correlingua que non puido celebrarse polas rúas de Narón por mor da choiva pero que se trasladou ao Pazo da Cultura con igual de entusiasmo por parte dos participantes.

En Lugo a rapazada tamén berrou "O galego é a fórmula" no Correlingua 2019

En total 20 centros e 1.200 alumnos e alumnas, a maioría de Secundaria, participaron na marcha pola nosa lingua en Lugo

Na Mariña correron pola lingua máis de 1.800 alumnos e alumnas

Procedentes de 16 centros distintos, os rapaces e rapazas fixeron un percorrido desde a Illa Pancha ata o Cantón de Ribadeo

Carreira e festa polo galego coa participación de 1.600 escolares da comarca no Correlingua celebrado en Compostela

20 centros de ensino participaron este ano nunha actividade que vai pola XIX edición e que "segue a ser máis necesaria ca nunca" polo desleixo da Xunta co galego

2800 escolares de 30 centros da comarca correron polo galego na Coruña baixo o lema “O Galego é a fórmula”

A edición 2019 do Correlingua na Coruña, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a AS-PG e a Mesa pola Normalización Lingüística, chegou hoxe á Coruña.

Arranca o Correlingua con 18.000 inscritos para defender a “fórmula maxistral” do galego

Este ano a carreira pola lingua organizada pola Mesa, a AS-PG e a CIG-Ensino fai unha chiscadela á Química ao levar por lema “O galego é a fórmula”.

Quizais quixo dicir:

< Maio 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
01/05/2024
Outros 30 Abril 2024
Proba de galego nas oposicións

Publicada a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.

Outros 30 Abril 2024
Proba de castelán nas oposicións

Na web da Consellaría publicouse o tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes.

DOG 29 Abril 2024
Novas seccións bilingües

Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües.

DOG 29 Abril 2024
Probas para obter o CELGA

O DOG publica as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

DOG 23 Abril 2024
Calendario escolar

Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes.

DOG 23 Abril 2024
Premio Clubes de lectura

Anunciada na web da Consellaría que a escritora Arantza Portabales é a merecedora do Premio dos Clubs de Lectura 2024.