Calendario

Xaneiro 2024

DOG Mércores, 31 Xaneiro2024
Oferta de emprego público docente

Publica o DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

DOG Venres, 26 Xaneiro2024
Orde de titulacións

Publicada no DOG unha modificación na orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.

DOG Xoves, 25 Xaneiro2024
Auxiliares de conversa para centros concertados

O DOG publica a regulación das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/24.

DOG Xoves, 25 Xaneiro2024
Certame Cooperativismo no ensino

A Consellaría de Promoción do emprego e igualdade convoca o certame para o ano 2024 'Cooperativismo no ensino' dirixido ao alumnado dos centros educativos.

Outros Mércores, 24 Xaneiro2024
Bibliotecas escolares solidarias

A web da Consellaría publica a resolución provisional de centros participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, nas modalidades de Voluntariado escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas para o curso 2023/24.

DOG Martes, 23 Xaneiro2024
Gastos por asistencia a actividades de formación

Publica o DOG a orde pola que se conceden axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2023.

DOG Martes, 23 Xaneiro2024
Axudas a centros privados

Resolve a Consellaría as axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

DOG Martes, 23 Xaneiro2024
Bacharelato para maiores de 20 anos

Convoca a Consellaría a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e dita as instrucións para realizala.

DOG Luns, 22 Xaneiro2024
Confección de nóminas

Publica o DOG a orde de confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024.

Outros Venres, 19 Xaneiro2024
Premios Innovagal

A web da Consellaría publica a resolución cos premios educativos Innovagal para os centros durante o curso escolar 2023/24.

DOG Xoves, 18 Xaneiro2024
Formación en centros de traballo

O DOG anuncia a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

DOG Mércores, 17 Xaneiro2024
Acordo de renuncias no DOG

Publica o DOG o texto do acordo asinado entre a Consellaría e os sindicatos minoritarios.

Outros Mércores, 17 Xaneiro2024
Apertura de listas de substitucións

A Consellaría anuncia a apertura de listas para cubrir interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria.

Outros Martes, 16 Xaneiro2024
Concurso para o 8 de Marzo

Convoca a Consellaría o VII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional da Muller".

DOG Luns, 15 Xaneiro2024
Fomento do uso do galego en centros públicos

Publica o DOG a Resolución pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.

DOG Luns, 15 Xaneiro2024
Proxectos de fomento do galego en centros privados

Anúnciase a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.

DOG Luns, 15 Xaneiro2024
Admisión de alumnado

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Outros Luns, 15 Xaneiro2024
Reintegro por gastos de formación

A web da Consellaría publica a relación de persoas beneficiarias de reintegros de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado.

DOG Venres, 12 Xaneiro2024
Avaliación de diagnóstico

Publicada a orde pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico.

DOG Xoves, 11 Xaneiro2024
Grao en ESO para maiores de 18

Publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos nas convocatorias de abril e xuño así como as instrucións para a súa realización.

Outros Xoves, 11 Xaneiro2024
Rede de centros de capacitación dixital

Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos á rede de centros de capacitación dixital.

Outros Mércores, 10 Xaneiro2024
Plan Eduemprende

Convoca a Consellaría o Plan Eduemprende e estabelece as bases para a participación dos centros para o curso 2023/2024.

Outros Martes, 9 Xaneiro2024
Protocolo para previr o acoso

A Consellaría publica unha actualización do protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar.

Outros Martes, 9 Xaneiro2024
Plan integral contra o acoso

Na páxina da Consellaría publícase o Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar.

Outros Martes, 9 Xaneiro2024
Aulas de emprendemento na FP

Convoca a Consellaría o programa de Aulas de emprendemento durante o ano 2024.

Outros Martes, 9 Xaneiro2024
Acreditación de competencia lingüística

Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.

Outros Martes, 9 Xaneiro2024
Programa 'Que non te líen, ti elixes'

Convocado o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” para o curso 2023/24.

DOG Luns, 8 Xaneiro2024
Probas de acceso aos graos medio e superior de FP

Reguladas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP así como a súa convocatoria para o ano 2024.

Outros Luns, 8 Xaneiro2024
Clubes de lectura para o curso 23/24

Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de centros que contarán cun Clube de lectura durante o curso 2023/2024.

Outros Luns, 8 Xaneiro2024
Premio ConVivimos 2023

A Consellaría anuncia os premios ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2022/23.

Outros Luns, 8 Xaneiro2024
Aulas como espazo de tecnoloxía aplicada

Convoca a Consellaría o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na FP.

Outros Luns, 8 Xaneiro2024
Traballo por proxectos

Publicados os centros premiados na convocatoria do IX Concurso de Traballos por Proxectos.

Outros Luns, 8 Xaneiro2024
Proxectos de innovación na FP

Convocados os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.

DOG Xoves, 4 Xaneiro2024
Ponderación de materias para as probas de acceso á universidade

Publica o DOG os membros da comisión interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2024/25.

Outros Xoves, 4 Xaneiro2024
Uso dos móbiles nos centros

A Consellaría de Educació publica unha orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

DOG Mércores, 3 Xaneiro2024
Corrección no catálogo de primaria

Publica o DOG unha actualización do catálogo de postos de traballo de primaria que afecta aos postos de PT do CEIP Felipe de Castro de Noia.

Outros Martes, 2 Xaneiro2024
Interinidades na EOI

A relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.

< Xaneiro 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario