Calendario

Decembro 2017

DOG Xoves, 28 Decembro2017
Orzamentos da Xunta para o ano 2018

LEI 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018

DOG Xoves, 28 Decembro2017
Lei de acompañamento 2018

LEI 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Outros Xoves, 28 Decembro2017
Clubes de lectura

Na web da Consellaría a resolución definitiva da convocatoria para incentivar o funcionamento dos Clubs de lectura en centros públicos no curso 2017/2018.

Outros Mércores, 20 Decembro2017
Proxectos de innovación en normalización lingüística

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2017/2018.

DOG Martes, 19 Decembro2017
Nova autorización a un centro privado

Autorizada a impartición dun novo ciclo formativo ao centro privado Marcote, do concello de Vigo.

Convocatorias Luns, 18 Decembro2017
Premios proxectos de innovación na FP

Ampliado o prazo de presentación solicitudes para os premios Proxectos de Innovación na FP, convocatoria 2018.

Convocatorias Luns, 18 Decembro2017
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Publicada a concesión dos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2016-2017.

Outros Martes, 12 Decembro2017
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

Publicación na web da Consellaría das puntuacions definitivas e a listaxe definitiva de excluídos de chinés e xaponés, viola da gamba e deseño de moda.

DOG Luns, 11 Decembro2017
Técnico deportivo superior en hípica

Publicado o decreto co currículo do ciclo de grao superior de técnico deportivo superior en Hípica.

DOG Luns, 11 Decembro2017
Concurso Eduemprende Idea 2017

Resolto o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido a alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

DOG Luns, 11 Decembro2017
Resolución do fondo de acción social

No DOG as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social 2016 relativas á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros Luns, 11 Decembro2017
Concurso de Traballo por Proxectos

Na web da Consellaría a resolución do IV Concurso de Traballos por Proxectos.

DOG Xoves, 7 Decembro2017
Comisión avaliadora do CXT

Publicada a composición da comisión avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

DOG Xoves, 7 Decembro2017
Lectorados de galego

Convocadas dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades Nova de Lisboa e Federal da Bahia. 

Outros Martes, 5 Decembro2017
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE

Publicadas as axudas a centros concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2017/2018.

DOG Luns, 4 Decembro2017
Currículo de judo e defensa persoal

Publicado o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal.

Outros Venres, 1 Decembro2017
Prazas docentes no estranxeiro

Corrección de erros na convocatoria de concurso para a provision de postos de persoal docente no estranxeiro.

< Decembro 2017 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario