Sorte, compañeiras!

Mañá ás 9 de mañá todas tedes que estar nos lugares designados para os vosos tribunais

Educación prioriza só a FP dual de cara á oferta formativa do vindeiro curso desatendendo as máis de 40 demandas dos centros educativos

Nun contraste rápido da oferta presentada hoxe pola Consellaría detectamos que só foi atendida a petición dun ciclo de FP básica de Electrónica e Electricidade en Tomiño das máis de 40 que nos trasladaron desde os centros.

As organizacións sindicais do ensino non acoden ao Consello Escolar de Galiza pola ausencia de negociación coa Consellaría de Educación

Nos últimos anos non se creou ningunha comisión de traballo neste órgano, nin sequera ante o debate da reforma educativa.

O traballo dos centros e da CIG Ensino volve dar resultados

Conseguidas 14 prazas de atención preferente a maiores das ofertadas pola Consellaría nun primeiro momento

A CIG-Ensino denuncia os numerosos erros e cambios nas oposicións deste ano

Solicita que a administración refaga nun só documento todas as correccións de erros para que ningunha persoa opositora poda verse prexudicada por non ler unha corrección de erros

A CIG-ENSINO apoia as familias de Pedroso na súa demanda de reapertura da escola pechada

O argumento da Consellaría, prometendo reabrir se hai matrícula, que se utiliza de forma recorrente e como salvagarda no peche de unidades ou de escolas, vemos que é unha mentira e non se cumpre.

Improvisación, falta de rigor e un desprezo máis á nosa lingua nas probas ABAU

A CIG-Ensino acusa tamén á CIUG de actuar con falta de previsión na suspensión do exame desta mañá de Filosofía que tivo que ser adiado até as 16 horas o que retrasou a finalización de todas as probas

A CIG-Ensino defende que o ensino público precisa profesorado recoñecido no Congreso Nacional da FENPROF portuguesa

O secretario nacional, Suso Bermello, participa hoxe e mañá en Lisboa no XIII Congresso Nacional dos Professores no que puxo en valor o papel dos sindicatos para ter un profesorado organizado na loita pola mellora das nosas condicións laborais.

Material didáctico arredor do día do Orgullo LGTBIQA+

Para traballar a diversidade nas aulas de Primaria e Secundaria desde unha perspectiva inclusiva

A Xunta de Galiza ponlle unha alfombra vermella á creación dunha universidade privada vinculada a Abanca

A CIG-Ensino reitera a súa oposición e preocupación polos efectos desta privatización no SUG.

Quizais quixo dicir:

< Decembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        
DOG 19 Decembro 2025
Comisión de avaliación do CXT

Publica o DOG a determinación da composición da Comisión de Avaliación do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Outros 18 Decembro 2025
Polos creativos

Resolución definitiva na web da Consellaría para participar no programa piloto Apoio á inclusión desde Polos creativos para o curso 2025/2026.

Outros 18 Decembro 2025
Clubes de leitura

Resolución definitiva na páxina da Consellaría cos centros seleccionados do programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.

Outros 17 Decembro 2025
'Ponte... nas ondas!'

Resolución provisional cos centros seleccionados na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2025/26.

Outros 17 Decembro 2025
Bibliotecas escolares solidarias

Resolución definitiva do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26.

DOG 15 Decembro 2025
Servizos mínimos para a folga

Publica o DOG os servizos mínimos para a folga de profesorado do 16 e 17 de decembro.

Outros 12 Decembro 2025
Interinidades en cátedras de CMUS

Ábrense listas para cubrir substitucións nas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas de clave, composición e canto de jazz.