Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas oposicións

Consulta na nova as instrucións para reclamar

Novas improvisacións e falta de coherencia no programa de vacinación para o persoal dos centros educativos

A Consellaría non convocou ás organizacións sindicais, como veu facendo nestas últimas semanas, para dar conta do remate do plan de vacinación nos centros docentes cando resta un 16% do profesorado e un 12% do persoal non docente sen vacinar

A entrega da Xunta ao capital privado abre a carreira para privatizar os estudos universitarios na Galiza

O sector empresarial coruñés que está detrás de CESUGA quere “coller cacho” logo da alfombra vermella de Feijóo ao proxecto de Escotet

Publicada a adxudicación definitiva dos Concursos Específicos de Adultas e de Orientación nos CEIP

A Consellaría acaba de facer pública a adxudicación definitiva destes dous Concursos Específicos

O incumprimento da Consellaría nas súas obrigas en materia de saúde laboral novamente ao descuberto: non realiza avaliacións de risco nos centros

Así se constatou na reunión coa Inspección de Traballo ao respecto das avaliacións de riscos dos centros previstas na Lei de Prevención de Riscos laborais a raíz da denuncia presentada pola CIG

Sanidade confirma a suspensión da vacinación do persoal dos centros docentes menores de 60 anos sen fixar ningunha alternativa

Sen datas nin plan B previsto diante da caótica xestión internacional, estatal e galega na vacinación

CIG-Ensino critica a absoluta falta de vontade das tres universidades para avanzar na negociación do pagamento dos trienios ao persoal temporal

Malia o recoñecemento expreso do dereito a percibir trienios polo persoal investigador dos programas de RRHH e de abrir este pagamento a outras figuras contractuais temporais, a reunión da Comisión Paritaria pechou sen ningún tipo de avance

A Consellaría acepta a proposta histórica da CIG-Ensino de incluír o día de Rosalía nas conmemoracións escolares

Información da mesa sectorial do martes 13 e mércores 14 de abril: oferta pública de emprego 2021, elección de direccións e calendario escolar

A Consellaría de Educación limita o dereito do profesorado á redución de xornada por garda legal para coidado de fillos e fillas

A medida únese á decisión de non conceder permisos sen soldo ante a inacción da administración para abrir listas de substitucións en varias especialidades

CIG-Ensino urxe á derrogación do decreto de plurilingüísmo logo da novo informe do Consello de Europa

O Comité de expertos do Consello europeo pon no foco de novo as limitacións á nosa lingua de Xunta e Estado

A vacinación do profesorado maior de 55 anos comezará inmediatamente

Segundo a información de Educación quedan algo menos de 10.000 docentes sen vacinar entre ensino público e privado

O Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o derrubamento da escola infantil Santa Marta

A moción, proposta pola CIG-Ensino, considera inxustificado o traslado

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
Outros 13 Xuño 2025
Prazo para restrinxir chamamentos o profesorado susbstituto e interino

A Consellaría anuncia que o 15 de xuño abre o prazo para o profesorado interino ou substituto solicite realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.

Outros 13 Xuño 2025
Tribunais das oposicións

A web da Consellaría publica os tribunais constituídos para as oposicións dos corpos docentes non universitarios do 2025. 

DOG 13 Xuño 2025
Instrucións para o curso 2025-2026

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2025/26.

Outros 13 Xuño 2025
Centros STEMbach

Na web da Consellaría pode consultarse a listaxe de proxectos e centros seleccionados na fase preliminar do STEMbach no curso 2024-2025.

Outros 12 Xuño 2025
Horarios e lugares das oposicións

Publica a web da Consellaría as datas, horas e lugares das oposicións docentes do 2025.

DOG 11 Xuño 2025
Premios na ESO ao rendemento académico

Publica o DOG a orde  coa convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25.