A Xunta elude citar a normativa relativa á non segregación de alumnado por xénero na convocatoria de concertos educativos

A CIG-Ensino alerta da posíbel intención da Consellaría de renovar os concertos aos centros ultra ortodoxos do Opus Dei e demandará calquera vulneración da legalidade vixente

Publicadas as listaxes de persoal admitido e excluído no concurso excepcional

7.951 persoas presentan 11.322 instancias válidas!

A CIG-Ensino presenta escrito apoiando a reclamación do profesorado de Educación Infantil pedindo a adaptación do Proens

O profesorado de infantil asina mostrando a súa preocupación pola non adaptación do PROENS á súa etapa educativa

A CIG-Ensino considera un erro a decisión adoptada sobre o transporte escolar pola alerta meteorolóxica

O sindicato critica que se suspenda o transporte pola tarde sen garantir a devolución do alumnado ás súas casas

Pola mellora das condicións de traballo nos CIFP: a CIG-Ensino parabeniza a unidade do claustro do CIFP Manuel Antonio e elevará as súas demandas á Consellaría de Educación

O sindicato anima o resto de CIFP do país a chegar a acordos de claustro semellantes agora que as condicións de traballo do persoal de FP e destes centros está no foco de atención.

A CIG-Ensino presenta 1375 sinaturas nunha campaña pola equiparación salarial de todo o profesorado de Formación Profesional

O sindicato insta á Consellaría a actuar de forma inmediata para non perpetuar a desigualdade do profesorado que imparte en FP

Comeza o prazo para inscribirse no concurso oposición extraordinario

O prazo de inscrición será do 10 ao 30 de xaneiro

Publicada no DOG a convocatoria do concurso-oposición extraordinario

Prazo de inscrición: do 10 ao 30 de xaneiro

A CIG-Ensino acada 9.765 votos e reforza a súa maioría

67 delegadas e 8 representantes na Mesa Sectorial Galega

Delegados/as de Sanidade, Ensino e Administración concéntranse en defensa de salarios e dereitos no sector público

A mobilización coincidiu co pleno no que se debatían os orzamentos para 2023

Desconvocada a folga en Pangea

Desconvocada a folga tras alcanzar un preacordo para a readmisión da traballadora e a regularización laboral

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
DOG 29 Xullo 2025
Profesorado apto na fase de prácticas

Publicada no DOG a relación de profesorado apto na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos do ano 2024.

Outros 29 Xullo 2025
Praza de galego en Londres

Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional do concurso para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres.

Outros 24 Xullo 2025
Profesorado excluído das listas de substitucións

Publicada a relación persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas da Consellería.

Outros 24 Xullo 2025
Profesorado obrigado a participar no CADP

Na web da Consellaría as listaxes definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2025/2026.

Outros 24 Xullo 2025
Plan de mellora das bibliotecas

 Resolución coa relación dos centros seleccionados na modalidade de nova incorporación que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2025/26

Outros 24 Xullo 2025
Resolución provisional do CADP

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do Concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2025-2026.